O Live Shopping é unha estratexia de vendas e márketing dixital que utiliza as transmisións en vivo en liña ou o streaming para presentar e vender produtos ou servizos. Unha experiencia de comercio electrónico que, a través de diferentes plataformas, representa unha nova maneira de chegar en tempo real aos usuarios.
Esta tendencia nada da transformación dixita baséase na necesidade de conseguir experiencias de compra innovadoras e motivadoras que esperten o interese do cliente. Mellor aínda se, ademais, permiten maior interacción, unha comunicación fluída e unha resposta rápida ás súas necesidades e/ou demandas.
Son eventos con multitude de opcións e posibilidades. Neles pódense realizar, por exemplo, concursos ou promocións en directo e os potenciais clientes poden facer preguntas ou consultar dúbidas en directo. Así que se lles pode facilitar información máis polo miúdo e específica, e todo iso redunda nunha maior dose de realismo e credibilidade.
O Live Shopping transmite proximidade e personalización, dúas características cada vez máis valoradas. De feito, as estatísticas din que máis da metade dos usuarios están predispostos a ver e escoitar eventos das marcas en directo e, ademais, son dos máis lembrados e compartidos, o cal multiplica, directa e indirectamente, a difusión da marca.
O auxe do Live Shopping
O Live Shopping arrincou nos países asiáticos e esténdese agora por outras zonas nas que xa hai numerosas empresas que descubriron o seu potencial.
Tal é o caso de Meta e as súas sesións de Live Shopping a través da plataforma Meta Business Suite e de empresas de sectores tan dispares como a alimentación, a tecnoloxía ou o deporte, como Carrefour, Fnac, Samsung ou Adidas.
Visto o éxito, tamén están aparecendo diferentes plataformas que ofrecen a posibilidade de realizar eventos de Live Shopping, como Bambuser, Onlive.site ou Vtex.
Porque, sen dúbida, é unha forma moi áxil e dinámica de atraer a atención do cliente e de ofrecer experiencias de venda interactivas e innovadoras.
E que necesita unha empresa para mergullarse no mundo do Live Shopping?
En primeiro lugar, contar cun plan de márketing no que se especifique en que vai consistir, a quen vai dirixido e que se ofrece nel. Como sempre, debe ir acorde coa estratexia global da empresa e coa identidade corporativa, xa que non deixa de ser un grande escaparate de marca.
Ao tratarse dun evento en directo, a improvisación é un risco permanente, por iso cómpre enumerar e ter en conta todos os detalles, especialmente aqueles relacionados coa forma de comunicarnos cos clientes.
A dinámica do evento é fundamental, dende a duración e a data e hora elixidas ata o seu desenvolvemento. En xeral son eventos breves e moi dinámicos, para que os usuarios non se perdan nin desconecten (algo especialmente fácil por ser en liña).
E, por suposto, resulta indispensable contar cunha plataforma adecuada e cos recursos tecnolóxicos necesarios para levar a cabo un evento destas características.
En R somos expertos en darche a mellor tecnoloxía segundo as túas necesidades.
Contamos coa mellor conexión de fibra simétrica do mercado que ofrece peme MAX, cun soporte exclusivo 24x7 e a tranquilidade de contar cun completo servizo de Ciberseguridade pemes para protexer todos os dispositivos da túa empresa fronte a posibles ataques dixitais.
Ou tamén podemos axudarche a mellorar a túa páxina web e a implantar solucións de comercio electrónico aproveitando o Programa Kit Dixital, do que somos axentes dixitalizadores.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.