Nestas circunstancias excepcionais, só podemos adaptarnos ao presente achegándonos ao futuro, tamén no ámbito do ensino. Así que, en colaboración co noso socio tecnolóxico Cinfo, lanzamos Edustream, unha plataforma educativa en streaming que utiliza a Intelixencia Artificial no Live Video.
Edustream nace co propósito de ofrecer un sistema para que permita que o/a profesor/a siga dando as súas clases con normalidade ao tempo que os/as alumnos/as interactúan en remoto; e todo iso con alta calidade de vídeo e audio. Deste xeito, o seguimento en liña das clases deixa de ser un problema para encherse de vantaxes, sobre todo porque o profesorado dá a súa clase como sempre pero, desta volta, tanto aos/ás alumnos/as presentes fisicamente como aos/ás que traballan en remoto. Ao tratarse dun servizo na aula física, o/a mestre/a simplemente ten que poñer un micrófono de lapela e pode levantarse e moverse de xeito totalmente natural.
O/a alumno/a, pola súa banda, tan só rexístrase no sistema coas súas credenciais, que sempre se comproban na base de datos do cliente; ao iniciar sesión, o sistema móstralle unha listaxe de aulas asignadas e, ao facer clic, xa ve se arrincou a clase.
Outras vantaxes adicionais de Edustream son:
- Sempre en primeira fila, cun sistema de cámaras de alta calidade, codificadores e micros que fan posible o encadre e seguimento do/da docente en todo momento e a captura do proxector ou do taboleiro, tanto dixital como tradicional.
- Con calidade á medida dos/das usuarios/asa través da tecnoloxía de streaming HLS multibitrate, axustándose ao ancho de banda dispoñible e aos dispositivos que teña o alumnado, que ademais pode seguir as clases dende o móbil, a tablet, o computador, a TDT ou mesmo unha Smart TV. O consumo de banda ancha pódese regular configurando as cámaras e só se utilizará o que se necesite para as clases activas en cada momento.
- Sen descoidos, grazas a un sistema que permite manter un chat en aberto en directo e realizar preguntas, facer capturas de pantalla, pausar e arrincar de modo sinxelo as clases ou visionalas tantas veces como queiras.
En definitiva, Edustream é unha ferramenta educativa baseada en streaming intelixente que responde ás necesidades e circunstancias derivadas da pandemia, á vez que encaixa perfectamente na contorna de transformación dixital na que as empresas e o conxunto da sociedade estamos inmersos, apoiándose para iso en solucións de Intelixencia Artificial.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial empresas.