Tanto se estás a comezar a túa aventura emprendedora, coma se xa tes os zapatos desgastados de tanto andar, asistir a feiras e congresos pode ser unha boa oportunidade para atopar novas ideas de negocio, traballar o teu networking ou atopar novos investidores.
Non perdas a oportunidade de asistir a algún destes cinco eventos para emprendedores:
1. SMARTMONEY
Aínda non se confirmou a súa próxima edición, así que estate atento. Smartmoney é un dos maiores eventos de encontro entre start-ups e investidores. Na súa última edición participaron máis de 250 investidores, 60 relatores e 400 emprendedores. O máis curioso deste evento é que son os investidores os que se presentan aos emprendedores, explicándolles cales son os seus criterios de investimento e en que tipo de proxecto queren participar.
Tes máis información aquí.
2. 4YFN
Apadriñado polo Mobile World Congress (MWC), 4YFN é unha das citas ineludibles para emprendedores TIC do noso país. Na súa última edición contou coa presenza de máis de 400 start-ups de todo o mundo, máis de 500 investidores e máis de 12.000 visitantes. Así que os pitching (lanza a túa idea nun minuto) e as speeddating (namora a un investidor en 30 segundos) non pararon.
Para asistir terás que esperar ata 2017 (xa confirmaron data). Aínda que se te animas, en xuño, podes voar ata Shangai para ver en que están a traballar miles de emprendedores do continente asiático.
Tes máis información aquí sobre a edición en Asia e por suposto, deixámosche aquí información sobre a que se celebrará en España en 2017. E se queres quentar motores podes ler aquí todo o que vimos no 4YFN deste ano.
3. South Summit
Por quinto ano consecutivo, chega este evento a Madrid. South Summit quere ser un punto de encontro entre investidores (nacionais e internacionais) e emprendedores. Un espazo único para dar a coñecer as mellores iniciativas e start-ups do noso país.
Este ano celebrarase do 5 a0 7 de outubro na Praza das Ventas en Madrid. Tes máis información aquí.
4. SPIN 2016
Organizado por RedEmprendia, Spin chega coa intención de espertar, apoiar e impulsar o talento emprendedor e fortalecer a contribución da Universidade ao desenvolvemento económico e social. Como? Facendo que emprendedores, estudantes, investigadores, académicos, empresas e investidores participen en conferencias, talleres e seminarios co obxectivo de que fagan networking.
Ademais, conta co programa Model2Market co que buscan mellorar modelos de negocio nados na universidade.
O evento é gratuíto. Este ano celébrase na Cidade da Cultura do 29 de setembro ao 1 de outubro. Tes máis información aquí.
5. Bizbarcelona
Se tes a intención de materializar a túa idea de negocio ou buscar novas fórmulas de autoemprego Bizbarcelona pode ser útil para ti. Esta feira concentra centos de ferramentas, servizos de asesoramento, talleres, conferencias e actividades para emprendedores e pemes.
Celébrase do 1 ao 2 de xuño en Barcelona. Tes máis información aquí..
Eventos como ZYNCSHOWER ,World Business Forum, FICOD, DES, TEDx Galicia o FUTURIZZ poderían sumarse a esta lista de eventos que poden interesarche como emprendedor.
Durante todo o ano celébranse centos de congresos, feiras e marketplaces. Son tantos que resulta moi difícil estar ao tanto de todos. Aínda que máis complicado resulta poder asistir. Por iso recomendámosche (se non o fixeches xa) que fagas unha lista de eventos imprescindibles para ti. Citas nas que podes coñecer a novos investidores, facer networking ou repensar o teu negocio.
Agora é cando vén a pregunta: “como elixo onde ir?”. Oxalá tivésemos a fórmula perfecta para dicirche a que eventos deberías asistir. Como non a temos, recomendámosche realizar os seguintes pasos:
BuscaPara saber a que deberías asistir é importante que coñezas todo o que hai de corrido. Para atopas as citas que che poden interesar: segue publicacións, revistas, blogs ou calquera medio de noticias relacionadas co teu sector. Tamén podes botarlle un ollo ao calendario dos grandes recintos feirais do noso país.
Marca un orzamentoCando teñas unha idea xeral do que hai no mercado, debes escoller a que asistir. Se nunca fuches a unha feira é importante que acudas, polo menos a unha das citas referencia do teu sector. Por exemplo, se a túa idea de negocio está orientada ao turismo, o teu evento é FITUR.
Pero non todo ten que ser a gran escala. Seguro que durante o ano atoparás conferencias máis pequenas que poderían resultar útiles.
Antes de apuntarte a conferencias como un tolo, marca a cantidade máxima que podes investir para asistir a este tipo de eventos. Non esquezas gardar unha porcentaxe dese orzamento por se xurdise algunha oportunidade.
Marca un obxectivoAsistir a un evento ten que ter sempre un obxectivo. Se vas dedicar tempo e recursos para acudir a unha feira ou a un congreso debes ter moi claro que esperas conseguir. Buscas coñecer as últimas novidades do sector, buscas reunirte cun posible cliente ou queres crear sinerxías con outras empresas?
Unha vez cubres estes tres puntos, priorizar a que eventos asistir é moito máis sinxelo.
Participar en eventos, conferencias e feiras axúdache a crear novas sinerxías e mesmo a mostrar a túa idea ao mundo. Nós poñemos internet de alta velocidade para que realices a procura, ti pos a estratexia. A por eles!
imaxe: unsplash.com