Que é a "hiperautomatización"? Trátase dun concepto cada vez máis estendido que se refire ao proceso pleno de dixitalización e sostibilidade das empresas a todos os niveis para competir cos mercados máis desenvolvidos e avanzados do mundo.
Recentemente, Galiciatic achegouse a este termo baseado en combinar solucións tecnolóxicas de imaxe, vídeo e IA. Baixo o título "Imaxe vídeo e Intelixencia Artificial, claves na hiperautomatización das empresas", Alberto Díaz Freire, responsable de Transformación Dixital de R, moderou unha mesa de traballo cos expertos Antonio Rodríguez do Corral, CEO da empresa galega Cinfo; Xoel Vázquez, CEO e fundador de Xoia Reality; e Alexandre Bastos, fundador de Áncora.
Tres empresas galegas punteiras, con áreas de actividade diferentes pero complementarias dende o punto de vista das necesidades do/a cliente/a, especializadas en tratar a imaxe para unir o mundo real dos datos e o mundo virtual da imaxe.
A mesa abordou de que maneira esa "hiperautomatización" se converte nunha verdadeira aliada de futuro para asegurar a dixitalización total e os procesos sostibles nas empresas baseándose en solucións tecnolóxicas combinadas. En concreto, grazas a propostas de Intelixencia Artificial e ao emprego de iniciativas baseadas en realidade virtual que permitirán xerar novos ingresos e optimizar o traballo dos vosos negocios.
Cinfo, o ciclo de valor do vídeo e IA en tempo real
Antonio Rodríguez do Corral, CEO de Cinfo, comezou a súa intervención indicando que a súa empresa ten cada vez máis produtos baseados en plataformas e I+D propios e céntrase no ciclo de valor do vídeo, desde que se xera en cámaras ou de forma sintética e vaise transcodificando ao longo de plataformas, ata que o/a usuario/a o desfruta nalgún dispositivo.
Cinfo conta cunha área específica para o tratamento de Intelixencia Artificial en tempo real, con algoritmos que se poñen en marcha cando un caso de uso require aplicala sobre moitas fontes de vídeo simultaneamente que poden estar a ver a escena dende diferentes ángulos, tanto para usos industriais como deportivos ou aplicados na Administración pública.
A arquitectura de Cinfo funciona a través de tres capas combinadas: detección, comprensión e integración con tecnoloxías máis tradicionais.
Xoia, a Realidade Aumentada e o seu valor real na empresa
Pola súa banda, Xoia é unha empresa xurdida como desarrolladora de solucións de realidade aumentada e XR, agora un tanto eclipsadas pola moda do Metaverso.
Con todo, para Xoel Vázquez, CEO e fundador de Xoia Reality, a día de hoxe o Metaverso non existe, pero en cambio si hai no mercado aplicacións, solucións, experiencias e formas de aplicar a tecnoloxía que está detrás, a Realidade Aumentada, capaces de achegar un valor real ás empresas en campos como, por exemplo, a dixitalización do coñecemento.
Porque, en realidade, a Realidade Aumentada é unha nova maneira de comunicarnos, de entender e interrelacionarnos co mundo real.
Áncora, tecnoloxía útil e alcanzable para as persoas
A terceira empresa participante na mesa temática foi Áncora, máis centrada en como as persoas participan de todo este mundo tecnolóxico que vén onde se está a despregar tecnoloxía que chega a unha parte da poboación allea a ela ata o momento, o cal pode crear barreiras dixitais entre grupos, destaca Alexandre Bastos, fundador de Áncora.
É dicir, dirixímonos cara a fábricas dixitais pero as persoas seguen aí, por eso a clave é conseguir un sistema que lles facilite as tarefas sen necesidad de que desenvolvan grandes destrezas tecnolóxicas.
Ao final, trátase de establecer un diálogo que aumente as capacidades dese/a traballador/a que debe interactuar dunha forma moi dinámica con novos elementos virtuais.
Madurez das solucións tecnolóxicas e implantación nas empresas
En canto á madurez actual destas tecnoloxías, para Cinfo o principal problema está na necesidade de que as organizacións cambien certas sinerxias. Non pode haber transformación dixital, nin nunha empresa nin na administración pública, se non hai un fluxo de información mediante o que se compartan datos ou sistemas. Ademais, Antonio Rodríguez del Corral recomenda que unha boa transformación dixital comece por unha boa arquitectura e por investir máis en software.
Xoel Vázquez comparte a importancia da arquitectura e insiste en conectar sistemas e introducir o persoal nos procesos de cambio, coñecendo as súas necesidades para darlle unha ferramenta usable. E todo iso integrando tamén os datos da empresa.
Unha idea compartida por Alexandre Bastos para quen, ao final, a integración dixital será un exercicio de colaboración e integración de solucións ou non será. Aínda que hai marxe para seguir mellorando, actualmente xa existe moita tecnoloxía dispoñible no mercado, pero necesítase integración de sistemas.
En conxunto, este encontro puxo de manifesto a existencia de tecnoloxía próxima valiosa, punteira e aplicable para calquera empresa.
Pica aquí se queres ver de novo a mesa temática "Imagen vídeo e Inteligencia Artificial, claves en la hiperautomatización de las empresas".
E se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.