Google Market Finder axúdate a vender os teus produtos e servizos por todo o mundo a través do comercio electrónico. Localiza os teus novos clientes en diferentes mercados internacionais co obxectivo de aumentar as túas vendas a través de exportacións.
Unha vez máis, trátase dunha ferramenta gratuíta do xigante Google que está dirixida a facilitar o traballo das pequenas e medianas empresas. Na mesma liña de Google Market Finder tamén están Google Business ou Start up with Google.
Google e ICEX
No lanzamento desta ferramenta Google e ICEX traballaron conxuntamente para fomentar a exportación e investimentos exteriores das empresas españolas.
Esta ferramenta achégache coñecemento sobre os mercados internacionais (tendencias de compras, lexislación, formas de pago, etc). Combínase á perfección cos instrumentos que pon á túa disposición o ICEX a través da súa web.
Ademais, terás acceso a guías, vídeos e consellos gratuítos que che facilitarán a inmersión en novos mercados.
Que podo facer con Google Market Finder?
Antes de comezar a utilizar esta ferramenta tes que darte de alta cun correo de Gmail. Unha vez dentro tes que seguir 3 pasos.
Paso 1Inclúe a web da túa empresa e poderás coñecer os mercados que mellor se adaptan aos teus servizos ou produtos. Tamén che mostrará o número de procuras mensuais de Google para o teu tipo de produto e o PIB dos mercados potenciais.
Paso 2Chegou o momento de poñerte a traballar e empezar a planificar as túas operacións. Neste paso terás acceso a guías e consellos sobre distintos mercados (pagos internacionais, recursos loxísticos e atención ao cliente).
Paso 3Achégache todos os recursos que serán útiles para planificar a túa estratexia de márketing internacional. Podes aprender a crear campañas de AdWords no teu novo mercado de operación e poderás monitorar os datos das túas actividades.
Que che parece a nova ferramenta de Google? Se estás a pensar en expandirte ao exterior é o momento de empezar a probala.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
Imaxe de unsplash.com/@pawel_czerwinski