Seguro que a moitos de vós vos iría ben unha solución integral de rede que vos permitise ter o voso negocio protexido e ao mesmo tempo dispoñer da axilidade necesaria para despregar novos servizos.
Dende R propoñémosvos a nosa solución de Firewall virtual xestionado, un modelo orientado ao aforro de custos e simplicidade na operación cuxos principais beneficios radican na súa rendibilidade; a súa alta dispoñibilidade, con sistemas sempre actualizados e un soporte áxil e experto cando o necesites; a súa seguridade, derivada da saída a internet segura e que permite a extensión de redes VPN a usuarios en mobilidade mediante túneles SSL e con conexión con sedes remotas a través da internet pública mediante túneles IPSec; a súa escalabilidade e flexibilidade ofrecendo servizos modulares nunha única infraestrutura e solucións a medida para cada cliente.
Este Firewall na nube de R centraliza a saída a internet da rede corporativa e dos servizos cloud virtuais e dispón dunha serie de vantaxes que che permitirán unha navegación segura e un control total dos accesos á rede:
- servizo modular e flexible que se adapta ás túas necesidades presentes e futuras con diferentes opcións de contratación.
- plataforma única que aglutina os servizos principais de seguridade da rede.
- tráfico limpo e seguro en toda a rede ao centralizar toda a seguridade das infraestruturas e da rede da organización.
- conectividade a internet garantida a través de varios provedores internacionais e Espanix, centralizada en datacenter.
- control da rede, ao dispoñer de visión en tempo real e con vista ao pasado (con FortiAnalyzer) de todo o que se canaliza a través dela.
- tecnoloxías referentes, como Fortinet.
Como funciona o noso Firewall virtual?
De entrada, permite conformar unha primeira liña de defensa contra ataques baseados en protocolos web, establecer filtros de capa 3 e 4 entre interfaces baseadas en regras e políticas de acceso a categorías de aplicacións concretas. Dispón ademais de funcionalidades de antivirus/antimalware e sistema de detección e protección contra intrusións (IPS/IDS). Mediante o uso dunha base de datos de máis de 1.000 ameazas coñecidas que se está actualizando constantemente permite detectar e deter os ataques que evaden as defensas de firewall convencionais.
O seu funcionamento baséase nun sistema integrado 100% na solución de datos que dispón dunha ferramenta web de xestión cunha visión altamente intuitiva e en tempo real do que pasa pola rede, con informes predefinidos semanais de utilización.
Tamén conta con diferentes opcións que permiten ampliar o concepto de seguridade da empresa ata onde requiran as necesidades do cliente mediante a integración co directorio activo do cliente, o establecemento de control de aplicacións específicas e o establecemento de políticas de calidade dos servizos.
En R somos expertos en seguridade e apostamos sempre pola mellor tecnoloxía e acordos con provedores especializados. Todo iso, para ofrecervos un servizo xestionado e controlado remotamente que se poida integrar con activos xa existentes, mediante modelo de pago por uso e con diferentes opcións de contratación para que elixades a que mellor se axuste ás vosas necesidades.
Se queres máis información sobre as nosas solucións tecnóloxicas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.