Existe un amplo número de ferramentas colaborativas para traballar de xeito online. Hoxe en día as empresas teñen os seus empregados espallados por diferentes lugares do mundo e precisan estar en contacto entre eles. Para facelo dun xeito eficaz, poden botar man deste tipo de ferramentas sen ter que andar intercambiando correos electrónicos con fíos interminables.

As ferramentas colaborativas axudan a mellorar o proceso de traballo diario cos teus colaboradores ou empregados e a conseguir un bo resultado final, optimizando o tempo.

Office 365

R ofréceche o produto Office 365 que ademais de incluír un paquete ofimático moi avanzado contén un sistema de comunicación por videoconferencia e almacenamento na nube.

A opción de ter todos os teus documentos na nube fai posible que varias persoas poidan acceder a eles, e polo tanto editalos. E ollo, pode haber varias persoas editando o mesmo documento sen que se perdan os cambios.

Office 365 poderás telo instalado en cinco dispositivos diferentes cos que traballas. Pero non te preocupes se precisas acceder aos teus arquivos e non tes un desde dispositivos preto, soamente é necesario unha conexión a internet e, voilá, poderás acceder a Office 365 online.

Moitas empresas e negocios xa están empregando esta opción que lles está a resultar moi cómoda, sobre todo se teñen repartidos aos seus equipos de traballo polo mundo adiante.

Workplace

O xigante Facebook posúe unha adaptación da súa rede social para o entorno laboral, Workplace.

A aplicación de chat do escritorio permite compartir contidos, pantallas e o que ti desexes cos teus compañeiros de traballo. Ademais de poder enviar notas de voz, vídeos, imaxes, todo tipo de textos acompañados de emoticonos e establecer chats con vídeo.

A aplicación móbil permite que o usuario poida desfrutar das mesmas características que a aplicación para o escritorio do ordenador.

Dispoñible para Android e para iOS, coas súas correspondentes apps (Android e iOS) para o chat.

Slack

Era a raíña do mambo ata que chegou Workplace. Slack, ao igual que a ferramenta de Facebook, podes instalala no escritorio do teu computador ou no teu móbil.

Esta ferramenta de mensaxería permite crear grupos de traballo ou canles ás que se poden unir os membros dos equipo, a través dunha invitación previa. Pódense compartir documentos, ligazóns, imaxes e moitos tipos de arquivos anexos sobre os que se vai traballar.

A vantaxe máis destacada do Slack é que é un servizo que se pode configurar e adaptar ás necesidades do usuario.

Dispoñible para Android e dispoñible para iOS.

Yammer

Moitas empresas españolas estanse a subir ao carro do Office 365 e xa comezan a empregar a súa rede social, Yammer.

Yammer é a área de traballo social en Office 365 e accédese a ela a través do iniciador de aplicacións do Office 365. A través desta ferramenta pódese recompilar todo tipo de información (documentos, comentarios…) sobre un proxecto para traballar nel e compartir con diferentes grupos de traballo.

A súa interface é moi intuitiva e conta cunha aspecto moi similar ao de outras redes sociais coñecidas.

Dispoñible para Google Play.

Clásicos de onte e de hoxe

TeamViewer é unha das ferramenta máis empregadas para o acceso remoto a un equipo, sobre todo por parte dos servizos de atención informática.

Dispoñible para Android.

Outra ferramenta colaborativa “mítica” é o Google Drive, moi empregada, sobre todo por estudantes, para facer traballos en grupo. Dispón de procesador de textos, follas de cálculo e editor de presentacións: é como se estiveses ante un programa de Office pero online. Ademais permite acceder aos teus documentos a través do teu ordenador e do teu terminal móbil.

O mellor do mellor, é que non fai falla que descargues a app no teu móbil porque xa vén instalada, tanto nos que teñen sistema operativo de Android como de iOS.

E ti, empregas algunha ferramenta colaborativa para traballar cos teus compañeiros? Xa nos contarás se é algunha das que non se mencionan aquí para probala.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de rawpixel.com