Se estás a ler este post é porque che importa o teu negocio e queres mellorar a súa produtividade. Por iso queremos falarche, dunha maneira xenérica, das ferramentas colaborativas que che poden axudar, e que métodos existen.
Ferramentas colaborativas, as máis buscadas para traballar en equipo
Para empezar, necesitas dispoñer dunha das ferramentas colaborativas que permiten traballar en equipo de forma fluída e eficiente. A listaxe de opcións é extensa: Wrike, Slack, Basecamp, Figma, Zoho Project...
Unha das máis recoñecidas é Asana. Dispón de ferramentas como o chamado resumo do proxecto para brindar claridade e contexto sobre o traballo e manter os equipos aliñados; cronogramas e formularios para simplificar o envío de solicitudes de traballo; e mesmo unha área para a creación de proxectos privados na que poderedes compartir traballo especialmente sensible. Ademais, permite sincronizar o traballo en tempo real en todos os vosos dispositivos.
Trello é outra das máis usadas. Realmente intuitiva, permite configurar rapidamente fluxos de traballo para case todo, dende reunións e proxectos ata a definición de obxectivos e eventos. As listaxes e as tarxetas son as pezas fundamentais nas que se basea Trello para organizar o traballo no seu taboleiro e crear asignacións de tarefas, cronogramas, métricas de produtividade ou calendarios.
Unha das súas últimas novidades é Butler, unha ferramenta de automatización integrada que permite reducir a cantidade de tarefas abafantes e clics no taboleiro de proxectos.
Microsoft Teams é outra ferramenta idónea para a colaboración e o traballo en equipo de maneira remota. Permite compartir en tempo real documentos entre os membros do equipo de traballo de tal forma que todos/as poidan ver, editar e gardar o traballo realizado sen necesidade de reunións de revisión ou seguimento. Está incluída dentro da solución ofimática Microsoft 365.
Metodoloxías Agile, a mellor opción para adaptarse aos cambios
Os requisitos e as solucións evolucionan co tempo e conforme se vai traballando nos proxectos. Esta é a base das metodoloxías Agile, ideais para traballos que necesitan rapidez e flexibilidade para amoldarse ás necesidades do cliente e da contorna, sen perder de vista nunca os resultados. A planificación non se pecha por adiantado, trabállase por períodos curtos ao final dos cales se realizan informes da situación, e de novo volve empezar o proceso. Este fluxo baseado na retroalimentación propicia que o cliente vaia vendo gradualmente os avances e poida ir solicitando cambios ou axustando prioridades.
A xestión áxil do proxecto impulsa o traballo colaborativo grazas ao continuo intercambio de información, ademais de incrementar a capacidade de predición, achegar métricas máis relevantes e implicar máis a un cliente que está permanentemente informado sobre o estado do proxecto. Como resultado de todo iso, reduce custos.
Kanban, Scrum, Extreme Programming XP, moi enfocada ao uso en startups, Lean o Design Sprint, desenvolvida por Google, son algunhas das metodoloxías áxiles máis populares hoxe. Todas elas comparten fluxos de traballo baseados en organizar de forma resumida o conxunto de tarefas, se están pendentes ou finalizadas, e os prazos, ao mesmo tempo que o cliente pode priorizar os obxectivos e as tarefas en función dos custos que se vaian realizando.
Tanto as metodoloxías áxiles como as ferramentas colaborativas están pensadas para unha óptima organización dos recursos humanos e materiais e para que, en definitiva, sexades conscientes de como optimizades o voso tempo.
Se queres saber máis sobre solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas. E se necesitas formación, lembra que na nosa sección e-learning podes atopala.