As feiras ou os congresos sempre foron escenarios idóneos para coñecer de primeira man as últimas novidades do sector, descubrir tendencias, facer contactos e mesmo realizar vendas... Pero coa dixitalización masiva nas empresas, e no conxunto da sociedade, as regras cambiaron e os escenarios físicos van deixando paso aos virtuais, un cambio que se acelerou vertixinosamente este ano coa pandemia. É o momento dos eventos virtuais.
Tanto para eventos externos como para as propias reunións internas, as plataformas para eventos virtuais permítenvos continuar coa vosa actividade en tempos de pandemia e explorar novos horizontes e posibilidades, como a posibilidade de chegar a usuarios que están no outro lado do mundo, pero a só un click de distancia.
Unha das grandes potencialidades dos eventos virtuais é precisamente que permiten conectar a múltilples persoas simultanéamente, independentemente da súa localización, e sen necesidade de desprazamentos nin de dispoñer de espazos físicos habilitados para cada ocasión, tanto a nivel técnico como de capacidade ou localización. O número de asistentes ao teu evento virtual non está limitado, é totalmente flexible e, ademais, vas saber cantos deles están conectados ao teu evento en cada momento.
As estatísticas indican que as reunións virtuais poden supoñer un aforro de ata un 50% para as empresas e para os petos dos traballadores, que recortan así substancialmente os seus gastos de desprazamento e transporte e optimizan tamén algo que cada vez valoran máis os profesionais: o seu tempo. Unha ferramenta óptima para esta nova forma de traballar é Office365, unha solución integrada para contornas colaborativas que facilita o traballo en equipo e a mobilidade.
A través de internet podedes organizar e participar en webinars ou acceder a salas virtuais compartindo conversacións e establecendo contactos comerciais cos que mesmo podedes intercambiar tarxetas de visita virtuais. Neste contexto xorde o VR business, un novo concepto de márketing dixital baseado na interacción entre clientes e empresas a través de contornas virtuais.
En R tamén nos sumamos ás vantaxes dos eventos virtuais. As nosas recentes Xornadas Tecnolóxicas 2020 foron un encontro integramente en liña realizado nun edificio virtual no que se puideron seguir os relatorios, escoitar e participar activamente en charlas temáticas, acudir aos espazos de demostracións tecnolóxicas e que contaba cun espazo onde visitar as casetas das principais empresas do sector.
Este recinto virtual foi posible grazas á utilización da plataforma Dantex, unha plataforma tecnolóxica que combina un front-end 3D interactivo cun back-end cun alto nivel de modularidade, escalabilidade e personalización.
En suma, os eventos virtuais incrementan a produtividade da empresa á vez que se reducen custos; e todo iso de maneira sostible e ecolóxica, en liña cos principios básicos da Responsabilidade Social Corporativa do Grupo Euskaltel.
Podes consultar aquí máis información sobre a nosa Política Social Corporativa.