Malia o contexto de incerteza económica e escalada continua da inflación, tanto R coma o grupo Grupo MásMóvil reforzamos este ano o noso compromiso investidor, unha aposta dirixida en especial ás empresas.
Un esforzo que comezou hai anos e que imos seguir impulsando ao longo do 2023 porque o noso principal obxectivo é continuar ofrecendo máis e mellores servizos e solucións aos nosos clientes pese ao incremento nos custos da enerxía, provedores e materiais.
En R seguimos apostando por achegar valor. Cremos que aí está a clave para que as empresas resulten competitivas en mercados cada vez máis esixentes.
Investimento en grandes proxectos innovadores
En R colaboramos en grandes proxectos, tanto de alcance nacional como local, para seguir sendo o operador tecnolóxico que vos acompañe e asesore na vosa transformación dixital e actividade económica.
En Galicia investimos para despregar fibra de última xeración, un avance que permite unha navegación máis rápida e unha maior estabilidade e seguridade de rede, mellorar cobertura móbil e incrementar o despregamento de antenas para que as empresas, e tamén os fogares, estean preparadas para aproveitar as vantaxes que nun futuro nos traerá a tecnoloxía 5G.
Tecnoloxía 5G
As capacidades que proporciona a tecnoloxía 5G supoñen que, por primeira vez, a evolución tecnolóxica dunha rede móbil vaia máis aló dun incremento da velocidade de envío de datos. Esta tecnoloxía está pensada para habilitar novos modelos de negocio e permitir a transformación dos actuais, polo que se trata dunha grande oportunidade para mellorar a competitividade das empresas e seguir liderando nos diferentes sectores.
De feito, o 5G será unha das grandes revolucións tecnolóxicas que traerá consigo un amplo abanico de beneficios para as empresas:
- Ancho de banda 100 veces superior, o que se traduce, primeiramente, en maior velocidade no envío de contidos e menor consumo de enerxía, polo que resulta máis eficiente e sostible; e, tamén, en maior capacidade para o envío de contidos de alta calidade e con maior resolución.
- Conexión en tempo real e tempo de resposta ultrabaixo, polo que resulta ideal para aplicacións en remoto como a telemedicina, a produción ou os mantementos.
- Posibilidade de conectar varios dispositivos á vez.
- Menor consumo.
Novos servizos para que a túa empresa estea sempre ON
En R Empresas melloramos a nosa oferta de servizos coa solución pemeMAX. Axudaravos ás pemes para estar ao día no voso negocio con internet de alta velocidade, competitivas opcións de ciberseguridade e un respaldo móbil para que nunca quededes sen conexión.
Kit Dixital
Somos axentes digitalizadores do programa Kit Dixital, unha iniciativa que conta con 3.000 millóns de euros de orzamento procedentes dos fondos europeos Next Generation e cuxo obxectivo é dixitalizar un millón de pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio.
Puxemos á vosa disposición un servizo de seguimento e asesoramento gratuíto para pemes. Levamos a cabo todos os trámites para a completa tramitación do bono dixital, que podedes aproveitar para mellorar ou implantar diferentes solucións dixitais na vosa empresa, como a factura electrónica ou servizos e ferramentas de oficina virtual.
Ciberseguridade
Outro dos nosos grandes eixos de traballo ao longo deste 2022 foi a ciberseguridade.
Poñemos á disposición das empresas os nosos expertos en ciberseguridade, que realizarán auditorías da rede e da web da vosa empresa e resolverán todas as vosas dúbidas e incidencias. Ademais, incorporámosche o servizo de ciberseguridade para a protección de dispositivos con licenzas de antivirus e backup de datos. E así, a partir do 1 de xaneiro, teredes dispoñibles co voso acceso a internet R unha licenza de antivirus e backup de datos para mellorar a seguridade dos vosos dispositivos (PC's, portátiles, móbiles…).
Ademais colaboramos co Nodo da Xunta CIBER.GAL nas accións que teñen como obxectivo favorecer unha contorna dixital segura afrontando, de forma colaborativa, os retos aos que as empresas, cidadáns e administradores se enfrontan para protexer os seus activos no ciberespazo. Tamén coa Cátedra R en Ciberseguridade, froito da colaboración tripartida de R e as Universidades de Vigo e A Coruña, estamos a adaptar todo o potencial de coñecemento e preparación ás necesidades da empresa fomentando, en paralelo, a formación continua, a innovación e a investigación en Ciberseguridade.
Atención ao cliente e asesor comercial, servizos que marcan a diferenza
A proximidade e a atención personalizada están no noso ADN, por iso contamos cun mantemento preferente cun asesor experto dixital dispoñible para a vosa empresa sempre que o necesitedes.
Sabemos que este servizo, como o de prevenda, é especialmente valorado polos nosos/as clientes/as, sobre todo pola implicación, confianza e preparación do noso equipo. O obxectivo de R é sempre cubrir as vosas necesidades e adaptarnos a elas. De aí que apostemos pola continua mellora e actualización dos nosos servizos e produtos e polas novas tecnoloxías que marcan a diferenza, como a próxima cobertura 5G ou os servizos na nube.
Así foi en 2022 e así queremos que siga sendo en 2023. Hai moito camiño por percorrer e temos unha enorme oportunidade de facelo xuntos.
Grazas por seguir confiando en nós.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.