Non contestes. Agarda un minuto. Pensa que tes dentro que che faga ser un bo ou un mal negociador.

Tes man esquerda cos máis pequenos ou a túa nula capacidade de escoita obrígate a pechar tratos ao máis puro estilo Homer Simpson?

Sexas como sexas, fixemos unha selección das 10 características que todo bo negociador ten que ter:

Entusiasmo, actitude positivade e enerxía

Calquera negociación tense que abordar con ganas e ilusión. Durante o proceso poderían aparecer trabas que se se canalizan de xeito positivo poden finalizar nun bo trato. Ademais, a enerxía é igual de contaxiosa que a risa.

Capacidade de observación

Todo bo negociador debe ser observador. En ocasións a linguaxe non verbal pódeche proporcionar información valiosa sobre o interlocutor. Traballar a escoita activa tamén é importante. Prestar atención ao que di o outro farache gañar entendemento e información sobre o que está a pasar.

Honestidade

A ningunha persona lle gusta que a enganen. Un bo negociador sempre debe ser moi claro coas súas palabras e compromisos. Nunca enganes a ninguén. Sairás prexudicado.

Carácter sociable

Ninguén quere tratar cun toxo. Ser amable e sociable pódeche axudar a crear unha boa atmósfera á hora de negociar.

Persistencia, persuasión e firmeza

É importante que teñas claro que é o que queres lograr co trato e que condicións son innegociables. Os bos negociadores deben construír bos argumentos e insistir neles para conseguir o que buscan. Non se trata de obcecarse, senón de ter claro en que se pode ceder e en que non.

Profesionalidade

Ser serio, rigoroso e ter coñecemento sobre o tema a negociar pode axudar a analizar e argumentar de forma coherente os teus puntos de vista. Isto xera unha boa impresión ao interlocutor que favorece o diálogo.

Autoconfianza

Ninguén se fía dunha persoa que non cre no que di, ou que é incapaz de defender a súa postura con seguridade. Tranquilidade e confiar nun mesmo son valores indispensables para todo bo negociador.

Capacidade resolutiva

A pasividade non pode reinar durante un proceso de negociación. Debes ter capacidade para ir pechando puntos que permitan avanzar.

Aceptación do risco

Ser resolutivo implica tomar decisións aceptando as consecuencias e riscos que éstas poidan ter. Debes ser consecuente e aceptar que as decisións que tomes conlevan riscos.

Creatividade

Ser creativos é indispensable. Reinventar argumentos pode ser o primeiro paso para resolver unha negociación ou para atopar novas vías de colaboración. Rompe co establecido. Analiza os problemas dende outros puntos de vista.

Se tes a sorte de contar con algunha das características de todo bo negociador, noraboa, contas con vantaxe á hora de pechar un bo trato.