Cada día xorden novas tecnoloxías. Cada semana, unha nova solución promete transformar procesos. Pero para moitas empresas galegas, o reto non está na novidade senón en como aplicala de forma útil e próxima.
En R cremos que a clave está en contar cun socio tecnolóxico próximo, capaz de adaptar esas innovacións ao ritmo real de cada negocio. A proximidade e a aposta pola innovación continua permitíronnos acompañar empresas que hoxe compiten con forza grazas á tecnoloxía.
Porque a transformación non empeza coa tecnoloxía en si mesma, senón coa maneira en que se pon ao servizo de quen a necesita.
A proximidade e a aposta pola innovación tecnolóxica son dous dos nosos acenos de identidade. Son moitas as empresas de Galicia coas que compartimos ideas, traballo e retos para abordar a dixitalización ou a chegada de tecnoloxías tan disruptivas como a Intelixencia Artificial.
En R sempre apostamos polo tecnolóxico como motor de cambio e progreso social e económico. Resulta esencial para que unha empresa poida medrar e sobrevivir no competitivo mercado actual.
E esta idea compartímola con empresas galegas que se apoiaron na tecnoloxía como piar fundamental para converterse en referentes no seu sector.
Transportes Autoradio: a importancia de colaborar con socios especializados
Fundada en 1985, Transportes Autoradio S.A. propúxose eliminar a barreira da distancia nas relacións comerciais entre empresas de Galicia. Hoxe é un referente do sector dos servizos de transporte. Conta con dez centros de traballo, 90.000 metros cadrados de almacéns de transporte e loxística, 150 vehículos de reparto e un equipo de 300 profesionais.
Neste crecemento, a tecnoloxía xogou un papel fundamental. Foi especialmente decisivo o paso dun software propio (coas dificultades que supoñía para adaptarse a avances tecnolóxicos) á colaboración con empresas especializadas, como R, o seu socio tecnolóxico estratéxico para todas as comunicacións de voz e datos, ademais de albergar e xestionar o seu CPD.
Grupo Cuevas: o valor da proximidade dun socio tecnolóxico
Naceu dun pequeno ultramarinos ourensán aberto xa en 1867 e actualmente é unha empresa referente na distribución alimentaria. Falamos de Grupo Cuevas.
O desenvolvemento tecnolóxico foi clave para o seu crecemento e consolidación. Márcase como prioridades adaptarse ás últimas tecnoloxías, como a Intelixencia Artificial e coidar especialmente a ciberseguridade en cada un dos seus proxectos e desenvolvementos. Tamén a sostibilidade, implantando solucións de pedido que optimizan os stocks e incorporan procesos de reabastecemento automático para os puntos de venda.
Con R comparte, ademais da súa clara aposta pola innovación tecnolóxica, a proximidade como un dos valores fundamentais á hora de traballar e na relación co/coa cliente/a.
Emais Grupo: aposta polo investimento tecnolóxico
Consolidada no ámbito do Real Estate, Xestión de Activos Financeiros e Tecnoloxía, Emais Grupo conta con ampla experiencia e compromiso firme coa innovación.
A súa aposta polo investimento tecnolóxico tradúcese en poñer a tecnoloxía ao servizo dos/as clientes/as (bancos, servicers, fondos de investimento...).
Apoiándose en asesores tecnolóxicos integrais como R, potencia os procesos de negocio dos/as clientes/as implementando modelos de xestión que se apoian en ferramentas tecnolóxicas para axilizar e optimizar tarefas diarias. Unha maneira de marcar a diferenza fronte á competencia nun momento no que se suceden avances tan disruptivos como a aplicación da Intelixencia Artificial, a xestión do dato ou a automatización de procesos.
Losán: coa mirada posta na tecnoloxía 5G
A pequena carpintería orixinal de Curtis é hoxe unha grande empresa con varias plantas de produción dedicadas á fabricación dunha ampla variedade de derivados da madeira.
Os avances en tecnoloxías da información permitíronlle a Losán optimizar procesos e ser máis eficientes para competir nun mercado extremadamente esixente mediante a modernización e a implementación de ferramentas para a análise de datos e a dixitalización da operativa global. Resultan claves a automatización e robotización da produción; a transición cara a plataformas de xestión globais e escalables; a adopción de estratexias de personalización dixital e omnicanalidade; e o reforzo da ciberseguridade para protexer adecuadamente os datos.
O reto está agora en como integrar tecnoloxías emerxentes. Da man de R a empresa está a usar solucións de edge computing e dispóñese a aproveitar os beneficios da rede 5G.
Pérez Rumbao: dixitalizar é medrar
Pérez Rumbao é o grupo de concesionarios automobilísticos con maior presencia de Galicia.
No seu caso, é determinante a aposta pola dixitalización como oportunidade de crecemento. Unha dixitalización que non entenden como un proxecto único, senón aplicada a procesos específicos para facelos máis eficientes. Por exemplo, para a administración, o almacenamento seguro da documentación ou a diagnose remota de avarías.
Ao automatizar tarefas e procesos redúcese o tempo que se lle dedica a realizar tarefas repetitivas e, en xeral, os tempos dos procesos diarios.
A colaboración con R facilita afrontar con seguridade o futuro mediante a evolución e a adaptación tecnolóxica continua.
Plexus Tech: indispensable contar con redes de telecomunicacións potentes e seguras
Plexus Tech defínese como un ecosistema de servizos tecnolóxicos 360 baseados en innovación e desenvolvemento. Esta empresa con sede en Santiago, da que forman parte uns 3.000 profesionais dedicados ao desenvolvemento de produtos e servizos tecnolóxicos á medida en todo o mundo, é pioneira na incorporación tecnolóxica.
A IA é unha das súas principais áreas de traballo actuais. Unha das que necesita e utiliza maiores cantidades de datos, de aí a importancia de dispoñer de redes de telecomunicacións de gran capacidade, como as de R, preparadas para toda esa avalancha de información.
Transportes Autoradio, Grupo Cuevas, Emais Grupo, Losán, Pérez Rumbao e Plexus Tech son exemplos prácticos que nos confirman que a tecnoloxía e a colaboración próxima e personalizada con socios especializados resultan imprescindibles.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.