Que é unha empresa sostible? Aquela que realiza a súa actividade coidando dunha contorna que herdarán as xeracións futuras. Unha responsabilidade, un reto e tamén unha oportunidade para facer as cousas doutra maneira sen renunciar á eficiencia e á competitividade.
Cada 25 de marzo asistimos á #HoradelPlaneta, un xesto simbólico que consiste en apagar a luz durante unha hora para concienciar sobre o problema do #CambioClimático.
Unha xornada que nos lembra a necesidade de levar a cabo políticas sostibles na sociedade e nas empresas e da que cada vez son conscientes un maior número de organizacións.
Os beneficios de adoptar medidas sostibles na empresa
A día de hoxe, a sostibilidade é un valor en si mesm pero, ademais, proporciona múltiples vantaxes e valores que incrementan as vantaxes competitivas das empresas.
- Cumprimento e adaptación ás normativas europeas en materia de sostibilidade
- Apertura a novos mercados, oportunidades de negocio e a novas liñas de financiamento, tanto de carácter público, xa que existen gran variedade de axudas e apoios para empresas sostibles, como privado, pois cada vez son máis os investidores interesados en participar en empresas que apostan pola sostibilidade.
- Fomenta a transparencia e iso redunda nun maior compromiso co consumidor, que ten máis información sobre onde e como se elaborou o que adquire.
- Maior produtividade e eficiencia e, con iso, redución de custos ao facer un uso máis racional de recursos, materiais, transporte ou enerxía.
- Maior conexión con clientes concienciados co medio ambiente. Neste sentido, convén destacar que as xeracións máis novas teñen unha maior preocupación e sensibilidade polo planeta e son moitos/as quen prefiren produtos e servizos de empresas claramente sostibles.
- Sitúa á empresa nun escenario internacional e con visión de futuro, anticipándose ao mundo que vén e posicionándose en mercados incipientes.
- Potencia a innovación.
- Atracción e retención de talento.
- Mellora a imaxe e a reputación corporativa.
Como apostar pola sostibilidade na túa empresa
Actualmente, boa parte das empresas xa vos concienciastes da importancia de mellorar a sostibilidade, aínda que quizais existan máis dúbidas á hora de levalo á práctica, como o fago? que medidas adopto?
Estas son algunhas medidas e actuacións que podedes ter en conta:
- Establecer e potenciar as alianzas con empresas socialmente responsables.
- Elixir provedores que coiden a sostibilidade e traballen con materiais e produtos sostibles.
- Definir medidas concretas encamiñadas a unha xestión racional dos recursos e da enerxía.
- Reciclar sempre que sexa posible. E isto pode facerse en sectores de actividade moi diferentes, porque pode aplicarse, por exemplo, ao envasado, aos equipos informáticos ou á roupa de traballo.
- Poñer en marcha ou participar en accións sociais e proxectos enfocados á sostibilidade. Ademais, é unha oportunidade para ampliar a rede de contactos e descubrir empresas que teñen preocupacións e enfoques afíns.
- Expor unha economía colaborativa, baseada en compartir recursos e evitar a sobreprodución.
- Coidar o tratamento dos residuos.
Accións de R en materia de sostibilidade
En R marcámonos como unha das nosas prioridades xestionar de maneira excelente todas as dimensións ambientais e sociais da nosa actividade.
Guíanos a idea dunha transformación cara a un modelo de negocio responsable que priorice a neutralidade de carbono e a redución de emisións usando para iso enerxías menos contaminantes e facendo un uso eficiente e responsable dos recursos.
Neste sentido, logramos o certificado de Xestión Enerxética ISO 50001 e, mediante a compra de electricidade libre de emisións, posicionámonos como empresa con Cero Emisións Netas de Carbono directas e derivadas da electricidade. Ademais, a descarbonización da economía é un dos nosos principais anhelos e dende o ano 2020 abastecémonos unicamente de enerxía verde. O noso compromiso na loita contra o cambio climático tamén se viu recoñecida cunha valoración B no cuestionario internacional de referencia do cambio climático de Carbon Disclosure Project (CDP).
Doutra banda, estamos incluídos no FTSE4Good IBEX, un prestixioso índice bolsista deseñado para facilitarlles aos investidores información sobre as empresas que cumpren coas mellores prácticas en materia ambiental, social e de Goberno Corporativo a nivel global.
E, en plena era post-COVID, unímonos á "Alianza por unha Recuperación Verde" (Green Recovery Alliance), que avoga por unha recuperación económica da Unión Europea máis sostible tras a pandemia.
Ao longo destes anos, esforzámonos por consolidar un proxecto sostible e socialmente responsable, xa que cremos que se poden satisfacer as necesidades dunha empresa actual protexendo os nosos recursos e coa vista posta nun futuro que tende a un consumo máis responsable e sostible.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.