Din dos galegos que nin subimos, nin baixamos. Pero que pasa se montamos en ascensor e aproveitamos o traxecto para convencer a alguén de invertir no noso proxecto. Cámbiache o conto! Sen escaleiras polo medio demostramos que o noso espíritu emprendedor non ten límites.

Se queres seguir co exemplo de tantos empresarios galegos que nalgún momento tiveron que cegar a un posible investidor, adica tempo a preparar un bo elevator pitch. Terás o que dura unha viaxe en ascensor, uns 3 minutos –sendo xenerosos–. Dámosche algúns consellos para logralo. Estás preparado?

Consellos para preparar un bo elevator pitch

Preparación, preparación e preparación

Lembra que só hai unha primeira vez para causar boa impresión. Esta idea debe inspirar todo o teu discurso. Será tan importante o que digas, como como o digas. A linguaxe non verbal conta e o teu aspecto, non nos enganemos, tamén. Como será difícil que coincidas nun ascensor co presidente da compañía á que queres impresionar –igual que na película “Armas de Muller”–, terás tempo para mellorar o teu discurso antes da cita co posible investidor.

Non hai mellor método que a proba error. Ensaia o teu elevator pitch con diferentes grupos de persoas, grávate e examina a túa exposición con actitude crítica. Pule e vai mellorando o teu discurso. A improvisación funciona, pero sempre que o teu discurso esté moi interiorizado e te sintas seguro co que vas dicir. Adecúao ao perfil do investidor ao que queres conquistar e traballa especialmente os primeiros 8 segundos, son fundamentais para captar a atención do que ven despóis.

Plantexa o problema e propón a solución

Empeza con algún dato que deixe claro que problema ou que necesidad vai  solucionar a túa idea de negocio. A comunicación baseada en persoas reais funciona mellor co teu interlocutor. Imaxina que inventaches unha aplicación que lanza unha mensaxe automática aos familiares de persoas enfermas ou de avanzada idade cando cambian as súas constantes vitais. Que tal se empezas por un “sabía que máis dun millón de persoas maiores viven soas en España”. Estarías a resumir a necesidade que vai cubrir e o oco no mercado que vai ter a túa aplicación.

Demostra a solidez da túa idea

O obxetivo deste primeiro encontro será espertar a curiosidade do posible investidor. Para logralo, non debes debullar ao detalle o teu modelo de negocio, pero si dar as pinceladas suficientes para que vexa que a túa idea ten un estudado plan detrás e que analizaches ao mercado e á competencia.

Be different my friend!

Tanto a forma como o fondo do teu  elevator pitch debe transmitir a túa singularidade. Por que vale a pena que esa persoa che conceda parte do seu tempo a ti e non a outro emprendedor. Non escondas a túa personalidade! Trátase de conquistar, saca as túas armas. You are the one!

O teu obxectivo, un próximo encontro

Non te enganes!, ninguén che vai a asinar un cheque cando o ascensor chegue á planta de destino. Por iso, o obxectivo de todo o teu discurso será conseguir un próximo encontro ou, no mellor dos casos, a súa tarxeta de visita. Tenta gravar na túa memoria cada paso da túa conversación e as reaccións do posible investidor. Servirante para pulir o teu próximo encontro. Detecta os puntos frouxos do teu discurso e corríxeos.

Máis aló de se consegues ou non o financiamento, a exposición da túa idea de negocio debe estar sempre en mellora continua. A medida que vaias queimando etapas deberás introducir novos ganchos, pero se te axuda, tenta manter a frescura do momento no que lle contaches aos teus amigos esa idea que ía revolucionar o mundo. Non perdas ese espírito!