Os dereitos de autor e propiedade intelectual son temas que algúns autónomos esquecen xestionar correctamente. As súas regulacións son moi cambiantes, polo que aconsellamos levar un seguimento deste tema.
Se es un autónomo que se dedica a escribir, compoñer cancións, pintar cadros, realizar esculturas, realización de vídeos, ect... debes regular este tema acorde á túa situación laboral.
Lei de Propiedade Intelectual
A lei de Propiedade Intelectual recolle todos os dereitos que teñen que ter os autores. Nesta lei identifícanse dous tipo de suxeitos. O primeiro suxeito é o autor, a persoa natural que escribe un libro, un ensaio científico ou crea unha obra artística. E o outro tipo de suxeitos son as outras persoas ou entidades que poden desfrutar dos dereitos da propiedade intelectual, entre os que se atopan as emisoras de radios, fotógrafos, os actores, etc, é dicir, os que difunden unha obra.
Unha vez aclarada esta diferenza, tes que ver que rol desempeñas, para saber cales son os teus dereitos e o que tes que tributar a Facenda para logo non ter problemas .
A lei de propiedade intelectual inclúe dous tipos de dereitos esenciais: os persoais e os patrimoniais.
Dereitos persoais:- Recoñecemento da condición de autor.
- Respecto á integridade da obra.
- Imposibilidade de modificar a obra.
- Modificación da obra conforme ás esixencias da lei de protección de bens de interese cultural.
- Toma de decisión de se se difunde a obra e como.
Determinación do nome do autor da obra.
Decisión para retirar a obra do dominio público, pero ante esta situación terá que indemnizar os titulares dos dereitos de explotación.
Dereitos patrimoniais:- Obtención dunha retribución por permitir a difusión da obra.
- Obtención dunha remuneración por parte dos titulares que explotan a súa obra.
Ademais destes dereitos esenciais, que debes coñecer, debes ter moi claro como autónomo que se ti realizas un contrato laboral cunha empresa á que lle cedes a túa obra, esa empresa beneficiarase dos dereitos de explotación da obra.
Como estar ao día?
Sabemos que este é un tema complexo e un pouco soporífero, pero é importante estar ao día e controlalo na medida do posible.
No caso de que non teñas un contrato cunha xestoría laboral, podes botar man da información que publican algúns organismos públicos e que te axudarán a entender todo moito mellor.
A web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conta cunha sección dedicada á lei de Propiedade Intelectual . A SGAE tamén informa de todas as novidades que hai arredor desta lei.
¡Ata a próxima!
Imaxe de Mari Helin-Tuominen