A conectividade resulta esencial nos nosos días. As solucións multioperador, que permiten ofrecer cobertura a través de varios operadores, representan unha evolución necesaria para garantir conectividade, flexibilidade e sostibilidade en todo tipo de espazos, achegando vantaxes tanto a usuarios/as como a empresas.

Os principais operadores asinamos acordos para facilitar a implantación legal e técnica de redes multioperador. Asegurar a máxima cobertura en espazos interiores e exteriores é unha das nosas prioridades e as solucións multioperador permiten ofrecela, tanto a pequenos comercios e bares como a hospitais ou grandes oficinas, a través de varios operadores ao mesmo tempo.

É habitual que moitos edificios conten con infraestruturas dun só operador. Por iso, cando se cambia de compañía con frecuencia cómpre instalar novas solucións de cobertura interior, o que xera, entre outras cousas, custos adicionais.

Coas solucións multioperador, cambiar de operador só implica cambiar a SIM, sen necesidade de novas instalacións nin novos custos. Así que as solucións multioperador axudan a reducir gastos e contribúen á sostibilidade porque, ao utilizar infraestruturas compartidas entre operadores, se reduce o consumo enerxético e de materiais.

O operador que lle dá soporte a MasOrange —grupo ao que pertence R— garante un deseño de cobertura eficiente e unha conectividade continua en movemento, evitando cortes ao entrar ou saír de edificios.

Esta é unha das vantaxes que ofrecen as solucións multioperador, pero hai máis:

Escalabilidade e durabilidade: son escalables e teñen unha vida útil superior a 10 anos.

Facilidade de xestión: permiten administrar todos os dispositivos e liñas dende unha soa plataforma, independentemente do operador.

Seguridade e control: facilitan a vixilancia en tempo real, o seguimento e a resposta rápida ante posibles incidencias.

Experiencia mellorada e valor engadido para empresa ou negocio e tamén para o/a cliente/a, que sempre ten cobertura móbil e pode recibir chamadas, navegar por internet ou pagar co móbil sen depender da wifi pública.

• Simplifica a adaptación ante cambios de operador ou novas necesidades tecnolóxicas.

Solucións multioperador

Resulta esencial asegurar a cobertura en espazos interiores e exteriores e garantir que o/a cliente/a teña sinal sempre que a necesite. E facémolo de varias maneiras:

• Mediante repetidores de sinal: solucións sinxelas que amplifican o sinal existente no exterior cara ao interior. Resultan adecuadas para eliminar zonas sen cobertura en espazos pequenos ou medianos.

• A través de deseños activos: solucións máis complexas e personalizadas, pensadas para grandes espazos ou onde se require maior capacidade e servizos adicionais (como redes privadas).

En todo caso, sempre nos ocupamos tamén da instalación e mantemento e, ademais, a nosa solución multioperador inclúe a xestión da cobertura cos outros operadores e a súa certificación ante o Ministerio.

Retos pendentes das solucións multioperador

As solucións multioperador teñen pendentes, por outra parte, algúns retos.

Dunha banda, cómpre ter en conta que as antenas e equipos adoitan estar deseñados para un só operador e non sempre son reutilizables por outros.

Ademais, a lei esixe que calquera instalación que repita o sinal de varios operadores conte co consentimento explícito de todos eles. Instalar sen permisos é unha falta grave, polo que os integradores (instaladores de infraestruturas) poden despregar solucións, pero deben obter estes permisos para cumprir coa normativa.

Son desafíos pendentes para os operadores, entre eles, Orange (que tamén pertenece a MasOrange), ao tempo que progresa a implantación e evolucionan as solucións multioperador, esenciais na nosa sociedade actual, permanentemente conectada para garantir unha conectividade robusta, continua e flexible, mesmo en contornas difíciles e ante necesidades prioritarias.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.