A elaboración de predicións sempre foi esencial para dirixir un negocio ao por menor de forma eficiente. No día a día, toca facer previsións de mercadoría, estimar o persoal necesario ou levar a cabo unha boa política de promocións no momento adecuado.
A día de hoxe, a maioría das empresas tedes máis datos que nunca para elaborar esas predicións, pero non sempre se utilizan da mellor maneira posible. E nesa interpretación dos datos pode estar a diferenza entre o éxito e o fracaso.
Neste contexto, é fundamental o bo uso da Intelixencia Artificial (IA) para poder tomar decisións de negocio estratéxicas e eficaces.
Como pode a IA axudar ao teu negocio?
O camiño cara á compra
Permite deseñar de forma óptima o teu sitio web e as páxinas móbiles. Os datos pódenche indicar a probabilidade de pasar á seguinte páxina; cambios para mellorar a navegación; como reducir a perda de vendas dende o carriño da compra; ou axudarche a crear recomendacións de produtos individualizadas baseadas no historial e nas visitas.
Previsións de vendas
Os datos históricos e os datos da contorna exterior axúdanche a determinar a demanda futura dos artigos, integrándoa no teu ERP (planificación de recursos empresariais) ou nos teus sistemas de planificación de vendas e operacións, axudando deste xeito a mellorar a dispoñibilidade de produtos e a reducir o exceso de existencias.
Previsión de devolucións
Unha solución de IA permite analizar as causas polas que un produto ten unha menor ou unha maior taxa de devolucións para procurar reducila e axustar así as promocións.
Optimización das promocións
Se se consegue un entendemento histórico da relación entre o prezo, as promocións e a demanda, pódense optimizar as estratexias e coordinar o prezo final cos equipos de publicidade, probando ademais distintas estratexias de prezos.
Optimización de emprazamentos físicos
Identificar os mellores emprazamentos para abrir, ampliar ou pechar tendas sen ‘canibalizar’ os establecementos existentes a partir de predicións que poden incluír características como o espazo necesario, a superposición de tendas, o mix da variedade, a demografía e a competencia.
Predición da etapa na que se atopa o cliente
A creación de campañas que se dirixan a clientes en diferentes etapas axuda a alimentar a estratexia das futuras comunicacións de márketing. Deste xeito, pódese recuperar a confianza a través de estratexias proactivas de retención de clientes, aumentando o número de transaccións e o tamaño medio das mesmas cun márketing relevante e maximizando o ROI (retorno sobre o investimento) das campañas.
Satisfacción do cliente
A través de datos de enquisas ou reseñas pódese determinar a probabilidade de que un cliente sexa un promotor ou un detractor dos teus produtos, o cal che dá a posibilidade de converter os detractores en participantes neutrais e os neutrais en promotores.
Predición dos niveis de persoal en cada emprazamento
Usando factores como o espazo ou o mix da variedade poderás mellorar a asignación de persoal, anticipándote ás necesidades nos momentos de escasa ou de gran demanda.
En definitiva, a era da Intelixencia Artificial xa está aquí e as oportunidades que como retailer se che presentan para capturar mellor a intelixencia do negocio nas túas actividades son enormes. As empresas que aproveitedes estas oportunidades e saibades incorporar a IA a cada área da organización sobreviviredes e creceredes nos vosos mercados.
En R somos coñecedores das moitas vantaxes que pode achegar a Intelixencia Artificial aplicada ao teu negocio e dispoñemos dun equipo especializado, BAI Analytics, para axudarche a implantala na túa empresa, sexa cal sexa o seu tamaño ou o grao de madurez dos seus datos.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.