A industria da saúde está a observar como se producen cambios importantes na súa disciplina a gran velocidade. Neste contexto, dende enfermidades crónicas e cancro ata radioloxía e avaliación de riscos, existen numerosas oportunidades vinculadas ás solucións de Intelixencia Artificial para implementar intervencións máis precisas, eficientes e co mellor impacto no momento exacto do coidado dun paciente.
Na industria da saúde resulta prioritario controlar os aspectos médicos do coidado dos pacientes e optimizar o seu propio funcionamento, xa que é un sector moi intensivo en edificios, maquinaria e persoal. Por isto, a optimización de quendas, a loxística dos seus recursos médicos e de urxencias, así como o mantemento de toda a súa maquinaria son casos onde a IA está a axudar a facer ao sector máis eficiente ao tempo que mellora a satisfacción e a experiencia dos pacientes. Os algoritmos de aprendizaxe poden volverse máis precisos e exactos a medida que interactúan cos datos de adestramento, o que lles permite aos humanos obter información sen precedentes sobre os diagnósticos, os procesos de atención, a variabilidade do tratamento e os resultados dos pacientes.
En suma, a IA ofrece unha serie de vantaxes sobre a analítica tradicional e as técnicas de toma de decisións clínicas que permiten mellorar os resultados e operacións con pacientes e reducir o risco financeiro, e das que xa son conscientes administracións públicas, hospitais e mutuas.
Cales son estas vantaxes que ofrece a IA aplicada ao sector da saúde?
- Redución de custos: Axustar a duración media das estancias ás necesidades reais, evitando dar de alta a pacientes con alta probabilidade de reingreso ou con alto risco de recaídas, optimizando ao mesmo tempo as estancias e a ocupación de camas e doutros recursos segundo as necesidades reais dos mesmos, así como a integridade dos pagos e a detección de fraudes de pacientes, clientes, provedores e persoal sanitario, reducindo custos innecesarios.
- Mellora dos resultados médicos: En relación co paciente, quizais os avances máis interesantes están a darse á hora de achegar unha maior riqueza na información da que dispón o persoal sanitario para realizar o diagnóstico médico. Son famosos os modelos capaces de achegarlle información ao especialista médico analizando todo o historial clínico e as probas realizadas aos pacientes. Pero a IA tamén está a axudar en tarefas menos coñecidas, como a identificación de pacientes en risco por patoloxías contraídas no hospital; a predición da predisposición para contraer certas enfermidades, físicas ou mentais; ou a mellora do seguimento da medicación que fará un paciente.
- Mellora na calidade da atención: Ademais de facilitar unha atención médica de maior calidade, axuda a conseguir unha óptima experiencia sanitaria completa optimizando tarefas como a organización do fluxo de pacientes en urxencias; identificando deficiencias na atención e os seus principais motivos; ou a través da predición de casos de non presentación a citas, o que permite ser máis áxiles na xestión de colas e tempos reais de espera.
A era da IA xa está aquí e as oportunidades que tedes diante as empresas e profesionais do sector da saúde para capturar mellor a intelixencia do negocio en todas as vosas actividades son enormes. As empresas que aproveitedes estas oportunidades e saibades incorporar a IA a cada área da organización incrementaredes a vosa eficiencia e posicionarédesvos mellor nun mercado cada día máis dixital e competitivo. En R dispoñemos do noso equipo especializado no uso de ferramentas e desenvolvemento de solucións de Intelixencia Artificial, BAI Analytics, dirixido a cubrir as necesidades comerciais, tecnolóxicas e científicas das vosas organizacións a respecto da IA.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área Comercial Empresas.