As institucións deportivas non son alleas ao valor que lles pode achegar a transformación dixital e as novas tecnoloxías. Nun sector tan competitivo como o deporte, onde os/as adversarios/as se atopan nunha situación moi parecida en canto a información dispoñible sobre cada evento e hai que adaptarse a continuos cambios normativos e ás necesidades do negocio, o éxito radica en aproveitar ao máximo a información e os datos para aplicalos á toma de decisións.

No ámbito deportivo, cada día tómanse decisións importantes a respecto de fichaxes e á elaboración de estratexias para o próximo partido. Dado que o/a opoñente tamén está a correr para chegar primeiro na xeración de valor a partir dos seus datos, é necesario atopar e explotar antes que os/as competidores/as as oportunidades e realizar predicións, separando o sinal do ruído.

Neste punto, as solucións de Intelixencia Artificial convértense nas mellores aliadas. Porque a clave está en entender o valor actual de cada membro do equipo e crear adestramentos específicos para cada un, aplicando estes modelos, ademais, na procura de talento externo e novos fichaxes. Ao mesmo tempo, os equipos xa estariades a optimizar as vosas estratexias deportivas, detectando debilidades e prevendo situacións.

Retos da IA para a súa aplicación con éxito no deporte

Existen retos que fan que o sector deportivo sexa, quizais, un dos máis complexos á hora de realizar modelos de Intelixencia Artificial, tanto pola complexidade da contorna competitiva como pola gran cantidade de datos que se xeran e que deben ser interpretados correctamente. Para facerlles fronte, as capacidades de desenvolvemento acelerado de modelos e aprender dos fallos son factores cruciais para reducir o risco de perder oportunidades e competitividade.

inteligencia_artificial

A Intelixencia Artificial impulsa coñecementos baseados na aprendizaxe automática en proxectos cada vez máis adaptados ao sector deportivo, capaces de executarse en menos tempo e de ofrecer decisións máis rápidas e acertadas:

• No terreo de xogo, adestradores/as e xogadores/as están a aproveitar xa grandes cantidades de datos do xogo e mesmo dos adestramentos para, por exemplo, cambiar a súa defensa e ser máis precisos/as no ataque ou para aproveitar ao máximo as capacidades específicas de cada xogador/a.

Fóra do campo, a IA axuda coa toma de decisións e análises de oportunidades de intercambio de xogadores mediante a combinación de informes de observadores con datos analíticos, ademais de mostrar as vantaxes e desvantaxes de cada xogador/a para a situación actual do equipo.

• No aspecto comercial, a IA axuda a definir o prezo das entradas e a comercializalas da maneira máis efectiva, á rotación de abonos de tempada e a optimizar as vendas dos palcos. Os modelos baseados en solucións de Intelixencia Artificial serven para prever que abonados/as se darán de baixa cunha maior fiabilidade e definir as mellores estratexias para conseguir retelos/as. Tamén as vendas de artigos deportivos e a identificación de esponsorizaciones son fontes de ingresos que poden beneficiarse de modelos analíticos.

• En termos de márketing, a atribución do valor correcto ás campañas executadas e os resultados que conlevan son claves para a predición de futuras campañas e a determinación de que mercados son máis interesantes para os obxectivos da vosa entidade. A identificación das achegas das redes sociais, os e-sports e as promocións son outros campos onde estes modelos poden axudar a destinar o orzamento adecuado a cada canle.

A era da IA está aquí. As oportunidades son enormes e os equipos máis grandes do mundo xa o están facendo. Deportes de equipo como o fútbol, o baloncesto ou o béisbol, ou individuais como o xadrez, están a usar o poder da IA para ser cada vez máis eficientes e saír vitoriosos na próxima competición.

A entrega de coñecementos aos/ás responsables de tomar as decisións é un desafío que debe superar a síntese de datos complexos e despositar a nosa confianza na IA.

En R podemos axudarvos a aplicar con éxito solucións de Intelixencia Artificial grazas ao noso equipo especializado, BAI Analytics, centrado en satisfacer as necesidades de empresas e organizacións de distintos tamaños e sectores usando as últimas ferramentas e prácticas de IA e a análise avanzada de datos.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.