A oficina actual xa non é un conxunto de cadeiras, mesas e caixoneiras localizadas nun lugar determinado ao que acodes a traballar cada día. Agora elaboras documentos, ‘chateas’ cos teus compañeiros e asistes a reunións e webinars dende calquera lugar e a calquera hora; é o momento da transformación dixital.
Para empezar, debes facer unha análise exhaustiva do teu negocio e das súas capacidades.
Cantos empregados ten a túa peme? Teñen todos as mesmas necesidades de comunicación? Como habilitamos os accesos á documentación da empresa de forma segura? A transformación dixital dunha peme esixe, en primeiro lugar, avaliar de forma realista as necesidades e a forma de traballar da túa organización e dos teus empregados para que poidades continuar coas actividades da empresa con normalidade e seguridade aínda que agora o fagades virtualmente.
A seguridade é un factor esencial e a pandemia deixounos un perigoso paradoxo: multiplícanse os ciberataques ao mesmo tempo que se reduce o orzamento destinado a coidar a seguridade da nosa organización. Dende que comezou a pandemia, máis do 60% das empresas recoñecen sufrir algún ataque, mentres o descenso do gasto dedicado á ciberseguridade nas empresas reduciuse á metade. A ciberseguridade non é un luxo, é unha necesidade que nos evitará males maiores.
A importancia de comunicar e facerse ver
Coñecida a dinámica de traballo interna, toca fixarse na relación co cliente. A “omnicanalidade” é unha opción moi práctica; como o seu nome indica, significa establecer múltiples vías de comunicación, de tal forma que o cliente sinta que estás aí, que pode contactar de forma sinxela e rápida e que a relación é fluída e personalizada.
Ademais dunha páxina web da empresa sempre actualizada, as redes sociais son unha atractiva canle de comunicación para as pemes. Con pouco custo, podes lanzar campañas, dar a coñecer os teus produtos e chegar a conseguir unha comunidade fiel de seguidores que multiplicarán exponencialmente a visibilidade do teu negocio.
Ferramentas para o teletraballo
A día de hoxe existen no mercado un bo número de apps pensadas para traballar en remoto, tanto individualmente como en grupo, con opcións interesantes como Slack, Trelloou Teams, incluído dentro da solución ofimática Office 365.
Son ferramentas sinxelas que che permiten compartir documentos en tempo real, distribución de tarefas, reunións virtuais internas e externas ou teleformación. Pero non só son importantes porque fan posible continuar co traballo; tamén son unha baza indispensable para manter a 'conexión': entre empregados; entre empregados e empresa; entre empresa e cliente. A comunicación é máis importante que nunca neste contexto sen contacto físico e visual para que ninguén se vexa perdido, illado ou desmotivado. Unha opción para ter en conta é dispoñer dunha app a medida que poidas adaptar e redimensionar en función do equipo ou do grao de actividade.
As oficinas xa non son o que eran pero lembra que, en definitiva, a dixitalización é unha grande oportunidade para mellorar a túa produtividade. En R podemos axudarche e asesorarte sobre as mellores opcións para que a transformación dixital da túa peme sexa un éxito.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.