O vindeiro 30 de marzo celébrase na Cidade da Cultura Cidade Creativa, un punto de encontro do talento creativo galego formado polos emprendedores pertencentes ao CEM (Centro de Emprendemento do Gaiás ) e no que darán a coñecer os seus produtos e servizos. Estes profesionais pertencen a ámbitos do deseño gráfico, autoedición, novas tecnoloxías e turismo, entre outros.

7H

Este evento está organizado por 7H , unha cooperativa de traballo asociado que crea proxectos e accións que promoven a creación artística e a regularización deste sector en Galicia.

Programa

A sala Eisenman acollerá a partir das 11:00 horas e ata as 22:00 horas unha feira composta por pezas exclusivas elaboradas por estes artistas entre os que destacan Quenindiola, Nuria Díaz e Exclusivas Lema, entre outros. Ademais da feira desenvolverase un escaparate de produto no ámbito do deseño contemporáneo no que participarán marcas como My mon did it  ou Cucuducho.

Ao longo da xornada tamén se presentarán novos proxectos, autores emerxentes, formatos alternativos e novas propostas para o mundo da edición artística como os fotolibros e álbums ilustrados.

Networking

Tamén se poderá gozar de música en directo, as performances e monólogos que farán que se cre un ambiente perfecto para facer networking entre os emprendedores e asistentes ao evento.

Se queres saber que é o que se move entre o talento creativo galego e cales son as tendencias do sector pasa o xoves 30 de marzo pola Cidade da Cultura. Para inscribirte podes facelo enviando un mail a [email protected].

Ata a próxima!

Imaxe de Alice Achterhof