Son moitas as empresas galegas que confían a R algúns dos seus produtos de telecomunicacións co obxectivo de mellorar a calidade dos seus propios servizos. Na maioría das veces estas situacións convértense en casos de éxito empresarial.

Hoxe imos falar dun deles, do Centro Comercial Marineda City. Dende un dos maiores centros comerciais de España apostaron pola solución wifi de R para mellorar a estancia dos seus clientes.

En marzo de 2017 Marineda City comezou a ofrecer unha nova solución wifi con máis cobertura, máis ancho de banda e á que se poden conectar un maior número de usuarios.

100.000 m2 de cobertura

Ao longo dos 100.000 metros cadrados da súa superficie hai distribuídos 34 puntos de acceso da rede que dan cobertura total a todos os recunchos do centro comercial. A velocidade de conexión desta rede é de 3MB de subida e de baixada. Non está nada mal 😉.

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de falar con Roberto Vázquez, xerente adxunto de Marineda City, que nos contou detalladamente o funcionamento deste servizo de R e o como está sendo a súa acollida por parte dos clientes.

Quen pode usar este servizo?

Calquera usuario que estea dentro das instalacións do Marineda City pode conectarse á rede wifi a través do portal de acceso, tal e como esixe a lexislación.

Para acceder por primeira vez a esta rede wifi hai que ir a un navegador e aí xa se abrirá automaticamente o portal para acceder ao servizo. Só é preciso marcar un check para ter conexión.

widget

Dentro do portal tamén se pode engadir un número de teléfono e un enderezo electrónico para recibir todas as novidades relacionadas co Marineda, concursos, sorteos e eventos. “Pero estes datos non son obrigatorios para conectarse á rede wifi”, puntualiza Roberto.

E para saber o que ocorre en todo o momento no terceiro centro comercial máis grande no mundo podes descargar a súa app, dispoñible para Android e para iOS.

Conexións diarias

Segundo os datos que miden os parámetros das conexión hai días con picos de usuarios únicos moi altos. “Nalgunha ocasión chegouse a ter picos de 2.500 usuarios únicos conectados no mesmo momento”, segundo nos indica Roberto.

Esta cifra permítenos ver a capacidade desta rede wifi e o número de clientes do Marineda City.

Valoración dos clientes

Hoxe en día os clientes xa dan por feito que deben dispoñer de wifi gratuíto en calquera lugar. E ademais de ser gratis debe ser de calidade.

Coñecedores destas dúas necesidades, o Marineda City escolleu unha rede wifi axeitada, e así o están a demostrar as opinións dos seus usuarios.

widget

O seguinte obxectivo do centro comercial situado no norte de Galicia é seguir mellorando o feedback co seu público. “Coñecer máis a fondo as súas preferencias para poder facilitarlle unha información máis segmentada a través de diferentes comunicacións”, así nolo explica Roberto.

Se ti tamén queres ter contento aos teus clientes cando se conecten ao wifi, non dubides en poñerte en contacto con nós.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!