Que importante é a ciberseguridade para as empresas no contexto de transformación dixital que vivimos. Pero, sabemos que nivel de exposición temos?, ata que punto estamos protexidos/as?, como lle afectaría un incidente ao teu negocio? E… como podemos mitigalo?
Para resolver todas esas preguntas, organizamos un almorzo R o pasado 19 de maio no Hotel Attica21 na Coruña da man de S2 Grupo, o noso provedor principal para os proxectos e servizos de ciberseguridade de R e do Grupo MASMOVIL.
Queres saber cales son as boas prácticas que debes seguir para protexer o teu negocio? Cóntanolas Íñigo Bueno, director territorial de S2 Grupo en Zona Norte.
A xestión de riscos e a ciberseguridade deben ser un proceso continuado
Moitas empresas adoitan caer no erro de pensar que están protexidas dabondo ou que teñen o risco controlado, e mesmo que a súa organización non é atractiva para os ciberdelincuentes. Non debemos confiarnos e, sobre todo, hai que entender a ciberseguridade como un proceso continuado de mellora.
Con este punto de partida claro, é importante coñecer os riscos xenéricos e os específicos para a túa empresa, identificar e clasificar os activos que cómpre protexer e ter un plan de acción que se adapte ás necesidades do teu negocio.
Como podes xestionar todo isto? Seguindo estes 4 pasos.
Analizar de forma global os riscos
O primeiro que debes facer é valorar e medir o risco real ao que se pode enfrontar o teu negocio. Con esa información, habería que identificar os activos críticos e definir plans de acción específicos. Isto permitirache definir o modelo de xestión continuado e adaptado á túa empresa.
Neste punto é necesario que poñas en marcha unha serie de mecanismos, que poden ir dende realizar auditoría ou desenvolver un Plan Director de Seguridade ata incorporar unha Oficina de Seguridade. Como sempre, dependerá das necesidades concretas de cada caso e da súa madurez.
Protexer a túa empresa
A implantación e xestión de solucións tecnolóxicas no teu negocio debe estar acompañada de sistemas de protección. Aquí é fundamental realizar ese desenvolvemento e evolución da infraestrutura dende o punto de vista da seguridade.
E para iso axúdanche as ferramentas de vixilancia tecnolóxica, como FW ou WAF Cloud, AntiDDos, copias de seguridade, etc.
Detectar a tempo os riscos
Para que non che colla por sorpresa unha determinada ameaza, a túa empresa debe analizar a información da que dispón, controlar en remoto a súa evolución en todo momento, concienciar a todos os empregados e automatizar.
Aquí é clave contar con sistemas de alerta temperá, informes de intelixencia, vixilancia e pegada dixital, plans de concienciación adaptados, etc.
Responder para minimizar o impacto
O obxectivo de todos os pasos que viches é evitar chegar a este punto. Con todo, debemos estar preparados e traballar baixo a premisa de que a nosa empresa vai ser atacada, para ser que de dar, ante posibles incidentes, unha resposta adecuada , que implique a todos os membros da organización e que conte cun plan para restaurar e lle dar continuidade á actividade do teu negocio.
E, para iso, contas con solucións en materia de ciberseguridade que, dende R, a través de S2 Grupo, podemos ofrecerche.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.