Nuns meses, os tradicionais triángulos de emerxencias deberán ser substituídos por unha baliza V16 conectada, atendendo á nova normativa da Dirección Xeral de Tráfico. E a tecnoloxía IoT (internet das cousas) xoga un papel esencial nestas novas sinalizacións que se comunican coa DXT en tempo real.

En marzo de 2021 produciuse un cambio lexislativo para mellorar a seguridade viaria que implica o fin do uso dos tradicionais triángulos para emerxencias na estrada. Así, dende o 1 de xaneiro de 2026 todos os vehículos (excepto as motos, aínda que tamén é recomendable) deberán ter unha baliza con sinal V16 con función de xeolocalización GPS e conectada co sistema homologado da DXT.

Un salto cualitativo na nosa seguridade viaria que busca reforzar a protección de condutores/as e pasaxeiros/as e que podemos afrontar grazas ao potencial da tecnoloxía IoT.

Características das balizas V16

As balizas V16 poden usarse xa (dende xaneiro de 2023) e serán obrigatorias a partir de xaneiro de 2026. Están certificadas pola DXT, así que responden a todos os requisitos esixidos e garanten a súa conformidade cos estándares de seguridade e sinalización establecidos.

Estas son algunhas das principais características das balizas V16:

• Uso seguro: sinalizan sen necesidade de saír do vehículo.

• Iluminación en 360º mediante LEDs potentes visibles a longas distancias.

• Instalación rápida, fácil e personalizable: a baliza incorpora un potente imán de neodimio que permite adherir a baliza ao vehículo de maneira segura e eficiente.

• Resistencia ao vento, á auga e ao po: a baliza está deseñada para soportar condicións climáticas adversas.

• Funciona con pilas súper alcalinas 3xAA, económicas, fáciles de atopar e substituír e totalmente seguras.

• Portátil e Compacta: cómoda para almacenar e transportar.

• Comprobación fácil do correcto funcionamento da baliza e a súa conexión coa DXT simplemente escaneando o código QR.

• Tamén valen para motos; neste caso, inclúen un soporte metálico para manillar de motocicleta.

Balizas V16: conectadas e xeolocalizadas

Pero, sen dúbida, a tecnoloxía é a gran característica diferencial destas novas balizas V16, xa que utilizan a chamada NBIoT (Narrowband Internet of Things) para a transmisión da localización á plataforma DXT 3.0 de forma automática, segura e sen depender do móbil do/a condutor/a.

Son balizas conectadas e xeolocalizadas. Isto quere dicir que dispoñen de geoposicionamento integrado e anonimato na transmisión de datos. A capacidade de xeoposicionamento permite coñecer a localización exacta do vehículo e, ademais, de maneira anónima, traslada esta información á DXT. Este enfoque garante a privacidade do/a usuario/a e contribúe eficazmente a informar ao resto de condutores/as onde se atopao vehículo en situacións de emerxencia.

As balizas V16 incorporan unha tarxeta SIM 4G Orange integrada no seu interior para proporcionar a conectividade coa rede de comunicacións. E a conectividade NB-IOT permite a comunicación coa DXT en tempo real.

Pola nosa banda, poñémoscho moi fácil para que poidas beneficiarte das vantaxes das balizas V16.

Dispoñerás de SIM integrada con conectividade garantida ata 2038 incluída no prezo e sen necesidade de contratar datos nin usar móbil, con xeolocalización activa. A activación faise de maneira directa, sen ter que xestionar ningunha subscrición nin realizar ningún pago extra.

Coas balizas V16, a tecnoloxía disruptiva da IoT convértese nunha grande aliada para a mellora da seguridade viaria.

Se queres saber máis sobre as balizas V16 ou outras das nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.