Non somos alleos á chamada Intelixencia Artificial ou IA que tivo un crecemento exponencial nos últimos anos. As empresas tamén sodes conscientes da súa importancia para mellorar modelos operativos, pero na súa aplicación topástesvos en moitos casos cun serio problema: o seu elevado custo.
Ata fai moi pouco, o prezo de converterse en organizacións impulsadas pola Intelixencia Artificial (IA) era alto, e para a maioría, especialmente pemes, prohibitivo. Desenvolver e implementar proxectos de Intelixencia Artificial de maneira efectiva requería un enorme investimento en plataformas, ferramentas e dispoñer ademais dun equipo de persoas cun coñecemento específico que soubese como usalas.
Pero a tecnoloxía progresou e esta situación cambiou. A día de hoxe, a gran maioría das organizacións podedes construír e despregar IA de forma segura, rápida e de maneira rendible sen un custo inicial enorme. A diferenza xa non radica en ter os mellores científicos de datos ou a tecnoloxía máis sofisticada, senón na capacidade de aproveitar estas tecnoloxías e de facelo de forma rápida e eficiente.
Segundo unha investigación realizada por McKinsey sobre a implantación da IA, 'esperar conleva riscos' e amplifícase a vantaxe de quen aproveita primeiro esta tecnoloxía. Aqueles que avanzan coa IA probablemente se manteñan á vangarda, pero aínda non é demasiado tarde para ningunha empresa, xa que a mesma investigación observa que dúas de cada tres empresas aínda non realizaron modelos baseados en IA.
Neste contexto, o Grupo Euskaltel, do que R forma parte, creou BAI Analytics, unha iniciativa centrada en ofrecer servizos de IA aos seus clientes, dando así un paso á fronte e mostrándose como un 'player' principal no ecosistema de IA, capaz de ofrecer un stack de servizos end-to-end mediante o uso de solucións de cloud internas e plataformas como Microsoft Azure ou DataRobot.
Unha proposta de valor para as empresas
Hai xa tempo que dende R estamos familiarizados cos servizos de Intelixencia Artificial; de feito, xa contamos cunha ampla experiencia e carteira de clientes que a día de hoxe se están beneficiando de solucións baseadas en Intelixencia Artificial. Agora incorporamos un equipo de traballo especializado no uso de ferramentas e desenvolvemento de solucións de Intelixencia Artificial que nace para cubrir as necesidades comerciais, tecnolóxicas e científicas desta nova capacidade para as empresas.
BAI Analytics formouse para satisfacer a vosa necesidade, como organizacións rexionais, de obter valor mediante o uso das últimas ferramentas e técnicas de datos a un prezo accesible, achegando décadas de experiencia na industria e coñecemento das mellores prácticas na construción, implementación e xestión de análises sofisticadas para incrementar os ingresos das vosas organizacións, aumentar a súa eficiencia, mellorar a experiencia co cliente e xestionar eficazmente o risco da organización.
As plataformas, tecnoloxías e coñecementos deste novo equipo xa demostraron que se pode lograr un gran valor ao repensar os modelos de negocio, transformándoos en negocios impulsados pola IA mediante un marco de priorización de iniciativas para avaliar o retorno e a complexidade de cada desenvolvemento e un correcto despregamento das mesmas.
Estás interesado nas solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa? Se queres saber máis, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área Comercial Empresas.