Con Adrián Bertol, especialista en Vendas de IA en R, falamos sobre as vantaxes e as oportunidades que a IA trae para as empresas de múltiples sectores e tamén para o emprego.
Que é e que supón a IA, no ámbito da Industria 4.0, para R.
Para R, a Intelixencia Artificial ten un rol principal na Industria 4.0 e forma parte deste paradigma xunto a outros desenvolvementos tecnolóxicos como o Internet das Cousas (IoT).
Para que a IA funcione, temos que implantar unha primeira capa de captura do dato, xa sexa mediante sensorización ou utilizando outras fontes de datos internas. E tamén outra capa de almacenamento masivo, nun Data Warehouse ou un Data Lake, cunha arquitectura, para poñer o dato en uso.
Somos moi conscientes disto e temos a capacidade de ofrecer estas 3 capas con tecnoloxía nosa propia, Mileva, e coa nosa infraestrutura, xa que contamos con Datacenters propios en Galicia, Euskadi e Asturias. Porque en R asesoramos os/as nosos/as clientes/as no ciclo completo da vida do dato, dende a súa captura ata a súa analítica.
Para que nos fagamos unha idea da dimensión que ten a IA na industria, un dato curioso. Segundo o World Robot Report da International Federation of Robotics, dende 2015 a 2021 duplicouse a presenza de robots na industria. A media global actual son 126 robots por cada 10.000 empregados/as. En España son 203, moi lonxe dos 932 de Corea do Sur.
A robótica é un tipo de aplicación da IA na industria. Con todo, a IA tamén está presente noutras moitas aplicacións industriais, como o Xemelgo Dixital. En concreto, o tipo de IA que se utiliza para os Xemelgos Dixitais é a Visión Artificial ou Computer Vision, consistente no recoñecemento de imaxes para a clasificación e automatización de procesos. A Visión Artificial está a usarse para a xestión loxística en espazos como portos ou almacéns, pero tamén para vehículos autónomos.
Que impacto terá a IA na empregabilidade actual e a futura? Algunha consideración ou experiencia, sobre a posible dificultade de atopar hoxe en día perfís para posicións en IA?
A.B.: O balance será positivo. É unha realidade que vai chegar, queiramos ou non. Entón, a velocidade e capacidade coa que asumamos este reto influirá na posición que teñamos no futuro.
Adrián Bertol: "A IA é unha realidade que vai chegar, queiramos ou non. Entón, a velocidade e capacidade coa que asumamos este reto influirá na posición que teñamos no futuro"
Segundo estima o Foro Económico Mundial (FEM), para 2025 a automatización fará desaparecer 85 millóns de empregos no mundo. Con todo, o mesmo informe do FEM tamén achega datos máis optimistas. Apunta que, para 2025, a IA facilitaría a creación de 97 millóns de empregos. Por tanto, un balance positivo de 12 millóns novos postos de traballo.
Máis ben, creo que onde temos que poñer o foco é no tipo de emprego, máis que no número. Non porque o número non sexa importante, senón porque o número tamén depende da calidade do emprego.
A IA crea emprego de alta cualificación. Isto significa que supón un impacto moi diferente segundo o nivel de cualificación que unha persoa teña; e enlazo isto coas oportunidades laborais no sector da IA.
Son moitas e con boas condicións. Coñezo moitas persoas que, sen estudar Enxeñería, están a traballar en proxectos de IA. Por que é isto? Porque non só están os/as enxeñeiros/as de ML (Machine Learning) e Data Engineers. Tamén hai outros moitos perfís que analizan o dato nun nivel moito máis operativo, están máis pegados ao día a día e tamén fan moita falta.
En xeral, hai demanda de todos os perfís e atopámonos co paradoxo de que as empresas buscan profesionais e os/as profesionais buscan empresas, pero non se atopan.
Moitos tratan de solucionar isto ofrecendo máis salario pero non só é unha cuestión salarial. Creo que fai falta definir moito mellor os roles; as empresas non lles han de pedir aos/ás profesionais que desempeñen un rol diferente a aquel para o que foron contratados/as e, por suposto, deben ofrecerlles proxectos motivantes para que estean continuamente mellorando as súas habilidades.
Podes falarnos sobre as aplicacións da IA en relación cos ODS: Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: Saúde e Benestar; Acción polo Clima; Comunidade e Cidade Sostible... ?
Este é un punto moi relevante para R porque, como empresa do Grupo MASMOVIL, internamente tamén hai un compromiso cos ODS e xusto hai un ano fomos designados como o primeiro operador de telecomunicacións en Europa en conseguir a certificación B Corp, que garante os máis altos estándares de impacto social e ambiental, gobernanza, transparencia, etc.
En concreto, gustaríame poñer foco no Obxectivo 8: traballo decente e crecemento económico. A IA supón en si mesma unha profunda transformación do traballo, xa que ofrece oportunidades cualificadas e transforma a estrutura das empresas e os países e inflúe a todos os niveis.
A IA serve para previr accidentes laborais e optimizar as rutinas de traballo para garantir a saúde laboral. E tamén permite recompensar adecuadamente os/as empregados/as pola súa contribución proporcionando datos máis obxectivos para medilo. Ás empresas permítelles asignar de maneira máis eficiente os recursos. Por exemplo, organizando as cargas de traballo e as xornadas dependendo da demanda real.
Comentános algún caso de uso dende a experiencia na operación da vosa compañía, de cliente interno ou externo.
En R partimos do estado de madurez no uso do dato que teñen as empresas. Hai unhas poucas que xa fan Intelixencia Artificial, pero non son as que máis. A maioría están nunha primeira fase na que están a facer o seu dato accesible porque tiñan moitos datos, pero inaccesibles.
Algúns dos nosos acompañamentos a clientes parten dende esa primeira fase de gobernanza do dato e somos especialmente útiles levándoos dende o inicio ata as fases máis avanzadas de analítica preditiva.
De feito, en R imos un paso máis aló e facemos analítica prescritiva. Non só axudamos a entender que pasou, senón que pasa e que pasará, e tamén vos dicimos que facer e como automatizar as decisións.
Adrián Bertol: “En R imos un paso máis aló e facemos analítica prescritiva. Axudamos a entender que pasou, que pasa e que pasará e tamén vos dicimos que facer e como automatizar as decisións”
Actualmente, estamos a liderar proxectos de IA en sector seguros, banca e retail.
Unha importante aseguradora en Euskadi traballa connosco en proxectos de optimización de pólizas; en concreto, aplicando modelos de regresión.
Con outro importante retailer portugués traballamos na predición de vendas e na optimización de envíos. Para iso desenvolvéronse diferentes modelos matemáticos, a medida que se executan como proxecto, que están a supoñer un impacto grande na marxe de beneficios da compañía.
Finalmente, mencionaría casos de uso aplicando visión artificial á xestión de infraestruturas loxísticas, como portos. Unhas cámaras detectan a posición das mercadorías e a IA interpreta de que mercadoría se trata. Desta maneira, dálle instrucións ao persoal da estiba para que sexa almacenada da maneira óptima. E isto pódese replicar en todo tipo de plataformas loxísticas.
Concluíndo, en R estamos preparados para acompañar a máis e máis empresas no uso do dato e a analítica mediante a Intelixencia Artificial.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas a través do teu asesor persoal ou do seguinte formulario.