Ata hai pouco, só as grandes compañías tiñan medios para lles facer fronte ás ameazas cibernéticas. Con todo, os avances en dixitalización e ferramentas de protección, unidos á sistematización das boas prácticas, permítennos poñer á disposición do resto de sectores, empresas e negocios os mecanismos necesarios que nos permiten anticiparnos aos ataques e cubrir os incidentes de seguridade que poidan poñer riscos á actividade diaria nos nosos negocios.

Cada día detéctanse máis de 285.000 virus novos e máis de 30.000 webs hackeadas pero, aínda que o 40% das pemes se enfrontou a un ciberataque, un 83% di non estar preparada financeiramente para recuperarse dun ciberataque.

E un ataque nos sistemas pode supoñer grandes perdas de información, de recursos e mesmo de reputación; por iso é tan importante contar cun acceso a internet dotado de solucións de ciberseguridade avanzada.

Axudámosche a protexer o teu negocio

Para manter a protección da túa contorna dixital ante posibles ameazas, R empresas aumenta as funcionalidades da solución Ciberseguridade Pemes ofrecendo unha maior cobertura no mantemento da túa información e a dos teus dispositivos.

Novidades da nosa solución Ciberseguridade Pemes

  • Ciberscoring: avaliamos a situación de seguridade e vulnerabilidade da túa empresa a través de cualificacións baseadas en técnicas Big Data e Learning Machine.

  • Simulador de ataques: servizo de adestramento interactivo baseado en ataques simulados para previr e concienciar os teus empregados/as.

  • Cuestionario de Ciberseguridade: responde ao noso cuestionario e descubre cal é o nivel de risco da túa empresa en cada área.

  • Protección de identidade dixital: analiza a presenza da identidade dixital do usuario (mail) para evitar que alguén poida suplantala.

  • Protección de tarxeta bancaria: axudámosche a protexer as túas tarxetas e informámosche se se produce algunha vulnerabilidade da súa seguridade.

  • Acceso remoto seguro: para compartir recursos de forma segura e con acceso remoto seguro para empregados/as mediante un axente instalable que facilita unha conexión cifrada extremo a extremo.

  • E learning e concienciación: servizo de formación en liña con cursos que axudan a tomar conciencia sobre a actual contorna tecnolóxica e ciberseguridade.

Activa xa gratis o teu servizo Ciberseguridade Pemes

O servizo gratuíto de Ciberseguridade pemes é o soporte tecnolóxico integral que vos permitirá ter a vosa empresa a salvo de ciberataques. Lembrade que sempre contaredes, ademais, cun experto dixital 24×7 para resolver as dúbidas ou incidencias que teñades e, se tedes dúbidas sobre como activalo, aquí ensinámosvos como facelo paso a paso:

Se es cliente de empresas de R, accede a https://mundo-r.com/gl/empresas/ciberseguridade e pulsa no botón Activar Ciberseguridade pemes.

En R cremos que a ciberseguridade é un tema fundamental. Por iso participamos activamente en eventos como o Almorzo Informativo "Retos en ciberseguridade: Como protexer a túa empresa e os teus dispositivos", organizado en colaboración con AEMOS.

Se aínda non es cliente de R empresas e estás interesado nas nosas solucións tecnolóxicas para o teu negocio, podes poñerte en contacto connosco chamando ao teléfono 900 840 590.

Para estar ao día sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.