Pensaches algunha vez por que te decides por un produto e non por outro coas mesmas características? Aínda que non o creas falo pola proposta de valor que ese produto representa para tí. Se queres saber de que estamos a falar, segue lendo.
A proposta de valor non é máis que un conxunto de razóns cribles que persuaden ao cliente para que escolla un produto e non outro.
Unha proposta de valor debe conter, polo menos o seguinte:
- Unha explicación clara e sinxela de por que un produto resolve as necesidades dun cliente
- Cal é o beneficio de comprar ese produto
- Que diferenza a ese produto da competencia
3 claves para escribir a túa proposta de valor
- Empeza cun brainstorming (unha choiva de ideas de todo o que se che ocurra). Elabora unha lista cos beneficios que achega o teu produto ao teu cliente e que beneficios achega o teu negocio como intermediario ou fabricante. Por exemplo, solucionar calquera tipo de problema 24 horas ao día, 365 días ao ano. Non esquezas engadir valores intanxibles na túa lista, é dicir a percepción que queras que os teus cliente teñan do teu produto ou da atención ao cliente do teu negocio, como pode ser a amabilidade ou a proximidade.
- Investiga que fai a túa competencia e compárte con eles. Analiza que é o que vende, cal é a súa proposta de valor, que vantaxes ten sobre a túa proposta, cales son os teus puntos fortes... Non escatimes tempo en coñecer aos teus competidores, poderás aprender moito deles e á súa vez, marcar a túa posición no mercado.
- Fai un retrato do teu cliente ideal retratando a súa personalidade de forma clara. Pensa onde vive, que é o que consome, que necesita, que é o que lle interesa, que podes achegarlle, canto tempo lle pode dedicar ao teu produto e que espera del... Despois pensa se o teu produto encaixa co teu cliente ideal e fai unha comparativa coa túa competencia. É necesario que o teu produto estea orientado ao teu cliente ideal, se non por que ía compralo?.
Independentemente do mercado no que te atopes é necesario deseñar unha proposta de valor única para atraer a atención dos teus clientes e que se decidan por ti no canto de por os teus competidores. Unha boa proposta de valor permíteche diferenciarte dos teus competidores e axúdache a transmitir aos demais unha visión do teu negocio.