Como nai, pai, avó/avoa, titor/a ou padriño/madriña dun neno/a, seguro que en ocasión che preguntas se estará demasiado tempo no ordenador ou se ao deixalo entrar nas redes sociais o/a expoñemos a demasiados perigos...

Agora, nesta época que estamos a vivir, en que o noso compañeiro é internet, estas preguntas soan con máis forza. E aínda que esperamos a que a situación se normalice, non queremos atrasar máis estas citas. Por iso convidámosvos a asistir, de maneira virtual, ás charlas informativas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital.

Charlas en liña

Como xa sabedes, levamos anos percorrendo Galicia con crea R: un dos proxectos nos que colaboramos coa Xunta a través da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), no marco do Plan de Digitalent.

crea R é unha proposta para familias que inclúe cursos de robóticoa (dirixidas a nenos/as de 7 a 12 anos) e charlas sobre educación dixital para adultos. Por mor das circunstancias actuais, non podemos celebrar os talleres de robótica, pero si queremos ofrecervos, dende as vosas casas, a posibilidade de unirvos ás charlas.

En que consisten

@s máis nov@s pasan horas diante de diferentes dispositivos e non son conscientes dos seus pros e dos seus contras. Nestas charlas terás a clave para saber como afrontar os retos que expoñen as novas tecnoloxías no día a día d@s peques e non tan peques.

Un pedagogo especializado impartirá estas pílulas didácticas. E dende as vosas casas, esperando que vos encaixe a hora, e de maneira áxil (non máis de 30´) poderedes primeiramente escoitar as súas claves e consellos e, unha vez finalizada a intervención, participar expondo as vosas inquietudes.

Pero se non vos podedes conectar, gravaremos as charlas e compartiremos a ligazón para que poidades velas noutro momento.

Cando

Durante o mes de xuño ás 21:30 h.

  • martes, 9 de xuño: Funcionamento e uso das redes sociais
  • xoves, 11 de xuño: Mitos e verdades sobre a rede e a tecnoloxía
  • martes, 16 de xuño: Principais riscos de internet e mediación activa
  • xoves, 18 de xuño: Identidade dixital positiva

Como apuntarse

Tes que inscribirte neste formulario, para que che poidamos mandar a ligazón á plataforma. Lembra que é gratuíto, pero dáte présa porque as prazas son limitadas.

Esperámoste!