No verán as estreas non se van de vacacións nas canles da televisión que che ofrecemos en R. Xullo está cheo de grandes series e películas. Furia, a nova serie protagonizada por Candela Peña, Carmen Machi, Nathalie Poza, Cecilia Roth e Pilar Castro, chega a HBO Max. En SkyShowtime, destacan dúas estreas: a oscarizada película Wicked e a segunda entrega da serie Poker Face. E en Warner TV, moita acción con Tokyo Vice.
E se es dos que tes a opción Total TV, podes pasar un xullo de luxo cos mellores documentais e deportes. En Historia, non podes perderte a serie documental Momias egipcias: Inmortalidad desvelada, o Tour de Francia é unha cita obrigada para os afeccionados ao deporte en Eurosport e os máis pequenos poden ver Viva el rey Julien en DreamWorks.
E nas plataformas de streaming? A segunda tempada de The Sandman en Netflix, Ironheart en Disney+ e Jefes de Estado en Prime Video.
Queres saber máis sobre estas estreas de xullo? Contámoscho todo aquí, así que segue lendo.
Furia, en HBO Max
HBO Max é a casa das boas series, e xullo é o mes escollido para estrear a serie española Furia. Candela Peña, Carmen Machi, Nathalie Poza, Cecilia Roth e Pilar Castro, que traballan xuntas por primeira vez nunha serie, dan vida a cinco mulleres dispostas a calquera cousa en situacións extremas.
Un drama intenso, aderezado cunha boa dose de ironía e de humor, que explora a extorsión, o engano e a manipulación. Oito episodios de 25 minutos que sacarán á luz a xusticeira que levan dentro.
-
Estrea: venres, 11 de xullo, en HBO Max.
Wicked, en SkyShowtime

Un dos filmes con máis candidaturas aos Óscar deste ano chega a SkyShowtime. Wicked é a película baseada no musical de Broadway que conta como Elphaba e a súa improbable amiga Glinda se converteron na Bruxa Malvada do Oeste e na Bruxa Boa do Mago de Oz. Wicked chega en exclusiva a SkyShowtime.
-
Estrea: domingo, 6 de xullo, en SkyShowtime.
-
Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Poker Face - T2, en SkyShowtime

A segunda tempada de Poker Face, con novos personaxes e estraños crimes que resolver, estréase en SkyShowtime en xullo. Natasha Lyonne, máis coñecida como Poker Face, seguirá poñendo a proba a súa extraordinaria capacidade para detectar cando alguén está mentindocoa súa Plymouth Barracuda. Ademais, nesta tempada veremos estrelas convidadas como Justin Theroux ou Katie Holmes.
-
Estrea: xoves, 17 de xullo, en SkyShowtime.
-
Emisión: todos os xoves.
-
Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Tokyo Vice, en Warner TV

Para os afeccionados ao thriller, Warner TV estrea en xullo Tokyo Vice, unha aclamada serie de HBO que nos mergulla no submundo do crime organizado xaponés na década dos 90. Conta a historia de Jake Adelstein, o primeiro reporteiro estranxeiro de sucesos en unirse ao persoal do prestixioso xornal Meicho Shimbun.
-
Estrea: mércores, 16 de xullo en Warner TV (dial 14).
-
Emisión: todos os mércores ás 22:00 h
-
Baixo demanda: en rebobina.
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
Momias egipcias: Inmortalidad desvelada, en Historia

As milenarias cerimonias do antigo Exipto están un pouco máis preto na canle Historia grazas á serie documental Momias egipcias: Inmortalidad desvelada. O descubrimento dun laboratorio de embalsamamento de 2.500 anos de antigüidade, o máis antigo descuberto ata a data, abre a porta á revelación dalgúns dos grandes misterios e segredos agochados dentro das momias.
-
Estrea: martes, 15 de xullo, ás 22:55 h, en Historia (dial 70)
-
Emisión: todos os martes, ás 22:55 h.
-
Baixo demanda: en rebobina.
Tour de Francia, en Eurosport

O mes de xullo é crucial para os afeccionados aos deportes, especialmente do ciclismo. O sábado 5 de xullo, comeza en Eurosport unha nova edición do Tour de Francia. 184 ciclistas, divididos en 23 equipas, tomarán a saída en Lille Métropole. Por diante deles hai 3.338,8 quilómetros de estrada para decidir quen leva para a súa casa o cobizado maillot amarelo. Eurosport ofrece unha ampla cobertura do Tour, incluíndo retransmisións en directo de cada carreira e programas especiais con entrevistas e reportaxes.
-
Estrea: sábado, 5 de xullo, en Eurosport (dial 110).
-
Emisión: todos os días, dende o sábado 5 ao domingo 27 de xullo.
-
Baixo demanda: en rebobina.
Viva el rey Julien, en DreamWorks

Os máis pequenos están de sorte, porque DreamWorks estrea máis aventuras do mundo dos Pingüinos de Madagascar, neste caso novos episodios de Viva el rey Julien. O excéntrico rei Julien asume o control do Reino tras a abdicación do seu tío. As súas loucuras e os inimigos que rodean o Reino poñen a proba a paciencia dos seus súbditos e a estabilidade do lugar. Fai falla sorte e algúns bos aliados para darlle a volta á situación.
-
Estrea: sábado, 12 de xullo, en DreamWorks.
-
Emisión: sábados e domingos, ás 17:40 h.
-
Baixo demanda: en rebobina.
Destacados en Netflix, Disney+ y Max
The Sandman - T2, en Netflix
Xullo non estaría completo sen series de suspense e terror. Netflix encárgase diso, lanzando a segunda tempada de The Sandman. Un encontro dos Eternos leva a Morpheus por un camiño perigoso onde unha decisión crucial o converte no obxectivo dunha vinganza implacable.
-
Estrea: martes, 2 de xullo, en Netflix.
Ironheart, en Disney+
Ironheart, a nova serie de Marvel Television, enfronta a tecnoloxía coa maxia. Está protagonizada por Riri Williams, unha brillante inventora moza que ten unha idea peculiar e brillante para construír unha armadura.
Lembra que podes contratar directamente a plataforma Disney+ con R.
-
Estrea: dispoñible en Disney+.
Jefes de Estado, en Prime Video
Unha das películas máis cheas de acción deste verán chega a Prime: Jefes de Estado. A rivalidade entre o primeiro ministro do Reino Unido e o presidente dos Estados Unidos ameaza a alianza entre os seus países. Pero cando ambos os dous se converten en obxectivo do mesmo inimigo, vense obrigados a traballar xuntos para deter unha conspiración internacional.
-
Estrea: martes, 2 de xullo, en Prime Video.
Todas estas estreas de xullo de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar a través de R.