Chega outubro e o terror apodérase de toda a televisión. Se es dos que lles gusta ter medo, gozarás de todo o mes coa televisión que che ofrecemos en R. Aínda así, hai moito máis que Halloween na televisión, empezando polo fútbol: prepárate para ver os partidos do CD Arenteiro, CD Lugo, Celta B, Ourense CF, Pontevedra e Racing de Ferrol porque engadimos a nova canle Primera Federación Versus e-Learning para clientes/as da opción Total TV. Se tes ese paquete, tamén podes ver os partidos do RC Deportivo en LaLiga Hypermotio. E se es subscritor de DAZN, segue o RC Celta en LALIGA EA Sports. Todo o fútbol galego na túa pantalla.
En canto ás series, SkyShowtime estrea a comedia Nails e Star Channel despídese de ACI Alta Capacidad - T5. E por suposto, Dark, a canle de terror por excelencia, é a canle invitada, polo que podes ver o seu especial Halloweek.
E se tes a opción de Total TV, Dreamworks únese a Halloween co especial Cuentos de miedo.
E nas plataformas de streaming? HBO Max estrea a serie IT: Bienvenidos a Derry no seu especial de Halloween. Disney+ inclúe La Suerte, a nova serie de Paco Plaza e de Pablo Guerrero. E unha nova edición de OT está dispoñible en Prime Video.
Benvido ao mes máis terrorífico do ano!
Nova canle Primera Federación Versus e-Learning: dial 119
O fútbol inunda a televisión que che ofrecemos en R. Aquí xogan os equipos galegos de todas as categorías. Acaba de engadirse a nova canle Primera Federación Versus e-Learning para os clientes que estean subscritos á opción Total TV. Podes ver os 10 mellores partidos de cada xornada.
Corenta equipos participan nesta competición en dous grupos de 20 clubs, incluíndo o CD Arenteiro, CD Lugo, Celta B, Ourense CF, Pontevedra e o Racing de Ferrol. Aquí tes o calendario dos próximos partidos para que poidas animar ao teu equipo:
Partidos d CD Arenteiro en outubre:
- Domingo, 5 de outubro: CD Arenteiro - Barakaldo CF.
- Domingo, 12 de outubro: CD Arenteiro - Guadalajara.
- Sábado, 18 de outubro: Mérida - CD Arenteiro.
- Domingo, 26 de outubro: CD Arenteiro - Pontevedra CF.
Partidos do CD Lugo en outubro:
- Sábado, 4 de outubro: CD Lugo - Cacereño.
- Sábado, 11 de outubro: Arenas - CD Lugo .
- Sábado, 18 de outubro: CD Lugo - Celta B.
- Domingo, 26 de outubro: Unionistas de Salamanca - CD Lugo.
Partidos do Celta B en outubro:
- Sábado, 4 de outubro: Unionistas de Salamanca - Celta B.
- Sábado, 11 de outubro: Celta B - Ourense CF.
- Sábado, 18 de outubro: CD Lugo - Celta B.
- Domingo, 26 de outubro: Celta B - Racing de Ferrol.
Partidos do Ourense CF en outubro:
- Sábado, 4 de outubro: Racing de Ferrol - Ourense CF.
- Sábado, 11 de outubro: Celta B - Ourense CF.
- Domingo, 19 de outubro: Ourense CF – Castilla.
- Domingo, 26 de outubro: Cacereño - Ourense CF.
Partidos do Pontevedra en outubro:
- Domingo, 5 de outubro: Pontevedra CF – Talavera.
- Domingo, 12 de outubro: Castilla – Pontevedra CF.
- Sábado, 18 de outubro: Pontevedra CF – Osasuna B.
- Domingo, 26 de outubro: CD Arenteiro – Pontevedra CF.
Partidos do Racing de Ferrol en outubro:
- Sábado, 4 de outubro: Racing de Ferrol - Ourense CF.
- Domingo, 12 de outubro: Osasuna B - Racing de Ferrol.
- Sábado, 18 de outubro: Racing de Ferrol – Arenas.
- Domingo, 26 de outubro: Celta B - Racing de Ferrol.
Nails, en SkyShowtime
Non te podes imaxinar todo o que pode pasar nun salón de manicura! SkyShowtime móstracho en Nails, a súa nova serie orixinal, protagonizada por Cristina Castaño, Marimar Vega, Gracia Olayo, Teresa Cuesta, Fernando Tejero, Javier Antón, Juanjo Cucalón e Raúl Mérida. Nesta comedia, catro mulleres establecen unha forte amizade nun salón de manicura e xuntas deciden rebelarse contra a súa realidade e o que se espera delas. A súa nova actitude, chea de inconformismo, combinada cun sentimento de sororidade, impulsaraas a axudar a outras mulleres a resolver os seus problemas.
O 6 de outubro estréanse tres episodios de Nails en SkyShowtime e despois un novo episodio cada semana.
- Baixo demanda: dispoñible dende o 6 de outubro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
ACI Alta Capacidad - T5, en Star Channel: dial 12
É hora de dicir adeus á exitosa serie francesa de Star Channel, ACI Alta Capacidad. Despois de confirmarse que Karadec é o pai do seu bebé e que ela decide acollelo, na última tempada, Morgane e el deben enfrontarse á paternidade/maternidade, pero comezan a sentirse atraídos o un polo outro. Como acabará todo? Descúbreo o mércores 8 de outubro nos novos episodios de ACI Alta Capacidad - T5.
- Estrea: mércores, 8 de outubro, ás 22:00 h, en Star Channel (dial 12).
- Emisión: todos os mércores ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
Cuentos de miedo, en Dreamworks: dial 94

Dreamworks fará que durante a túa fin de semana de Halloween non poidas separarte da televisión que podes desfrutar a través de R. Dreamworks reúne aos seus personaxes máis queridos na data máis terrorífica do ano nunha maratón chea de risas, aventuras e travesuras monstruosas. Horas infinitas de diversión nas que non faltará Shrek en Shrek: Asústame si puedes ou El Cerdo Que Gritó Hombre Lobo. Pasa un rato terrorífico co especial de Halloween de Dreamworks: Cuentos de miedo.
- Estrea: do venres 31 de outubro ao domingo 2 de novembro, en Dreamworks (dial 94).
- Emisión: venres 31 de outubro, ás 10:35, 16:00 e ás 21:00 h. Sábado 1 de novembro, ás 9:00 h. Domingo 2 de novembro, ás 12:40 e ás 16:30 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
Halloweek, en Dark: canal invitado (dial 11)

Aínda que era o esperado, non por iso deixa de emocionarnos. Este mes de Halloween, temos a Dark como canle invitada, celebrando un dos especiais máis esperados por todos, a Halloweek, unha semana para que goces dos mellores títulos de terror:Channel Zero, The Purge, The Ring... e moitos máis.
Anota todo o que ofrece Dark esta semana especial:
- Luns, 27 de outubro: The Purge
- Martes, 28 de outubro: Resident Evil
- Mércores, 29 de outubro: Muñeco Diabólico
- Xoves, 30 de outubro: Channel Zero
- Venres, 31 de outubro: Halloween 2, Halloween 3, Halloween 6, Halloween 2 Rob Zombie
- Sábado, 1 de novembro: The Ring
- Domingo, 2 de novembro: The Ring 2
Non te perdas:
- Estrea: do 27 de outubro ao 2 de novembro, a partir das 22:15 h, en Dark canle invitada (dial 11).
- Emisión: todos os días ás 22:15 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
O RC Deportivo en LaLiga Hypermotion: dial 116, 117 e 118

O RC Deportivo continúa o seu camiño cara ao tan esperado ascenso, e podes velo todo en LaLiga Hypermotion. Prepárate para uns partidos moi emocionantes en setembro. Apunta estes encontros para non perderte o teu equipo favorito:
- RC Deportivo - Almería: sábado, 4 de outubro, ás 16:15 h.
- Málaga - RC Deportivo: domingo, 12 de outubro, ás 21:00 h.
- Racing de Santander - RC Deportivo: domingo, 19 de outubro, ás 18:30 h.
- RC Deportivo - Valladolid: domingo, 26 de outubro, ás 21:00 h.
Destacados en DAZN
LALIGA EA Sports, en DAZN

Como xa sabes, agora grazas á televisión que che ofrecemos en R tes un novo paquete de fútbol DAZN en R por 10€/mes durante un ano. Poderás ver 5 partidos de LALIGA EA Sports por xornada, en 35 das 38 xornadas; ademais do partido en aberto que DAZN emite por xornada.
Así que prepárate para gozar dos encontros do RC Celta na Primeira División española.
Destacados en HBO Max, Disney+ e Prime Video
IT: Bienvenidos a Derry, en HBO Max
Todo o mundo ten lembranzas terroríficas de Pennywise. Queres coñecer as súas orixes? HBO Max tráenos unha das series máis terroríficas do ano, IT: Bienvenidos a Derry, que nos leva á cidade de Derry, Maine, na década de 1960. A historia céntrase na chegada dunha familia á cidade e un grupo de amigos, que descobren a escura historia dese lugar. A serie está ambientada no universo IT de Stephen King e amplía a visión das películas IT e IT. Capítulo 2 do cineasta Andy Muschietti. De feito, Muschietti está a desenvolver a serie con Barbara Muschietti e Jason Fuchs. Non perdas esta estrea en HBO Max.
- Estrea: luns, 27 de outubro, en HBO Max.
La suerte, en Disney+
David é un mozo que está a opositar e, por casualidade, salva o chofer dunha cuadrilla taurina e acaba substituíndoo. Na súa viaxe con Maestro, un lendario toureiro, descobre un mundo descoñecido, cheo de supersticións. Esta é a premisa da nova serie dirixida por Paco Plaza e Pablo Guerrero, onde as coincidencias xogan un papel importante. O mozo opositor adentrárase nun mundo de supersticións e desafíos. A última corrida de touros en Madrid enfrontaráos ao seu destino. La Suerte está protagonizada por Óscar Jaenada e Ricardo Gómez e estréase o 8 de outubro en Disney+.
Lembra que podes contratar directamente a plataforma Disney+ con R.
- Estrea: mércores, 8 de outubro, en Disney+.
OT, en Prime Video

O talent show por excelencia está de volta. Por segundo ano consecutivo, Prime Video emite unha nova edición de Operación Triunfo. Este ano, 16 concursantes deberán enfrontarse a un xurado formado por Abraham Mateo, Leire Martínez, Guille Milkyway e Cris Regatero. Entre os profesores da Academia, baixo a dirección de Noemí Galera, figuran Manu Guix, Mamen Márquez, Vicky Gómez, Judith Endje, Pablo Lluch, Vic Mirallas, La Dani, Andrea Vilallonga e Pol Cejas.
As galas en directo son os luns ás 22:00 h, ademais de martes a sábado ás 20:00 h podes ver Conexión OT e cada domingo ás 20:00 h, La Cara B.
- Estrea: xa dispoñible en Prime Video.
Todas estas estreas de outubro de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar a través de R.