Cres que novembro é un mes aburrido? Toma nota das estreas da televisión que che ofrecemos en R. Empezamos con SkyShowtime e a estrea da segunda tempada de Landman: Un negocio crudo. E a Warner TV chegan os novos episodios de FBI - T8.
Se tes a opción Total TV, descobre El Lejano Oeste por Kevin Costner en Historia. Para os pequenos da casa, La patrulla canina - T12 en Nick Jr.
Na televisión que podes gozar a través de R verás tamén os partidos de fútbol dos equipos galegos. En DAZN (paquete fútbol DAZN), os partidos do Celta de Vigo en LALIGA EA SPORTS; os encontros do Deportivo da Coruña na LALIGA HYPERMOTION (opción Total TV); e os partidos de CD Arenteiro, CD Lugo, Celta B, Ourense CF, Pontevedra CF e Racing Club de Ferrol, entre outros, en Primeira Federación Versus e-Learning (opción Total TV).
Nas plataformas de streaming, mes de grandes estreas e despedidas. Unha das máis esperadas, a de Stranger Things, que estrea en Netflix a súa quinta e última tempada. Doutra banda, non perdas o regreso dun clásico cinematográfico, coa nova versión de La mano que mece la cuna en Disney+. E en Prime Video, apúntante ao baloncesto, xa que agora está dispoñible a NBA para que goces da tempada 2025 - 2026.
Segue lendo para saber máis das estreas de novembro na televisión que che ofrecemos en R.
Landman - T2, en SkyShowtime
As plataformas petrolíferas son escenario do famoso podcast "Boomtown" e da serie baseada nel, Landman: Un negocio crudo, cuxa segunda tempada se estrea en SkyShowtime en novembro.
Unha historia de clases, con matóns e multimillonarios salvaxes, protagonizada por Billy Bob Thornton, xunto con Demi Moore, Andy García e Sam Elliott. Detrás da serie atópanse Taylor Sheridan e Christian Wallace.
Landman - T2 está dispoñible en SkyShowtime dende o 21 de novembro e ofrecerá novos episodios cada semana.
• Baixo demanda: dispoñible dende o 21 de novembro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuíta.
FBI - T8, en Warner TV: dial 14

FBI é unha das series policiacas de éxito creadas por Dick Wolf. En novembro, Warner TV estrea a súa tempada 8. Novos casos, novas ameazas e novas investigacións para Maggie e OA, que volven á primeira liña, acompañados polo resto do equipo liderado por Isobel e Jubal.
• Estrea: xoves, 6 de novembro, ás 22:00 h, en Warner TV (dial 14).
• Emisión: todos os xoves ás 22:00 h.
• Baixo demanda: en rebobina.
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
La patrulla canina - T12, en Nick Jr: dial 93

Sempre hai unha nova aventura, misión ou rescate que precisa de Chase, Marshall, Skye e compañía. Diversión asegurada para os pequenos da casa con La patrulla canina – T12, en Nick Jr.
• Estrea: sábado, 1 de novembro, en Nick Jr (dial 93).
• Emisión: todos os sábados.
• Baixo demanda: en rebobina.
El Lejano Oeste por Kevin Costner, en HISTORIA: dial 70

Kevin Costner presenta e produce a serie documental El Lejano Oeste por Kevin Costner, que HISTORIA estrea en novembro. Unha boa oportunidade para coñecer como se fundou o Oeste estadounidense e como foi a loita polo territorio que libraron as nacións indíxenas, os colonos e as potencias emerxentes.
• Estrea: luns, 3 de novembro, ás 22:00 h, en HISTORIA (dial 70).
• Emisión: todos os luns ás 22:00 h.
• Baixo demanda: en rebobina.
Fútbol en R
LALIGA EA SPORTS, en DAZN

Goza do novo paquete de fútbol DAZN en R por 10€/mes durante un ano e poderás ver 5 partidos de LALIGA EA SPORTS por xornada, en 35 das 38 xornadas; ademais do partido en aberto que DAZN emite por xornada.
Así poderás ver os partidos do Celta de Vigo en Primeira División.
O Deportivo, en LALIGA HYPERMOTION: dial 115, 116 e 117

Se tes a opción Total TV, segue a tempada do Deportivo en LLALIGA HYPERMOTION. O ascenso a Primeira División non vai ser tarefa fácil.
• Sábado, 8 de novembro, 18:30 h: Deportivo – Cultural Leonesa.
• Domingo, 16 de novembro, 18:30 h: Córdoba - Deportivo.
• Domingo, 23 de novembro, 14:00 h: Deportivo - Ceuta.
• Sábado, 29 de novembro, 18:30 h: Albacete - Deportivo.
CD Arenteiro, CD Lugo, Celta B, Ourense CF, Pontevedra CF e Racing Club de Ferrol, en Primeira Federación Versus e-Learning: dial 119

Xa podes ver os partidos de CD Arenteiro, CD Lugo, Celta B, Ourense CF, Pontevedra CF e Racing Club de Ferrol na nova canle Primeira Federación Versus e-Learning para clientes/as que teñan contratada a opción Total TV.
Cada xornada, podes ver os 10 mellores partidos desta competición na que participan 40 equipos en dous grupos de 20 clubs.
Destacados en Netflix, Disney+ e Prime Video
Stranger Things - T5, en Netflix
Stranger Things despídese en Netflix. Prepárate para unha última aventura que promete ser épica. Na quinta e última tempada, Once e os demais estarán acompañados por novos personaxes na súa loita contra o malvado Vecna.
• Volume 1: estrea o xoves 27 de novembro de 2025
• Volume 2: a partir do venres 26 de decembro de 2025
• Episodio final: o 1 de xaneiro de 2026
La mano que mece la cuna, en Disney+
O clásico dos 90 revolucionou as pantallas coa súa intriga e tensión. Agora, chega a Disney+ a nova versión de La mano que mece la cuna, con Michelle Garza Cervera como directora e protagonizada por Mary Elizabeth Winstead como a nai e Maika Monroe como a aia que non é quen di ser.
Lembra que podes contratar directamente a plataforma Disney+ con R.
• Estrea: mércores, 19 de novembro, en Disney+.
NBA, en Prime Video
Fans do baloncesto! A NBA chega a Prime Video. Xa podes ver os mellores partidos en directo e baixo demanda da tempada 2025 - 2026. En novembro, non perdas os encontros entre Rockets e Spurs, Heat e Knicks ou Mavs fronte a Lakers.
• Estrea: xa dispoñible en Prime Video.
Todas estas estreas de novembro de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar a través de R.
