O refraneiro popular di que "en abril, augas mil", pero este abril estará cheo de series, películas e deportes para gozar grazas ás estreas de televisión que che ofrecemos en R.

Series mil en SkyShowtime. As sorpresas son o primeiro prato nas reunións familiares, así que non perdas o thriller El Homenaje, e se che gustan os crimes sen resolver, non deixes de ver Under Salt Marsh.

Este mes, AMC mergúllase no universo TWD coa segunda tempada de The Walking Dead: Dead City. E en Star Channel, coñeceremos aos novos investigadores da CIA.

Se che gustan os documentais, sintoniza National Geographic. En abril, coñeceremos máis sobre o maior desastre nuclear da historia con Chernóbil: En el corazón del desastre.

Se tes a opción Total TV, hai moito deporte este abril. O ciclismo será o rei en Europort, con catro carreiras que non debes perder, como o Tour de Flandres ou a París-Roubaix. E tamén podes gozar en R de partidos de equipos galegos como o Celta ou o Deportivo, en LALIGA EA SPORTS e LALIGA HYPERMOTION, respectivamente.

Non nos esquecemos dos máis pequenos; as novas aventuras de Phineas y Ferb chegan a Disney Channel. A partir do 1 de abril, este é o nome da canle que ofrece programación para nenos de 6 a 11 anos, e tamén mantén o contido preescolar de Disney Jr.

Tamén hai grandes novidades nas plataformas de streaming. Netflix estrea a segunda tempada de Clanes, HBO Max a terceira tempada de Euphoria e Prime Video despide por todo o alto a The Boys.

Queres saber máis sobre estas estreas de abril?

El Homenaje, en SkyShowtime

Adolfo Novak é o patriarca dunha poderosa familia que, ao cumprir os 80 anos, reúne á súa familia para celebralo. O que comeza como unha gran festa convértese no escenario dunha revelación sorprendente e inesperada. O elenco de El Homenaje é estelar, con actores e actrices españois como Eusebio Poncela, Juana Acosta, Enrique Arce, Raúl Prieto, Elsa Pataky, Ángela Molina e Luis Tosar, entre outros.

  • Baixo demanda: dispoñible dende o 23 de abril en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

The Walking Dead: Dead City - T2, en AMC: dial 13

The Walking Dead: Dead City T2 en AMC

O universo de The Walking Dead continúa dándonos alegrías. Negan e Maggie volven a AMC coa estrea da segunda tempada de The Walking Dead: Dead City. A guerra polo control de Manhattan intensifícase, e Maggie e Negan atópanse atrapados en bandos opostos. Pouco a pouco, descubrirán que a saída para ambos os dous é máis complexa e angustiosa do que xamais imaxinaran.

  • Estrea: luns, 6 de abril, en AMC (dial 13).
  • Emisión: todos os luns, dobre episodio a partir das 22:00 h, en AMC (dial 13).
  • Baixo demanda: en rebobina.

CIA, en Star Channel: dial 12

CIA en Star Channel

A nova serie de Star Channel está protagonizada por unha parella improbable: un axente da CIA charlatán, rebelde e sen escrúpulos e un axente do FBI intelixente, experimentado e meticuloso. Na estación da CIA en Nova York, terán que aprender a traballar xuntos e resolver casos que supoñen unha perigosa ameaza. Estrea da serie CIA en Star Channel.

  • Estrea: martes, 7 de abril, ás 22:50 h, en Star Channel (dial 12).
  • Emisión: todos os martes, a partir das 22:50 h, en Star Channel (dial 12).
  • Baixo demanda: en rebobina.

Under Salt Marsh, en SkyShowtime

Under Salt Marsh lévanos á ficticia cidade galesa de Morfa Halen. Alí, a antiga detective convertida en profesora Jackie Ellis descobre o corpo dun estudante que parece que afogou. Nesta nova serie de thriller de SkyShowtime, a protagonista lembra un caso de anos atrás que a levou a unha pelexa co seu antigo compañeiro policía.

  • Baixo demanda: dispoñible dende o 2 de abril en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Chernóbil: En el corazón del desastre, en National Geographic

Chernóbil: En el corazón del desastre en National Geographic

Pasaron 40 anos dende o peor desastre nuclear da historia e, por ese motivo, National Geographic lanza a serie histórica Chernóbil: En el corazón del desastre, que ofrece unha nova perspectiva e conta a historia completa, dende o colapso do reactor ata o encubrimento da KGB, incluíndo a actual guerra en Ucraína.

  • Estrea: sábado 25 e domingo 26 de abril, en National Geographic.
  • Baixo demanda: dispoñible a tempada completa a partir do 19 de abril en rebobina.

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

Tempada ciclista en Eurosport: dial 110

Temporada ciclista en Eurosport

O mellor ciclismo chega a Eurosport este abril. Poderás ver catro das carreiras máis emocionantes do calendario internacional. Tres clásicas e unha carreira por etapas manterante pegado á roda polo vello continente. O Tour de Flandres comeza o 5 de abril, a París-Roubaix ten lugar o 12 de abril, outra clásica, a Liexa-Bastoña-Liexa, chega o 26 de abril e pechamos o mes co Tour de Romandía o 28 de abril.

  • Emisión: durante o mes de abril en Eurosport (dial 110).
  • Baixo demanda: en rebobina.

Phineas y Ferb, en Disney Channel: dial 9

Phineas y Ferb en Disney Channel

As tolas e enxeñosas aventuras dos irmáns Phineas e Ferb volven a Disney Channel con novos inventos, historias de verán e os intentos de Candace de desenmascaralos. Mentres tanto, o axente secreto máis silencioso do mundo, Perry o ornitorrinco, continúa a súa dobre vida intentando salvar o mundo do Dr. Doofenshmirtz. Disney Channel é a nosa canle convidada este mes de abril.

  • Estrea: mércores, 1 de abril, en Disney Channel (dial 9).
  • Baixo demanda: en rebobina.

Fútbol en R

Fútbol en R abril 2026

Se gozas do novo paquete de fútbol de DAZN en R, podes ver os mellores partidos de LALIGA EA SPORTS. E, coa opción Total TV, terás LALIGA HYPERMOTION.

Estos son los enfrentamientos que no puedes perderte en abril:

  • FC Barcelona – Espanyol. Sábado, 11 de abril, ás 18.30 h
  • Huesca – Deportivo. Domingo, 12 de abril, ás 16:15 h
  • Celta – Oviedo. Domingo, 12 de abril, ás 18:30 h

Destacados en Netflix, Prime Video e HBO Max

Clanes - T2, en Netflix

Chega a segunda tempada de Clanes a Netflix. Pasaron tres anos e as vidas de Ana e Daniel deron un xiro significativo. Malia os seus esforzos por deixar atrás o pasado, atópanse de novo enredados no mundo do narcotráfico, esta vez en bandos opostos. Mentres Daniel acepta ir ao mar por última vez para axudar ao seu pai, Ana regresa a Galicia e traballa cun clan rival.

  • Estrea: xoves, 2 de abril, en Netflix.

The Boys - T5, en Prime Video

Probablemente xa o pensaches moitas veces, pero agora por fin podes descubrir como rematará a guerra entre Billy Butcher e Homelander. A quinta e última tempada da exitosa serie de superheroes The Boys estréase este abril en Prime Video.

  • Estrea: mércores, 8 de abril, en Prime Video.

Euphoria - T3, en HBO Max

A terceira tempada de Euphoria comeza cinco anos despois do final da tempada anterior. Vemos a Rue intentando axustar vellas contas, Cassie e Nate afondando a súa relación e Jules, Maddy e Lexi emprendendo novas carreiras profesionais.

  • Estrea: luns, 13 de abril, en HBO Max.

Todas estas estreas de abril de 2026 e moito máis contido agárdante na televisión que podes gozar a través de R.