Vas facer o Camiño de Santiago por primeira vez? Pois le atentamente este post onde che damos unha chea de consellos para facer o Camiño de Santiago, a pé ou en bicicleta, sobre as rutas, a mochila, onde durmir e moito máis. Deste xeito, intentamos resolver todas as dúbidas que che poden xurdir antes de emprender a túa aventura. Toma boa nota destas recomendacións e indispensables para o Camiño e goza desta experiencia única na vida.

Cal é a distancia mínima do Camiño de Santiago?

Para completar o Camiño de Santiago e conseguir a Compostela, debes percorrer, polo menos, estas distancias:

  • Se fas o Camiño de Santiago a pé ou dacabalo: 100 quilómetros.
  • Se fas o Camiño de Santiago en bicicleta: 200 quilómetros.

Debes ter isto en conta á hora de elixir que ruta vas facer e de cantos días dispós para levala a cabo. Tamén influirá se es máis de costa ou prefires camiñar por interior, e se vas facer o Camiño de Santiago do tirón ou en períodos alternos.

Porque hai varias maneiras de facer o Camiño:

  1. A primeira é facer o Camiño todo seguido, dividido en tramos diarios.
  2. Outra é facelo en diferentes épocas, por exemplo, facelo só durante as fins de semana. É dicir, percorres un par de etapas unha fin de semana e retomas o Camiño onde o deixaches a fin de semana seguinte e así ata completar o percorrido.

Hai quen se organiza con coches escoba de apoio ou contrata unha axencia para que llo organice todo.

Que ruta elixo para facer o Camiño de Santiago?

Elegir ruta hacer el Camino de Santiago

Ten en conta os consellos que acabas de ver no apartado anterior para elixir o Camiño que vas facer.

Ademais, da distancia mínima, hai outras cousas que debes valorar.

O Camiño Francés é o máis famoso e, polo tanto, o que máis afluencia de peregrinos ten.

Hainos menos concorridos, como o Camiño de Inverno, o Camiño Primitivo ou o Camiño Inglés.

Se es máis de costa, a ruta que máis che vai a gustar é o Camiño do Norte, que comeza en Irún.

E se tes poucos días, quizais che interese facer estas rutas que podes completar nunha semana:

  • Camiño Francés dende Sarria: 114 quilómetros en 5 etapas.
  • Camiño Inglés dende Ferrol: 112,4 quilómetros en 5 etapas.
  • Camiño Portugués dende Tui: 118,8 quilómetros en 5 etapas.
  • Camiño Primitivo dende Lugo: 104 quilómetros en 4 etapas.

Son só algunhas posibilidades, pero hai máis, se queres empezar dende Ourense, por exemplo, ou ao terminar o Camiño continuar ata Fisterra.

Cal é a mellor época para facer o Camiño de Santiago?

Mejor época para hacer el Camino de Santiago

Unha vez decidida a ruta e como vas facela, a seguinte recomendación é que elixas cando empezarás o Camiño.

Ten en conta que en Ano Santo sempre hai máis afluencia de peregrinos. O seguinte será en 2027.

Cal é a mellor época do ano para facer o Camiño? Vexamos pros e contras:

  • Verán: son meses de maior afluencia de peregrinos e iso inflúe á hora de atopar praza nos albergues. Aínda que é certo, que a roupa pesa menos e iso alixeira a túa mochila.
  • Inverno: está menos masificado, pero os días son máis curtos e podes atoparte con choiva e frío.
  • Primavera e outono: é a mellor época para facer o Camiño, porque non haberá tantos peregrinos como no verán, nin vas ter que lidar con tanta choiva.

Cantos quilómetros facer en cada etapa do Camiño?

O seguinte consello para facer o Camiño de Santiago é que planifiques cantos quilómetros vas percorrer en cada etapa, para chegar a Santiago nos días que marcaches como meta.

Calquera dos camiños que elixas teñen xa fixadas as etapas que debes facer cada día, pero ao final vai depender tamén da túa forma física, do peso que leves, da localización dos albergues, etc.

Deixámosche por aquí a media de quilómetros que se recomenda facer en cada etapa:

  • Se fas o Camiño de Santiago a pé: ao redor de 25 quilómetros ao día.
  • Si fas o Camiño de Santiago en bicicleta: entre 50 e 60 quilómetros aproximadamente en cada xornada.

Que levar na mochila para facer o Camiño de Santiago?

Mochila Camino de Santiago

Nesta lista de consellos para facer o Camiño de Santiago non poden faltar certas recomendacións para preparar a mochila.

Pensa que vas ter que cargar con ela durante todo o Camiño, así que é mellor que leves o imprescindible para non soportar demasiado peso. Recoméndase non superar o 10% do teu peso e non excederse dos 9 quilos.

Que levar na mochila do Camiño de Santiago?

  • Calcetíns e mudas.
  • Camisetas, pantalón curto e longo.
  • Chaqueta ou forro polar.
  • Poncho impermeable para a choiva.
  • Toalla e chancletas para a ducha.
  • Neceser básico e mini caixa de primeiros auxilios (especialmente para tratar ampolas dos pés).
  • Saco de durmir.
  • Cantimplora, lanterna e navalla multiusos.

Lembra levar sempre unhas botas específicas de sendeirismo en montaña e, se os necesitas, bastóns de sendeirismo.

Onde conseguir a credencial do Camiño de Santiago?

Antes de poñerte a camiñar, debes adquirir a Credencial do Peregrino. É como unha especie de pasaporte onde aparecen os teus datos persoais e os selos que acreditan os lugares do Camiño polos que vas pasando.

Poderás solicitar que che selen a credencial nos albergues, hostais, parroquias, mosteiros, catedrais ou concellos, entre outros lugares.

Na credencial deberán aparecer polo menos dous selos por día coa súa data para que che concedan a Compostela.

A credencial servirache, ademais, para durmir nos albergues do Camiño.

Con todo isto, onde podes conseguir a túa credencial do Camiño de Santiago?

Na Oficina de Acollida ao Peregrino e nas Asociacións autorizadas que podes consultar aquí.

Onde durmir no Camiño de Santiago?

Dormir albergues Camino de Santiago

Elixir onde durmir no Camiño de Santiago vai depender do que queiras gastar. Podes optar por hoteis, hostais, casas rurais… ou elixir aloxamentos máis económicos como os albergues.

Imos darche algúns consellos para facer o Camiño de Santiago no que albergues se refire.

En cada etapa e final de etapa das rutas do Camiño de Santiago atoparás albergues onde durmir.

Hai tres tipos: os albergues de peregrinos que funcionan por donativos, os albergues públicos e os albergues privados.

Albergues públicos do Camiño de Santiago:

A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia conta con 76 albergues e oferta 3.000 prazas. Cousas a ter en conta:

  • non se poden reservar con antelación. A ocupación de prazas faise por orde de chegada e prioridade: teñen preferencia as persoas con limitacións físicas, despois os peregrinos a pé e dacabalo, a continuación, as persoas que fan o Camiño en bicicleta e, finalmente, quen viaxe en coches de apoio.
  • prezo: 10€ por persoa e día.
  • só se pode pasar unha noite.
  • horario: de 13:00 a 22:00 h. As luces apáganse ás 22:30 h. e debes deixar o albergue antes das 8:00 h.
  • servizos: liteiras con roupa de cama refugable, aseos e duchas con auga quente, cociña e lavadoiros.

Albergues privados no Camiño de Santiago:

Son de titularidade privada e si que admiten reserva. O prezo pode ser superior aos albergues públicos.

Canto diñeiro custa facer o Camiño de Santiago por día?

O orzamento diario para facer o Camiño de Santiago vai depender de como o planifiques. Pero pensa que vas ter estes gastos:

  • comidas: se te aloxas nun albergue público podes utilizar a súa cociña, polo que podes preparar a cea e o almorzo. A comida é probable que che coincida de camiño, así que podes elixir os establecementos de hostalería que atopes ou comprar algo nun supermercado e comelo mentres descansas.
  • noites: vai ser máis económico durmir nun albergue público. A rede de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia ten un prezo de 10€ día e persoa.
  • transporte de ida e volta: á hora de calcular o orzamento para facer o Camiño debes engadir tamén o custo do desprazamento ao lugar dende onde vas empezar a ruta e a viaxe de volta a casa dende Santiago.

Tendo isto en conta e outros gastos máis pequenos que poidas ter en cada xornada, poderiamos falar dun orzamento diario para facer o Camiño de Santiago de entre 30€ e 50€, se elixes as opcións máis económicas.

Outro consello para facer o Camiño de Santiago no que a gasto se refire é que utilices unha tarxeta moedeiro prepago, que non está vinculada a ningunha conta corrente.

Como conseguir a Compostela ao chegar a Santiago?

Cómo conseguir la Compostela Camino Santiago
Imaxe: Oficina de Acollida ao Peregrino

Cando terminas o Camiño en Santiago, debes ir á Oficina de Acollida ao Peregrino (Rúa das Carretas, 33) onde lle poñerán o selo final á túa Credencial do Peregrino e onde poderás solicitar de forma gratuíta a Compostela que acredita que fixeches o Camiño de Santiago.

Para que cha dean, debes cumprir estes requisitos:

  • peregrinar por algunha das rutas recoñecidas como oficiais do Camiño de Santiago, polo menos 100 quilómetros a pé ou 200 quilómetros en bicicleta.
  • ter polo menos dous selos por día coa súa data na túa Credencial do Peregrino.
  • realizar o Camiño con sentido cristián.

Cando chegues á Oficina de Acollida ao Peregrino debes facer un rexistro escaneando un código QR e cubrir os datos que che solicita. Recibirás un código que despois che solicitará o persoal da oficina, xunto coa túa credencial. Cando completes ese rexistro, obterás un recibo coa túa quenda para recibir a Compostela.

Esperamos que todos estes consellos para facer o Camiño de Santiago resúltenche útiles e goces desta experiencia única na vida.