O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2024 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia 2024: datas, carteis, entradas…

Planifica a túa axenda de festivais en Galicia 2024 con este calendario de concertos:

Os festivais en Galicia en primavera: abril

FIV de Vilalba

FIV de Vilalba 2024
Imaxe: FIV de Vilalba

O FIV de Vilalba é un clásico da música indie. Conta con zona de acampada e servizo especial de autobús.

  • Cando: 26 - 27 de abril 2024
  • Onde: Vilalba (Lugo), na praza da Constitución
  • Cartel: Iván Ferreiro, Dorian, El columpio asesino, Veintiuno, Niña Polaca, Grande Amore, Mondra, Lontreira, Banda de Música de Vilalba, Serial Killerz, Eme DJ e Señora DJ.
  • Entradas: á venda online

Os festivais de Galicia en maio

Fa Ce La Fest

Fa Ce La Fest 2024
Imaxe: Fa Ce La Fest

Fa Ce La Fest leva a Lugo o mellor da música independente.

  • Cando: 9 - 11 de maio 2024
  • Onde: Lugo, na planicie do Auditorio Gustavo Freire
  • Cartel: Los Enemigos, Josh Rouse, Micah P. Hinson, Florent y Yo, Pablo Und Destruktion Tribu del Trueno, Las Tropigóticas, Alarido, Aiko el grupo, Parade, Auto Sacramental, Beach Avenue, Sunfruits, The Black Wizards, Lisabö e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: á venda aquí

Esmorga Fest

Festival independente de música alternativa en Sarria. O Esmorga Fest conta con zona infantil no espazo A Unión (entrada gratis) con actividades para os peques.

  • Cando: 19 - 20 de maio 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Sarria, na Sala Litmar e na sociedade cultural e recreativa La Unión
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: proximamente á venda

Ourensound Fest

Ourensound Fest 2024
Imagen: Ourensound Fest

Festival de música rock en Bemposta, Ourense. O Ourensound Fest conta con zona de acampada e estacionamento de furgos. Ademais, realiza concertos gratuítos no Xardín Padre Feijóo de Ourense.

  • Cando: 23 - 25 de maio 2024
  • Onde: Bemposta e Xardín Padre Feijóo de Ourense
  • Cartel: Arde Bogotá, Grande Amore, Shego, The Rapants, Sidonie, Tanxugueiras, Shinova, Valira, Ángel Carmona, La Duendeneta e máis grupos por anunciar na súa páxina web
  • Entradas: compra online aquí

O Son do Camiño

O Son do Camiño 2024 cartel
Imaxe: O Son do Camiño

Un dos primeiros festivais de verán de Galicia, O Son do Camiño reúne a miles de festivaleiros cada ano no Monte do Gozo de Santiago.

  • Cando: 30 de maio - 1 de xuño 2024
  • Onde: Santiago de Compostela, no Monte do Gozo
  • Cartel: Green Day, J Balvin, Pet Shop Boys, Thirty Seconds To Mars, Myke Towers, Melendi, Rels B, Tom Odell, Natos y Waor, Love of Lesbian, Wade, Arde Bogotá, Ana Mena, La Oreja de Van Gogh, The Interrupters, Fernandocosta, Mattn, Baiuca, BB Trickz, Hot Milk, Marilia Monzón, Berto, Monoulius DOP, Carlos Ares, Maryland + Escenario electrónico: Trym, Vitalic, Patrick Mason, Tiga, Âme, Henrik Schwarz, Daria Kolosova, Ben Hemsley, Kalte Liebe, Viviana Casanova, Parkineos, Cristina Tosio, Toni Varga, Bárbara Lago, Héctor Llamazares, Richi Risco, Karras Martínez
  • Entradas: á venda aquí

Xuño: festivais en Galicia

Surfing the Lérez Festival

Surfing the Lérez Festival 2024
Imaxe: Surfing the Lérez Festival

Festival gratuíto e benéfico á beira do río Lérez. Surfing the Lérez Festival conta con zona infantil de actividades, foodtrucks e mercado.

  • Cando: 14 - 15 de xuño 2024
  • Onde: Pontevedra, na Illa das esculturas ou Illa do Covo
  • Cartel: Niños Mutantes, The Rapants, Los Marcianos, Juno, Javier Lago, Lady Banana, Gorllitox e máis grupos por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Coruña Sounds

Coruña Sounds 2024: Camilo
Imaxe: Coruña Sounds

Ciclo de grandes concertos que se celebra durante os meses de xuño e xullo. Coruña Sounds é un deses festivais de verán en Galicia que che trae grandes artistas.

  • Cando: xuño - xullo 2024
  • Onde: A Coruña, varios espazos
  • Cartel: Emilia (22 de xuño, Coliseum), Camilo (11 de xullo, Porto da Coruña), Robe (13 de xullo, Porto da Coruña), Luis Miguel (21 de xullo, Porto de A Coruña), Chris Isaak (24 de xullo, Pazo da Ópera)
  • Entradas: entradas xa á venda na web

Resurrection Fest

Resurrection Fest 2024
Imaxe: Resurrection Fest

O festival heavy de Galicia por excelencia, o Resurrection Fest. Metaleiros de todo o mundo reúnense en Viveiro para escoitar ás grandes estrelas internacionais do heavy e do rock. O Resu dispón de zona para durmir no Resucamp, na praia de Area, zonas de acampada libre e mesmo zona Glamping. Ademais, podes casar no seu Reesuland Chapel.

  • Cando: 26 - 29 de xuño 2024
  • Onde: Viveiro (Lugo)
  • Cartel: Avenged Sevenfold, Bring Me The Horizon, Alice Cooper, The Offspring, Machine Head, Sum 41 (final tour), Megadeth, Bad Omens, Bruce Dickinson, Corey Taylor, Babymetal, Electric Callboy, Accept, Aneuma, Ankor, Astray Valley, Balmog, Bellako, Biohazard, Bob Vylan, Bokassa, Bolu2 Death, Comeback Kid, Corrosion of Conformity, Counterparts, Cro-Mags, Crypta, Crystal Lake, Death & Legacy, Death Before Dishonor, Delain, Donuts Hole, Dool, Dream State, Drug Church, Eivør, El Reno Renardo, , Fallen At Dawn, Fear Factory, Finntroll, Frakture, Future Palace, Graveyard, Green Lung, Hanabie., Heretoir, Heriot, Hexis, High On Fire, Ihsahn, Imminence, Ithaca, Jiluka, Judiciary, Khemmis, Knosis, La Excavadora, La Inquisición, Lendakaris Muertos, Lovebites, MØL, Maybeshewill, Me Fritos And The Gimme Cheetos, Nakkeknaekker, Nashville Pussy, Noctem, Perpetual, Pest Control, Proudz, Rise to Fall, Royal Thunder, Slift, Sôber, Sandford Music Factory, Sanguisugabogg, Scowl, Shadow Of Intent, Slaughter To Prevail, Solence, Sons of Aguirre & Scila, Speed, Teksuo, The Black Panthys Party, The Electric Alley, The Lizards, Urne, Winterfylleth, Worst, Zulu.
  • Entradas: xa á venda online

Season Fest

O gran festival de pequeno formato. Así se presenta o Season Fest un ano máis en Gondomar con artistas da escena indie nacional e internacional.

  • Cando: 28 - 30 de xuño 2024
  • Onde: Gondomar, no Parque da Coelleira, Parque das Ánimas e Casa Peralba
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: proximamente á venda

Vive Nigrán

Picnic Pop Festival é o selo do Vive Nigrán, un festival de verán en Galicia que non podes perder en pleno Val Miñor, a poucos metros da praia América. Música indie xunto ao mar.

  • Cando: 30 xuño - 1 de xullo 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Nigrán, no campo de fútbol Lourido
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: proximamente á venda

Rock in Río Tea

Festival gratuíto de rock de Ponteareas. Ademais dos grandes concertos do verán, celebra durante todo o ano o concurso de bandas Rock in Río Tea e o Rock na Rúa, con actuacións ao aire libre por toda a cidade.

  • Cando: 30 xuño - 1 de xullo 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Ponteareas, no Parque da Feira Vella
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Festivais en Galicia en verán: xullo

O Gozo Festival

O Gozo Festival 2024
Imaxe: O Gozo Festival

O Gozo Festival leva a diferentes cidades galegas aos artistas internacionais máis recoñecidos durante todo o ano. É un dos festivais de Galicia máis esperados.

  • Cando: xullo 2024
  • Dónde: Monte do Gozo de Santiago e Auditorio Mar de Vigo
  • Cartel: Ed Sheeran, Bomba Estéreo, Milky Chance e Fillas de Cassandra (6 xullo, Monte do Gozo de Santiago), Loreena Mckennitt (10 xullo, Auditorio Mar de Vigo), BBF - Armin Van Buuren, Claptone, Fedde Le Grand, Hardwell, Korolova, Marshmello, Timmy Trumpet, Brian Cross b2b DJ Nano y más (13 xullo, Monte do Gozo de Santiago) e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entrada: xa á venda online

Festival PortAmérica

Festival PortAmérica 2024
Imaxe: PortAmérica

Música independente, gastronomía de importantes cociñeiros, mercado, zona de acampada e de furgos... Así é o PortAmérica, festival en Galicia de verán imprescindible.

  • Cando: 4 - 6 de xullo 2024
  • Onde: Caldas de Reis (Pontevedra), no recinto da Azucareira de Portas
  • Cartel: Vetusta Morla, Xoel López, Carlos Sadness, Toquinho, Babasonicos, Standstill, Guadi Galego, Mondra, Galician Army, Aitana, Milo J, Luz Casal, Shinova, León Benavente, Caloncho, The Rapants, Marilia Monzón, Besmaya, Sarria, Juanes, Arde Bogotá, Lila Downs, Ilegales, Rodrigo Cuevas, El columpio asesino, Burning, Sonido Gallo Negro e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda online

Atlantic Pride

Atlantic Pride 2024
Imaxe: Atlantic Pride

O Atlantic Pride é o festival de cultura LGTBI+ da Coruña con concertos gratis por toda a cidade.

  • Cando: 7 - 14 de xullo 2024
  • Onde: A Coruña, na Fundación Luis Seoane, Praza de Pontevedra, Xardíns de Méndez Núñez
  • Cartel: Nebulossa, Chanel, Rosa López, Las Ketchup, Lucía Pérez, Mondra, Supremme de Luxe, Luna Ki, Sila Lua, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira, Amoebo e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Varadero Fest

Música urbana ao aire libre e con entrada gratis. Esa é a proposta do Varadero Fest de Moaña.

  • Cando: 6 - 8 de xullo 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Moaña (Pontevedra), no Parque de San Bartolomeu
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Alén Metal Fest

Festival gratuíto en Galicia que se celebra en Vilagarcía de Arousa no mes de xullo.

  • Cando: 6 de xullo 2024
  • Onde: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), no Parque da Xunqueira
  • Cartel: Onslaught, Raze, Brutal, Okkultist, Savaged e máis grupos por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Festival de Ortigueira

Festival de Ortigueira 2024
Imaxe: Festival de Ortigueira

O festival de música celta máis importante é un clásico do mes de xullo. Concertos, exposicións, talleres, desfiles... nun enclave único. O Festival de Ortigueira está declarado Festa de interese turístico. Poderás deixar o coche en varios aparcadoiros e acampar gratis na zona habilitada na praia de Morouzos.

  • Cando: 11 – 14 xullo de 2024
  • Onde: Ortigueira (A Coruña)
  • Cartel: Fillas de Cassandra, Green Lads, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Ailá, Aroze, BackWest, Bagad Brieg, Capercaillie, Cúig, Dervish, Kinnaris Quintet, Muro Kvartet, Nogood Boyo, Escola de Gaitas de Ortigueira e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Wake Up & Dream Festival

Música techno para outro dos festivais en Galicia 2024 que se celebra no Parque de Bens da Coruña. Wake Up & Dream Festival conta con dous escenarios para que os amantes da música electrónica gocen dos mellores DJ durante tres días de festival.

  • Cando: 11 - 13 de xullo 2024
  • Onde: A Coruña, no Parque de Bens
  • Cartel: Gordo, I Hate Models, FJAAK, Lee Ann Roberts, Regal, Nina Kraviz, Paco Osuna, Elli Acula, Héctor Oaks, Marron, Parfait, Chelina Manuhutu e Fatima Hajji.
  • Entradas: xa á venda online

Afluente Festival

Afluente Festival 2024
Imaxe: Afluente Festival

Nova cita musical que se suma á lista de festivais en Galicia 2024. Nace o Afluente Festival 2024 en Ponteareas, unha proposta que combina música e gastronomía na contorna da praia fluvial da Freixa. Conta con zona de acampada.

  • Cando: 12 - 13 xullo de 2024
  • Onde: Ponteareas, no Campo Municipal de Pardellas
  • Cartel: Grande Amore, Mondra, Baiuca, Boikot, Carlangas y los cubatas, Depresión Sonora, Cala Vento, Shego, _Juno, Tremenda Jauría, Pipiolas, Galician Army, Keixa e La Duendeneta.
  • Entradas: xa á venda online

Festival das Carrilanas de Esteiro

Festival de música gratis que se celebra dentro do programa das Carrilanas de Esteiro, en Muros.

  • Cando: 14 - 16 de xullo 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Esteiro, Muros (A Coruña), en Ribeira de Maio
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Atlantic Fest

Atlantic Fest 2024
Imaxe: Atlantic Fest

Clásico festival do verán en Galicia, o Atlantic Fest é moito máis que música, nos seus tres escenarios, dous na praia A Concha e outro na praza de Galicia. Ofrece gastronomía, actividades para os peques, zona de acampada e autobuses lanzadeira gratis dende varios puntos.

  • Cando: 19 - 21 de xullo 2024
  • Onde: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), na praia A Concha
  • Cartel: Los Planetas "30 aniversario", Crystal Fighters, Mika, Sílvia Pérez Cruz, Andrés Suárez, Sidonie, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Elefantes, Cariño, Luis Fercán, The Parrots, Gazella, Rocío Saiz e máis grupos por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: á venda online

Festival Aturuxo

Festival Aturuxo 2024
Imaxe: Festival Aturuxo

Festival de música galega en Bravos, Ourol. Concertos, feira artesá, xogos para todas as idades, comida, zona de acampada e moito máis no Festival Aturuxo.

  • Cando: 19 - 20 de xullo 2024
  • Onde: Ourol (Lugo), en Chao de Bravos
  • Cartel: Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom, A Pedreira e máis grupos por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Castelo Rock

Castelo Rock 2024
Imaxe: Castelo Rock

A asociación Praia do Castelo organiza este festival de rock en Muros. En Castelo Rock hai actividades para os máis pequenos, que non pagan entrada (menores de 12 anos acompañados dun adulto), e zona de acampada gratis no Pozo do Cachón.

  • Cando: 26 - 27 de xullo 2024
  • Onde: Muros (A Coruña)
  • Cartel: The Baboon Show, The Last Internationale, The Mysterines, Misconduct, Segismundo Toxicómano, Koma, Catalina Grande Piñón Pequeño, Trapos Sucios, Terbutalina, Archivo adxunto, Orfeón Rock Style, Agoraphobia, A pelo, Festicultores, Tecor Terciario e La Duendeneta
  • Entradas: á venda aquí

Sinsal SON Estrella Galicia 2024

Festival Sinsal 2024
Imaxe: Festival Sinsal

O festival de Galicia en verán máis singular. Celébrase na illa de San Simón, na ría de Vigo, e os accesos son en barco. O cartel é secreto e ademais de concertos, o festival Sinsal realiza actividades culturais e conta con varios espazos gastronómicos para comer.

  • Cando: 26 - 28 de xullo 2024
  • Onde: Redondela (Pontevedra), na Illa de San Simón
  • Cartel: secreto
  • Entradas: proximamente á venda

Vendaval Fest

Vendaval Fest 2024
Imaxe: Vendaval Fest

Festival na Mariña lucense con foodtrucks, zona de acampada gratuíta e espazo para furgos e caravanas xunto á estación de autobuses.

  • Cando: 26 - 27 de xullo 2024
  • Onde: Ribadeo (Lugo), no aparcadoiro ao lado do instituto
  • Cartel: La Fuga, O'Funkillo, Dixebra, Familia Caamagno, Corazones Eléctricos, Baja California, Os John Deeres, Remakers Rock & Roll, Superfuzz, The Nineties Rock the Machine
  • Entradas: á venda online aquí

Morriña Fest

Morriña Fest 2024
Imagen: Morriña Fest

Unha das citas musicais do verán na Coruña, o Morriña Fest consolidouse como un festival en Galicia de referencia, que reúne a miles de persoas cada ano para ver aos artistas nacionais e internacionais do momento.

  • Cando: 26 - 27 de xullo 2024
  • Onde: A Coruña, no Porto
  • Cartel: Louis Tomlinson, Aitana, Yandel, Nicki Nicole, Íñigo Quintero, Dani Fernández, Sen Senra, La La Love You, Dorian, Marlena, Mälmo 040, Dollar Selmouni, Yeico x Toni, Enol, Garabatto, Trashi e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: á venda online aquí

Kanekas Metal Fest

A Asociación Cultural Morrázica organiza este festival de metal con entrada gratis en Cangas do Morrazo.

  • Cando: 26 - 27 de xullo 2024
  • Onde: Cangas do Morrazo (Pontevedra), na Explanada de Ojea
  • Cartel: Cryptopsy, Cancer, Ruinas, Holycide, Infrahumano, Unathousänd, Primordial, Hippotraktor, Marthyrium, Neila, Ánteros e Wisdom
  • Entradas: gratis

17º Ribeira Sacra Festival

17º Ribeira Sacra Festival
Imaxe: 17º Ribeira Sacra Festival

O 17º Ribeira Sacra Festival proponche unha experiencia única vinculada ao territorio, con escenarios únicos como o miradoiro de Santiorxo ou concertos nun catamarán.

  • Cando: 26 - 28 de xullo 2024
  • Dónde: Ribeira Sacra, varios espazos
  • Cartel: Carlangas y Los Cubatas, Say Yes Dog, Glassio, The Parrots, Mondra, Faneka, Doctor Explosión e máis grupos por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda

Ether - An Electronic Odyssey

Ether-An Electronic Odyssey é un festival de música electrónica en Galicia que se celebra en verán en Viveiro.

  • Cado: 28 - 29 de xullo 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Viveiro (Lugo), no parque do Pazo da Misericordia
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Festival Costa Feira

Sanxenxo únese aos festivais de verán en Galicia cun ciclo de concertos entre xullo e agosto no Polígono Industrial de Nantes. Música, foodtrucks, zona de recreo e aparcadoiro.

  • Cando: 25 xullo - 25 agosto 2024
  • Onde: Sanxenxo (Pontevedra), no Polígono Industrial de Nantes
  • Cartel: Andrés Calamaro (25 de xullo), Mëstiza (2 de agosto), Hombres G + Pavlenha (3 de agosto), Juan Magán (5 de agosto), Funzo & Baby Loud + Hens + Ters (7 de agosto), Iván Ferreiro + Marwán (8 de agosto), Los Secretos (9 de agosto), Marlon+84 (10 de agosto), Loquillo (15 de agosto), Taburete (21 de agosto), Coque Malla e Sidecars (22 de agosto), Natos y Waor (24 de agosto) e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda online

Festivais en Galicia en verán: agosto

Reggaeton Beach Festival

Reggaeton Beach Festival 2024
Imaxe: Reggaeton Beach Festival

Os amantes do ‘perreo’ teñen unha cita imprescindible neste festival de reguetón en Galicia. Ademais de música, terás actividades acuáticas, gastronomía, atraccións e máis sorpresas.

  • Cando: 3 - 4 de agosto 2024
  • Onde: Nigrán (Pontevedra), no Porto do Molle
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda aquí

SonRías Baixas

SonRías Baixas 2024
Imaxe: SonRías Baixas

A mellor ubicación para un festival de verán en Galicia, as Rías Baixas. O SonRías Baixas é un dos festivais máis lonxevos e conta con acampada gratis coa compra do abono para os tres días do festival e servizo de comida e bebida.

  • Cando: 1 - 3 de agosto 2024
  • Onde: Bueu (Pontevedra), no Recinto Multiusos da Estacada
  • Cartel: Tanxugueiras, La Oreja de Van Gogh, Rozalén, Rayden, La La Love You, Ginebras, Álvaro de Luna, Chef’Special, Anabel Lee, Cool Nenas, Emlan, Fillas de Cassandra, Gilipojazz, Ines Hernand, La Élite, Mondra, Morochos, Mr.Kilombo, Muerdo, Sabela, Sexy Zebras, The Rapants, Travis Birds
  • Entradas: á venda aquí

Festival de Pardiñas

A asociación cultural Os Xermolos organiza dende 1980 este festival da cultura galega. Pardiñas é música, cantos de taberna, artesanía, exposición de instrumentos tradicionais, talleres... e conta con zona de acampada gratis.

  • Cando: 4 - 6 de agosto 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Pardiñas, Guitiriz (Lugo), no recinto do balneario de Pardiñas
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Noroeste Estrella Galicia

Cinco días de concertos nun festival que se expande por varios puntos da Coruña e que ten como escenario principal a praia de Riazor. O Festival Noroeste Estrella Galicia é un dos pratos fortes das festas da Coruña.

  • Cando: 7 - 10 de agosto 2024
  • Onde: A Coruña, na Praia de Riazor, Peirao de Batería, Praza de Azcárraga, Parque de Santa Margarida, Campo da Leña, Castelo de Santo Antón, Cormelana Sellier, Fundación Luis Seoane, Teatro Colón
  • Cartel: Xoel López, Vetusta Morla e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

O Marisquiño

Un dos festivais de cultura urbana e deporte máis importantes de Europa. O Marisquiño permíteche gozar ao aire libre de concertos, gastronomía, competicións e exhibicións de skate, BMX, break dance, graffiti, batalla de galos e moito máis, na contorna do Porto Marítimo de Vigo e praia de Samil.

  • Cando: 10 - 13 de agosto 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Vigo, no Porto Marítimo de Vigo e praia de Samil
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Vrao en Foz

O Vrao Sons Independentes leva a Foz a mellor música galega do momento.

  • Cando: 12 de agosto 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Foz (Lugo), na Praza Conde de Fontao
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Nachiños Fest

A mellor música indie dáse cita en Ferrol en setembro no marco incomparable das praias de Covas. Nachiños Fest conta con zona de acampada e servizo de buses especial dende Ferrol.

  • Cando: 16 - 17 de agosto 2024
  • Onde: As Cabazas, Covas (Ferrol), no Campo das Cabazas
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda aquí

Río Verbena Fest

Río Verbena Fest 2024
Imaxe: Río Verbena Fest

Música urbana e grupos indies danse cita no Río Verbena Fest, un festival de verán en Galicia á beira do río Lérez. Podes comer nos foodtrucks do recinto.

  • Cando: 23 - 24 de agosto 2024
  • Onde: Pontevedra, na planicie exterior do Recinto Ferial
  • Cartel: Amaral, Baiuca, Lory Meyers, Los Zigarros, Sarria, Siloé, Vicco, Viva Suecia e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: á venda online

Festival de la Luz

Festival de la Luz 2024
Imaxe: Festival de la Luz

O Festival de la Luz é unha iniciativa da cantante Luz Casal na súa casa natal, en Boimorto. Ademais de concertos, neste festival de verán en Galicia podes gozar de mercado, artesanía, exposicións, gastronomía, zona infantil e zona de acampada.

The Wild Fest

The Wild Fest 2024
Imaxe: The Wild Fest

Festival na natureza organizado pola asociación The Wild no Parque Forestal San Miguel de Oia, a 10 quilómetros do centro de Vigo. Música, cine, artesanía... The Wild Fest conta con zona de acampada e espazo para furgos e autocaravanas.

  • Cando: 30 de agosto - 1 de setembro 2024
  • Onde: Oia (Pontevedra), no Parque Forestal San Miguel de Oia
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: proximamente á venda. O venres e o domingo son gratis

Festivais en Galicia en setembro

Ameixa Rock

Festival de rock gratuíto en Carril. Ademais de música, podes facer visitas guiadas á illa de Cortegada, con reserva previa.

  • Cando: 2 - 3 de setembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), na Praza da Liberdade
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Festival Intercéltico O Son do Pazo

Festival intercéltico, música, artesanía, gastronomía, espectáculos infantís e ata olimpíadas rurais é o que propón o Festival Intercéltico O Son do Pazo, en Mos.

  • Cando: 2 - 3 de setembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Mos (Pontevedra), na contorna do Pazo de Mos
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Xara Fest

Festival de música underground en Ribadeo.

  • Cando: 2 de setembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Ribadeo (Lugo), na Praza do Cantón
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Recorda Fest

Recorda Fest
Imagen: Recorda Fest

O mellor do indie e do pop danse cita neste festival de verán en Galicia no Peirao de Batería da Coruña.

  • Cando: 6 - 7 de setembro 2024
  • Onde: A Coruña, no Peirao de Batería
  • Cartel: Amaral, Álvaro de Luna, Fran Perea, Sidonie, Sidecars, Marlon, Morochos, Rulo y La Contrabanda e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda online

Osa do Mar

Osa do Mar 2024
Imaxe: Festival Osa do Mar

A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza este festival que se celebra en Burela, con concertos de pago e actividades gratis, como os Cantiños para os peques ou os concertos no barco museo.

  • Cando: 6 - 8 de setembro 2024
  • Dónde: Burela (Lugo), no recinto da Praza do Concello
  • Cartel: Tanxugueiras, Mondra, The Rapants, Cala Vento, Futuro Alcalde, Jordana B. e máis artistas por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: á venda online

Revenidas

Revenidas 2024
Imaxe: Festival Revenidas

Música, cultura e gastronomía danse cita no Festival Revenidas de Vilaxoán. O programa inclúe propostas tan orixinais como unha camiñada con música, os concertos a bordo pola ría de Arousa ou a tradicional sardiñada gratuíta no parque de dona Concha con animación. É que este festival en Galicia combina concertos de pago con actuacións e actividades gratis.

  • Cando: 12 - 15 de setembro 2024
  • Onde: Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), no porto de Vilaxoán
  • Cartel: Tanxugueiras, La Pegatina, Dubioza Kolektiv, Fillas de Cassandra, Narco, Talco, Balkan Paradise Orchestra, Lontreira, Loita Amada, Serial Killerz, ETS (En Tol Sarmiento) e máis grupos por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda online

Cantareira Fest

Música galega, gastronomía, artesanía, coloquios e zona de acampada.

  • Cando: 15 - 16 de setembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Canteira de Paredes, Vilaboa (Pontevedra)
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: proximamente á venda

Underfest SON Estrella Galicia

Festival urbano en Vigo con concertos repartidos en varios puntos da cidade e estilos moi diferentes, que converteron ao Underfest Son Estrella Galicia nun referente dos festivais en Galicia no outono.

  • Cando: 13 e 20 de setembro 2024
  • Onde: Vigo, no Museo Marco, sala Kominsky, sala Radar, sala Masterclub, sala Mogambo
  • Cartel: Gigolo Aunts e máis grupos por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: xa á venda aquí

Caudal Fest

Caudal Fest 2024
Imaxe: Caudal Fest

Festival en Galicia imprescindible, o Caudal Fest é a última gran festa do verán. Músicos nacionais e internacionais danse cita no Xardín do pazo de Feiras e Congresos de Lugo, que conta con zona de descanso para durmir dentro do recinto e postos de comida.

  • Cando: 20 - 21 de setembro 2024
  • Onde: Lugo, no Xardín do pazo de Feiras e Congresos
  • Cartel: Amaral, Mikel Izal, Viva Suecia, Arde Bogotá, Ginebras, Nil Moliner, Carlos Sadness, Varry Brava, Ladilla Rusa, Siloé, Tu otra bonita, Parkineos, Huecco, Karavana, Ana Lua Caiano, Querido, Ramon Mirabet, Xina Mora, Monoulious Dop, Dani Dicosta
  • Entradas: ya a la venta aquí

Festivais en Galicia en outubro

Our Fest

Our Fest é o festival para dar a benvida ao outono en Ourense.

  • Cando: 21 de outubro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Ourense, recinto Expourense
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: proximamente á venda

Novembro: festivais en Galicia

Castañazo Rock

Castañazo Rock 2024 Imagen: Castañazo Rock

A Asociación Cultural O Castañazo, en Chantada (Lugo), organiza o Castañazo Rock, o festival de outono en Galicia de música rock.

  • Cando: 1 - 2 de novembro 2024
  • Onde: Chantada (Lugo), no recinto cuberto do Mercado gandeiro
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: proximamente á venda. A acampada é gratuíta ata completar aforo

BreaSon

BreaSon é o festival cultural organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo.

  • Cando: 3 - 4 novembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Mondoñedo (Lugo), na praza da Catedral
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web
  • Entradas: gratis

Festival de Jazz de Lugo

Festival de Jazz de Lugo organizado pola Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz.

  • Cando: 3 - 19 de novembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Dónde: Lugo, no Círculo das Artes, Club Clavicémbalo, Casa do Saber USC
  • Cartel: por anunciar na súa páxina web
  • Entradas: próximamente á venda

Outono Códax Festival

Co Outono Códax Festival, a música negra chega a varias salas de Santiago.

  • Cando: 3 - 25 de novembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Santiago de Compostela, na Sala Capitol, Riquela Club
  • Cartel: por anunciar na súa web
  • Entradas: próximamente á venda

Ghallaecia Metalfest

Ghallaecia Metalfest, festival de metal de bandas da antiga Gallaecia.

  • Cando: 25 de novembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: Mos (Pontevedra), Sala Rebullón
  • Cartel: por confirmar na súa páxina web

Festivais en Galicia en decembro

Fanzine Fest

O festival de música electrónica Fanzine Fest percorre varias salas da Coruña coa súa proposta sonora e visual: concertos, proxeccións inmersivas, vídeocreación, coloquios…

  • Cando: 4 - 9 de decembro 2023 (data 2024 por confirmar)
  • Onde: A Coruña: Planetario da Casa das Ciencias, Auditorio da Domus, Castelo de Santo Antón, Igrexa das Capuchinas, Fundación Luis Seoane, Sala O Túnel do Coliseum.
  • Cartel: por anunciar na súa páxina web
  • Entradas: próximamente á venda

Festivais que xa tiveron lugar este 2024

Marzo: festivais en Galicia

Festival Queixo de Arzúa

Festival Queixo de Arzúa
Imaxe: Festa Queixo de Arzúa

Festival de música que se celebra durante a Festa do Queixo de Arzúa.

  • Cando: 1 - 3 de marzo 2024
  • Onde: campo da feira de Arzúa
  • Cartel: Arde Bogotá, Grande Amore, La Plazuela, Guadi Galego, Fillas de Cassandra, De Vacas
  • Entrada: gratis

A Candeloria

A Candeloria 2024
Imaxe: A Candeloria

A Candeloria é o festival lucense de rock.

  • Cando: 2 de marzo 2024
  • Onde: Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos
  • Cartel completo: Soziedad Alkoholika, Los Chikos del Maíz, Talco, Mafalda, Arrhythmia, Tribade, Me Fritos and The Gimme Cheetos e La Duendeneta.
  • Entradas: compra online aquí

Quedámonos sen alento, como ti cando termine a xira de festivais en Galicia 2024. Xa ves que hai unha chea para elixir durante todo o ano, festivais de verán en Galicia 2024, concertos no outono… E contarémoscho todo aquí.