A tele cambiou e R sábeo! No seu día xa demos un salto a nivel de experiencia con rebobina e agora imos dar un salto de calidade. Hoxe a tele é moito máis que ver programas. Podes elixir que ver e cando, xogar a videoxogos, escoitar música, usar miles de apps... e claro, as túas series e pelis favoritas! Por iso, acabamos de lanzar o servizo R Infinity HomeBox.
É un servizo deluxe para os que queren a mellor experiencia de imaxe e son.
E que fai que este deco R Infinity HomeBox sexa tan top? Imos ver algunhas das súas características!
O mellor son

Grazas ao seu Audio by Bang & Olufsen e ao son envolvente Dolby Atmos, é como estar no cine. Serás parte da acción, poderás apreciar ao detalle o sonido dunha tormenta ou como despega un avión. Todo moito máis real que cunha tele normal grazas ao seu sonido puro integrado!
A mellor calidade de imaxe
Outra mellora deste desco tan brutal é que vén con Dolby Vision, HDR10+ e Ultra 4K. Pódese superar iso? A mellor tecnoloxía e os desenvolvedores máis cracks uníronse para que teñas cores máis vivas, o brillo ideal, o mellor contraste e unha nitidez impresionante.
En resumo, a mellor experiencia cunha imaxe superior.
A mellor conexión
Dámosche un desco con wifi 6 para que lle saques todo o partido ao noso router e á túa fibra, con máis velocidade e menos lag ou retardo.
Ademais, podes conectar o desco Infinity HomeBox de R a outros equipos por bluetooth e usalo como barra de son. Unha pasada!
Entretemento e moito máis
Este equipo é un Android TV, así que tes acceso ás túas apps de streaming favoritas (Netflix, HBO Max, Disney+, DAZN, Amazon Prime Video, Youtube…), e tamén podes baixar videoxogos ou desfrutar da túa música. E se es un comodón, o Asistente de Google poncho fácil! Só di "Hey, Google" e pídelle o que queiras ver.
Altofalantes inmersivos

Queres máis? Perfecto! Tamén lanzamos uns altofalantes inmersivos para que o son do noso desco premium sexa aínda mellor.
Son ideais para poñer en calquera parte do salón e flipar co son envolvente.
Canto custa o servizo R Infinity HomeBox?
Como che diciamos, é un equipo de gama alta, así que o incluímos nos paquetes máis completos de fibra, móbil e tele.
Para o resto de combos, o prezo é de 5€/mes (IVE incl.).
Pola súa banda, os altofalantes inmersivos saen por 3€/mes durante 48 meses. Despois son teus para sempre!
Se tes algunha dúbida, só tes que chamarnos! Se es cliente contacta connosco no 1449 e se aínda non o es, no 1445.