En xuño comeza o verán, as vacacións están a piques de chegar e teremos máis tempo libre para gozar de todas as series e películas que queiramos. Este mes hai moitas estreas na televisión que che ofrecemos en R. En SkyShowtime destaca Matices, a nova serie protagonizada, entre outros, por Elsa Pataky e Maxi Iglesias; Sonic 3: La película, para toda a familia; e a gran gañadora da última gala dos Oscar, Anora. E non podes perderte baixo ningún concepto The Fear index, en Star Channel, e Erica en Warner TV.

Se na casa tes a opción Total TV na túa tele, Odisea estrea a serie documental Ingeniería del mañana. E para os máis peques, Nickelodeon, que é a canle invitada en xuño, emite os Kids choice awards 2025.

As plataformas de streaming teñen tamén grandes estreas en xuño: Netflix tráenos a serie Olympo, en Max destaca a película Mickey 17 e Disney+, que xa sabes que podes contratar directamente con R, por fin estrea The Bear – T4, a súa derradeira tempada.

Contámosche todos estes destacados de xuño, así que toma nota:

Matices, en SkyShowtime

Elsa Pataky, Maxi Iglesias, Juana Acosta, Luis Tosar, Hovik Keucherian, Enrique Arce, Eusebio Poncela, Raúl Prieto, Fariba Sheikhan e Miriam Giovanellique protagonizan Matices, a nova serie de SkyShowtime.

Matices conta a historia de seis pacientes que se poñen ao coidado dun recoñecido psiquiatra nunha adega illada. Despois da cata cerimonial, ocorre un evento fatídico que un tenente da Garda Civil debe investigar, descubrindo finalmente a verdade que se agocha tras os traumas dos pacientes que están a ser tratados. Non perdas esta estrea en SkyShowtime.

  • Estrea: dispoñible dende o xoves 5 de xuño, en SkyShowtime.
  • Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Sonic 3: La película, en SkyShowtime

En Sonic 3: La película a Equipa Sonic terá que formar unha alianza insólita coa esperanza de deter a Shadow, un vilán con poderes nunca antes vistos, e protexer o planeta. Unha película exclusiva de SkyShowtime para toda a familia.

  • Estrea: dispoñible dende o mércores 11 de xuño, en SkyShowtime.
  • Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Anora, en SkyShowtime

A gran triunfadora dos Oscar deste ano, con cinco premios (Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Actriz, Mellor Guion Orixinal e Mellor Montaxe), chega a SkyShowtime. En xuño, poderás ver Anora, un filme que conta a historia dunha traballadora sexual de Brooklyn que coñece ao fillo dun oligarca e casan. Cando a súa familia o descobre, viaxan a Nova York para anular o matrimonio.

  • Estrea: dispoñible dende o xoves 19 de xuño, en SkyShowtime.
  • Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

The Fear index, en Star Channel

The Fear index en Star Channel

Star Channel estrea un dos thrillers da tempada, a serie The Fear index, baseada na novela de Robert Harris. Ambientada no mundo das altas finanzas en Xenebra, a serie preséntanos a un brillante físico convertido en xestor de fondos, cuxo revolucionario algoritmo comeza a comportarse de forma estraña, o que desencadea unha conspiración con matices tecnolóxicos e psicolóxicos.

  • Estrea: martes, 17 de xuño, ás 22:00 h, en Star Channel (dial 12).
  • Emisión: todos os martes ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Erica, en Warner TV

Erica en Warner TV

Warner TV estrea Erica, a serie de televisión inspirada nos libros da escritora sueca Camilla Läckberg, unha superventas de novela negra coa serie de Los crímenes de Fjällbacka. Erica sitúanos nunha pequena vila pesqueira á que regresa a exitosa autora de novela negra Erica Faure. O descubrimento do corpo dunha vella amiga lévaa a investigar o incidente, acompañada polo capitán de policía Patrick Saab.

  • Estrea: luns, 9 de xuño, ás 22:00 h, en Warner TV (dial 14).
  • Emisión: todos os luns ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

Ingeniería del mañana, en Odisea

Ingeniería del mañana en Odisea

Unha revolución tecnolóxica global está en marcha, destinada a remodelar o mundo tal e como o coñecemos. Odisea descúbrenos os inventos revolucionarios que transformarán as nosas vidas e que xa están a ser desenvolvidos por inventores e visionarios, algúns en Galicia, Barcelona ou Cádiz. A través de Ingeniería del mañana, coñeceremos a empresa galega Magallanes Renovables, líder en enerxía mareomotriz, e X1 Wind, que traballa no eido da enerxía eólica mariña. Esta é a serie documental que Odisea estreará en xuño.

  • Estrea: mércores, 11 de xuño, ás 23:00 h, en Odisea (dial 74).
  • Emisión: todos os mércores, ás 23:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Kids choice awards 2025, en Nickelodeon

Kids choice awards 2025 en Nickelodeon

Xuño é un mes importante para os espectadores de Nickelodeon, xa que se entregan todos os anos os Nickelodeon Kids’ Choice Awards 2025. Que estrelas do cine, da televisión, da música, da cultura pop,d a animación e de Internet levarán para casa os cobizados premios? A rapazada escolle os seus favoritos este ano e podes velos en exclusiva en Nickelodeon, que é a canle invitada en xuño no dial 11.

  • Estrea: mércores, 25 de xuño, ás 17:30 h, en Nickelodeon (dial 91)
  • Repetición: xoves, 26 de xuño, ás 10:00 h, e sábado, 28 de xuño, ás 12:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Destacados en Netflix, Disney+ y Max

Olympo, en Netflix

En xuño, chega a Netflix a súa nova serie, Olympo, unha mestura de tensión, segredos e lealdades postas a proba en cada episodio. Despois de que unha nadadora se desmaie, Amaia investiga os límites da ambición atlética dos seus compañeiros de traballo nun centro deportivo de alto rendemento.

  • Estrea: venres, 20 de xuño, en Netflix.

The Bear - T4, en Disney+

A serie máis agardada de Disney+ chega ao seu fin en xuño coa súa cuarta tempada. A serie gañadora dun Emmy, The Bear, estrea a súa última tempada na que Carmy e a súa equipa queren levar o restaurante ao seguinte nivel, polo que terán que enfrontarse a novos desafíos e decidir ao que paga a pena aferrarse. Non perdas a estrea de The Bear - T4.

Lembra que podes contratar directamente a plataforma Disney+ con R.

  • Estrea: xoves, 26 de xuño, en Disney+.

Mickey 17, en Max

Mickey 17 en Max

Robert Pattinson protagoniza o novo filme de Bong Joon-ho, director de Parásitos. Esta aventura de ciencia ficción, baseada na novela Mickey7 de Edward Ashton, preséntanos a un clon que non quere que o seu substituto ocupe o seu lugar. Mark Ruffalo, Toni Collette e Naomi Ackie completan o elenco de Mickey 17, que podes ver en Max.

  • Estrea: xa dispoñible en Max.

Destacado en DAZN:

Mundial de Clubes FIFA, en DAZN

Mundial de Clubes FIFA en DAZN

Con DAZN, podes ver o Mundial de Clubes FIFA, do 14 de xuño ao 13 de xullo de 2025, con 32 das mellores equipas de fútbol do mundo. Vive toda a emoción do fútbol en 63 partidos que terán lugar nos Estados Unidos, nos que se enfrontarán estrelas como Messi e Mbappé.

  • Emisión: do 14 de xuño ao 13 de xullo de 2025.

Todas estas estreas de xuño de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar a través de R.