Remata o verán e chega o outono, pero en setembro non rematan as series e as películas na televisión que che ofrecemos en R. Unha das gañadoras do Óscar, The Brutalist, chega a SkyShowtime, e de agasallo Dexter: Resurrection. Outra serie imprescindible chega a Warner TV: El primer matrimonio de Georgie y Mandy, o spin-off de El joven Sheldon. E os fans de Goku, tranquilidade, teredes os episodios finais de Dragon Ball Z Kai en Comedy Central.
Quenes teñan a opción Total TV poderán gozar da estrea da segunda tempada de Las brujas de Mayfair, onde a súa protagonista seguirá lidiando cos seus poderes e cunha sinistra presenza en AMC, a canle invitada en setembro (dial 11). E non poden faltar os partidos do RC Deportivo en LaLiga Hypermotion.
Máis fútbol en DAZN para que vexas os partidos do RC Celta de Vigo en LALIGA EA Sports. Lembra que agora tes un novo paquete de fútbol DAZN en R.
E nas plataformas de streaming? No te perdas en Netflix a segunda parte de Miércoles- T2, en Max a estrea da serie Task ou en Disney+ os novos episodios de Solo asesinatos en el edificio - T5, que xa sabes que podes contratar directamente con R.
Benvido outono!
The Brutalist, en SkyShowtime
Os Óscar seguen a ter o seu fogar en SkyShowtime. Despois das estreas de Anora, Nosferatu, Robot Salvaje e Wicked, chega unha das gañadoras dos Premios da Academia 2025: The Brutalist, protagonizada polo dúas veces gañador do Óscar Adrien Brody e polos nominados Felicity Jones e Guy Pearce.
Nesta asombrosa epopea, Brody interpreta un arquitecto visionario que foxe da Europa da posguerra cara aos Estados Unidos, onde coñece a un rico industrial que lle cambia a vida, para ben e para mal.
The Brutalist gañou tres Óscars: mellor banda sonora orixinal, mellor fotografía e mellor actor para Adrien Brody, que tamén gañou un Globo de Ouro e un BAFTA polo seu papel como László Toth.
- Baixo demanda: dispoñible dende o 30 de agosto en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
El primer matrimonio de Georgie y Mandy, en Warner TV: dial 14
Unha nova serie do universo de Sheldon Cooper chega a Warner TV. Se es fan do famoso personaxe desde The Big Bang Theory, non perdas a estrea de El primer matrimonio de Georgie y Mandy, o spin-off de El joven Sheldon.
Prepárate para rir coas historias de Georgie Cooper Jr. e Mandy no seu intento por criar a súa filla en Texas. Detrás da serie atópanse os creadores de El joven Sheldon e de The Big Bang Theory.
E con motivo da estrea, Warner TV emite os catro primeiros episodios nunha noite moi especial o 8 de setembro, dende as 22:00 h.
- Estrea: luns, 8 de setembro, ás 22:00 h, en Warner TV (dial 14).
- Emisión: todos os luns ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
Dexter: Resurrección, en SkyShowtime

Os fans de Dexter Morgan están de sorte. O famoso personaxe interpretado por Michael C. Hall regresa a SkyShowtime despois de espertar do coma no que foi metido tras o disparo do seu propio fillo Harrison. Despois de descubrir que este está desaparecido, Dexter decide viaxar a Nova York para atopalo e enmendar as súas faltas. Pero pai e fillo atópanse metidoss en profundidades que nunca imaxinaron. Garda a data da estrea de Dexter: Resurrección en SkyShowtime.
Os dous primeiros episodios estarán dispoñibles a partir do 12 de setembro, e engádense novos episodios semanalmente.
- Baixo demanda: dispoñible dende o 12 de setembro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.
Dragon Ball Z Kai, en Comedy Central: dial 15

Aínda que non queiras que remate, estabas agardando con impaciencia, e os episodios finais de Dragon Ball Z Kai chegan por fin a Comedy Central. Todos os fans de Dragon Ball poden gozar da versión remasterizada deste clásico do anime. Dragon Ball Z Kai ofrece unha dobraxe renovada ao castelán para que poidas revivir os míticos episodios de sempre.
- Estrea: xa dispoñible en Comedy Central (dial 15).
- Emisión: de luns a venres, ás 17:30 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
Las brujas de Mayfair - T2, en AMC: canle invitada (dial 11)

En setembro, a canle invitada é AMC, no dial 11. Así que aproveita a oportunidade para ver a estrea de Las brujas de Mayfair - T2, a segunda tempada da exitosa triloxía de Anne Rice.
Nesta tempada, a neurocirurxiá Rowan Mayfair está decidida a comprender no que se converteu e usalo para acadar o seu propósito como curandeira. Pero cando todo sae mal, deberá loitar para protexer á súa familia.
- Estrea: luns, 8 de setembro, ás 22:10 h, en AMC canle invitada (dial 11).
- Emisión: todos os luns ás 22:10 h.
- Baixo demanda: en rebobina.
O RC Deportivo en LaLiga Hypermotion: dial 116, 117 e 118

O RC Deportivo continúa o seu camiño cara ao tan esperado ascenso, e podes velo todo en LaLiga Hypermotion. Prepárate para uns partidos moi emocionantes en setembro. Apunta estes encontros para non perderte o teu equipo favorito:
- RC Deportivo - Real Sporting: sábado, 6 de setembro, ás 16:15 h.
- CD Mirandés - RC Deportivo: sábado, 13 de setembro, ás 16:15 h.
Destacados en DAZN
LALIGA EA Sports, en DAZN

Como xa sabes, agora grazas á televisión que che ofrecemos en R tes un novo paquete de fútbol DAZN en R por 10€/mes durante un ano. Poderás ver 5 partidos de LALIGA EA Sports por xornada, en 35 das 38 xornadas; ademais do partido en aberto que DAZN emite por xornada.
Así que prepárate para gozar dos encontros do RC Celta na Primeira División española.
Destacados en Netflix, HBO Max y Disney+
Miércoles- T2 (segunda parte), en Netflix
A espera rematou. Probablemente xa devoraches os primeiros episodios de Miércoles – T2. A segunda tanda de episodios xa está dispoñible en Netflix. Prepárate para descubrir se Miércoles consegue resolver o misterio no que está envolta durante este novo curso na Academia Nunca Más, a pesar de que os seus poderes psíquicos están debilitados.
- Estrea: mércores, 3 de setembro, en Netflix.
Task, en HBO Max
Mark Ruffalo e Tom Pelphrey protagonizan a nova serie orixinal da HBO, Task. Ruffalo interpreta a un axente do FBI que intenta deter unha serie de roubos violentos liderados polo aparentemente inofensivo pai que interpreta Tom Pelphrey. Cada un dos sete episodios estrearase semanalmente en HBO Max.
- Estrea: luns, 8 de setembro, en HBO Max.
Solo asesinatos en el edificio - T5, en Disney+
Steve Martin, Martin Short e Selena Gomez volven con máis aventuras no edificio máis misterioso de Nova York. Quen será a vítima esta tempada? Descúbreo nos novos episodios de Solo asesinatos en el edificio - T5 en Disney+.
Lembra que podes contratar directamente a plataforma Disney+ con R.
- Estrea: martes, 9 de setembro, en Disney+.
Todas estas estreas de setembro de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar a través de R.