O ano 2025 chega ao seu fin, pero as estreas nunca paran na televisión que che ofrecemos en R. Este Nadal, non che faltarán cousas que ver, as mellores películas e series nunca descansan. Para comezar, os dragóns son protagonistas en DreamWorks coa emisión de novos episodios da serie Dragones: Hacia nuevos confines, e en SkyShowtime tamén, coa estrea da versión de imaxe real de Cómo entrenar a tu dragón.

Quen nunca descansa é Tom Cruise, que se despide como Ethan Hunt en SkyShowtime con Misión Imposible Sentencia Final, e o universo do Capitán América expándese en StarChannel con Los Centinelas.

Se tes a opción Total TV, novos contidos encherán a túa pantalla. Os máis pequenos da casa gozarán co Especial Magical Holidays en Disney Jr, os afeccionados aos deportes non quererán perderse as mellores competicións dos deportes de inverno en Eurosport, e os que buscan acción, misterio e emoción teñen en Sundance TV a estrea de Puños de hielo e en AMC a estrea da segunda tempada de Muerte bajo cero.

E que hai nas plataformas de streaming? Unha das películas máis agardadas do ano chega a Netflix, Daniel Craig regresa coa entrega final da triloxía do detective Benoit Blanc en Puñales por la espalada: De entre los muertos. Mentres tanto, Percy Jackson busca o vellocino de ouro na segunda tempada de Percy Jackson y los dioses del Olimpo, que se emite en Disney+. E volvemos a Yermo en Prime Video coa nova entrega de Fallout.

Deseguido contámosche máis sobre estes lanzamentos de decembro.

Dragones: Hacia Nuevos Confines, en DreamWorks: dial 94

A illa Mema e todos os seus habitantes seguen nas nosas pantallas grazas a DreamWorks. Emítense en decembro novos episodios da serie dos creadores de Cómo entrenar a tu dragón, cos que seguiremos a Hipo e aos seus amigos entre viquingos e dragóns. Non perdas as súas novas aventuras e as batallas contra viláns como Viggo en Dragones: Hacia Nuevos Confines.

Cómo entrenar a tu dragón, en SkyShowtime

Dragóns, viquingos e unha loita pola supervivencia que cambiará a historia de todos os habitantes dunha pequena illa afastada da civilización. A adaptación en imaxe real da popular franquía de animación Cómo entrenar a tu dragón chega a SkyShowtime.

Dean DeBlois, o director da triloxía orixinal, regresa como escritor, director e produtor para contar a extraordinaria historia da amizade que xorde entre un mozo viquingo chamado Hipo e o dragón Desdentao.

  • Baixo demanda: dispoñible dende o 25 de decembro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Misión Imposible Sentencia Final, en SkyShowtime

Tom Cruise despídese do superespía Ethan Hunt case 30 anos despois da súa primeira película. As nosas vidas son a suma das nosas eleccións e este decembro gozaremos de Misión Imposible Sentencia Final en SkyShowtime. Que acontecerá coa Entidade?

  • Baixo demanda: dispoñible dende o 17 de decembro en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Los Centinelas, en StarChannel: dial 12

estrenos television diciembre 2025 r centinelas starchannel

En liña co universo do Capitán América, chega a StarChannel a nova serie Los Centinelas, unha mestura de drama histórico, acción e fantasía. Estréase como parte dun evento especial que inclúe a emisión das películas: El primer vengador, El soldado de invierno y Civil War.

Goza dun fin de semana épico cheo de acción, espionaxe e heroísmo.

  • Estrea: sábado 13 e domingo 14 de decembro, ás 18:00 h. en Star Channel (dial 12).

  • Baixo demanda: en rebobina.

E se tes aa opción Total TV, apunta estass estreas:

Puños de hielo, en Sundance TV: dial 43

Se che gustan as series de misterio ambientadas en paisaxes nórdicas, non perdas Puños de hielo en Sundance. Coñecerás a Maria Pudas, unha excampioa mundial de boxeo que debe volver ao ring para pagar as débedas do seu pai mentres resolve crimes xunto ao seu compañeiro policía, Samu.

Muerte bajo cero - T2, en AMC: dial 13

estrenos television diciembre 2025 r muerte bajo cero T2 AMC

Fíxose esperar, pero o inspector Antti Hautalehto volve por fin a AMC. A segunda tempada de Muerte bajo cero comeza coa investigación sobre a morte dun psiquiatra xubilado que foi fervido vivo.

  • Estrea: luns, 12 de decembro, en dobre episodio, ás 22:10 h, en AMC (dial 13).

  • Emisión: todos os luns ás 22:10 h.

  • Baixo demanda: en rebobina.

Especial Magical Holidays, en Disney Jr

estrenos television diciembre 2025 r magical holidays disneyJR

Decembro ven cheo de sorpresas en Disney Jr. As túas series favoritas espérante no Especial Magical Holidays, que inclúe: Marvel Spidey y su superequipo, Mickey Mouse Funhouse, Mickey salva la Navidad, Mickey y un montón de navidades, SuperKitties, ¡Cachorros a la obra!, Disney Junior Ariel, Unidad de rescate… Ata 50 episodios para gozar das aventuras e desventuras dalgúns dos personaxes máis populares de Disney.

  • Baixo demanda: dispoñible en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Los mejores deportes de invierno, en Eurosport dial 110

estrenos television diciembre 2025 r deportes invierno eurosport

Eurosport volve converterse no principal punto de encontro para os deportes de inverno cos eventos decisivos das principais Copas do Mundo, nun momento crucial no camiño cara aos Xogos Olímpicos Milán-Cortina 2026. A Copa do Mundo de biatlón, a combinada nórdica, o salto de esquí, a patinaxe artística e o luge completan un final de ano variado e espectacular para os afeccionados aos deportes máis duros e extremos.

  • Baixo demanda: dispoñible en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Destacados en Netflix, Disney+ e Prime Video

Puñales por la espalda: De entre los muertos, en Netflix

A terceira entrega da saga do detective Benoit Blanc estréase en Netflix. Puñales por la espalda: De entre los muertos regresa con Daniel Craig xunto a un sacerdote noviño e honesto para axudalo a resolver un crime imposible nunha igrexa dunha pequena vila.

  • Estrea: o venres 12 de decembro, en Netflix.

Percy Jackson y los dioses del Olimpo - T2, en Disney+

Na segunda entrega de Percy Jackson y los dioses del Olimpo, o campamento corre perigo e Percy embárcase nunha aventura épica a través do Mar dos Monstros na procura do seu mellor amigo, Grover, e do Vellocino de Ouro, o único que pode salvalos.

Lembra que podes contratar directamente a plataforma Disney+ con R.

  • Estrea: mércores, 10 de decembro, en Disney+.

Fallout - T2, en Prime Video

En decembro, volvemos ao Yermo coa estrea en Prime Video da segunda tempada de Fallout , a exitosa adaptación do famoso videoxogo. Douscentos anos despois do apocalipse, é hora de abandonar os refuxios nucleares e volver á superficie, pero nada volve ser o mesmo.

  • Estrea: xa dispoñible en Prime Video.

Todas estas estreas de decembro de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar a través de R.