Seguro que te preguntaches máis dunha vez como ordenar as canles na televisión que che ofrece R.
Non obstante, ter no dial 1 a túa canle favorita, por exemplo, non é posible, porque non funciona como na TDT. E iso ten unha razón de ser que che contamos máis abaixo. O que si podes facer no teu deco de R é moverte entre as canles que máis ves, creando unha Lista de favoritos. Explicámosche como facelo neste minititorial.
Por que non se poden ordenar as canles en R
Estamos afeitos á TDT, onde fas unha procura manual e ordenas as canles ao teu gusto.
No deco de R isto non é posible. E non o é por motivos técnicos que queremos contarche.
Para asegurar que todos/as os/as clientes/as teñen a grella actualizada, que reciben as mesmas canles e na mesma calidade, debemos asignar cada canle a un dial concreto.
Hai veces que desaparecen canles que emitimos ou ben nos mandan o sinal por fibra, en lugar de por satélite. E para que iso non che afecte e poder xestionar ben eses cambios, os diais son os mesmos para todos/as os/as clientes/as.
E ese é o motivo.
Agora ben, aínda que non poidas ordenar as canles en R ao teu gusto, si que podes moverte entre as canles que máis usas creando unha lista de favoritos.
Como crear unha lista de favoritos para as miñas canles na televisión que ofrece R
Esta é a maneira como podes ter a man as canles da televisión que che ofrece R dende o mando do teu deco de R. Só tes que crear unha lista de favoritos e seleccionar as canles que máis ves para moverte entre elas, sen necesidade de estar tecleando o dial no mando.
Podes ver neste vídeo titorial como creala:
E deixámosche por aquí todos eses pasos para crear a túa lista de favoritos:
- Colle o mando do deco de R, pulsa o botón “Menú” ou “TV” (depende do modelo do mando) e desprázate pola barra de menú superior ata chegar a “Axustes”.
- E unha vez dentro, pulsa o menú “Crear lista de favoritos”.
- Ponlle un nome á túa lista coas teclas do mando.
- Selecciona a opción “Editar canles”.
- Engade as túas canles favoritas que queres ter na lista co botón “OK”.
- E cando termines de engadir canles, pulsa a frecha de atrás do teu mando ou o botón “Finalizar”.
- Agora só che queda activar a lista. En opción “Estado” onde debes marcar “Activa”.
Como funciona a lista de favoritos para moverte entre as túas canles de R
Se seguiches todos os pasos ata aquí, xa terás a túa lista de favoritos creada e activa.
Como funciona?
Para moverte entre as canles da túa lista, só debes pulsar os botóns “+” e “-“ do mando do teu deco de R.
Por exemplo, imaxina que estás no dial 111, se lle dás a “+” no mando, no canto de levarche ao 112, van aparecerche directamente as canles que engadiches á túa lista de favoritos.
E se lle vas dando a “+” e “-”, irás movendo por todas esas canles que tes nesa lista.
Así de sinxelo.
Esperamos que este truquiño che resulte útil para moverte entre as túas cadeas máis habituais, aínda que non poidas ordenar as canles das que gozas a través de R como tal.