Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en maio 2024

Non só chega o sol e o bo tempo no mes de maio, senón que a televisión da que podes gozar a través de R chega cargadiña de novidades: Roland-Garros en aberto, CSI Vegas, festas gastronómicas, nova tempada de Aventuras en pelotas: Brasil... Este mes vas quedar pegado á televisión. Contámosche destas e máis estreas de maio para que goces da programación máis completa coa túa opción de televisión.

Quecheparece

Os mellores bancos de Galicia coas vistas máis espectaculares

A beleza natural de Galicia sorprende cada día a propios e visitantes. Todos temos algún lugar máxico do que nos namoramos polas súas vistas ou pola súa contorna. E os galegos e as galegas fumos capaces de aproveitalo ao máximo colocando bancos para gozar deses espazos. Hoxe seleccionamos os mellores bancos de Galicia coas vistas máis espectaculares.

Xente R

Feira do Libro de Santiago 2024: programa e horarios

É chegar a primavera e o bo tempo e os parques énchense de xente. E a maioría aproveita para ler un libro á sombra das árbores. E coma se fose unha estación máis, chegan as feiras de libros en parques e alamedas. Unha das primeiras, como todos os anos, é a Feira do Libro de Santiago 2024, do 27 de abril ao 5 de maio, na Alameda.

Quecheparece

Illas Cíes: como ir en barco e solicitar permiso para a visita

A quen non lle apetece visitar as illas Cíes, un dos grandes paraísos naturais que temos en Galicia. Pero ás Cíes, evidentemente, só se chega por mar, así que hai que buscar algunha opción de barco para chegar ata alí. Ademais, é un espazo protexido, polo que tamén debes solicitar un permiso específico. Dámosche toda a información que necesitas saber para ir ás illas Cíes.

Quecheparece

Brincadeira de Bouzas 2024: programa e horarios

A expulsión dos franceses de Vigo celébrase por todo o alto na cidade olívica. Pero o que moitos non saben é que hai unha segunda festa que celebra os mesmos acontecementos e na mesma cidade. É a Brincadeira de Bouzas 2024, do 10 ao 12 de maio.

Quecheparece

Apagado de ADSL en Galicia: que podo facer

Se vives en Galicia e tes unha conexión de Internet a través de ADSL, como sabes, vaiche afectar o apagado de centrais de cobre. É dicir, que ese pequeno cable que chega ata o teu domicilio para darche banda ancha vai deixar de funcionar.

Quecheparece

Declaración da Renda Galicia 2023-2024: datas, deducións...

O martes 3 de abril arranca unha nova campaña da Renda: 2023-2024. A partir dese momento, xa podes realizar a declaración a través de Internet ou, uns días máis tarde, solicitar a túa cita previa para facela de forma telefónica ou presencial. Toma nota das principais datas a ter en conta e das novidades nas deducións das que podes beneficiarte se vives en Galicia.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en abril de 2024

O refrán di "en abril, augas mil" e dado o tempo que fixo en marzo, o mellor que podemos facer é preparar un plan caseiro na televisión que nos ofrece en R. A nova temporada de The Good Doctor, un especial de Chernobyl ou cinema francés de misterio na canle en aberto Enfamilia. Isto é só un aperitivo das estreas de abril, agora xa che contamos todas.

Quecheparece

Festa da Lamprea en Arbo 2024: programa, horarios…

A xeografía galega está chea de festas gastronómicas de todo tipo. Pero no concello pontevedrés de Arbo celébrase unha festa para enxalzar a un dos animais máis antigos da Terra: a lamprea. A última fin de semana de abril, este ano entre o 26 e o 28 de abril, celébrase a Festa da Lamprea en Arbo 2024.

Quecheparece

As mellores praias do Vicedo

A Mariña de Lugo converteuse nun dos destinos máis visitados e instagrameados. Non é de estrañar vendo as fantásticas paisaxes e areais que hai neste recuncho da costa atlántica. E non podemos falar de praias sen pararnos no Vicedo. Contámosche cales son as praias máis bonitas do Vicedo, como chegar a elas e con que servizos contan.

Quecheparece

Os Mozos de Arousa: quen son, a que se dedican, estudos...

Os Mozos de Arousa disparan as audiencias de Telecinco cada día coa súa actuación en Reacción en Cadena. Máis dun millón de espectadores pégase ao televisor para ver se Borjamina, Bruno e Raúl superan o millón de euros que levan acumulados ou se os Mozos de Arousa son eliminados. Coñecemos máis de preto a este trío galego que causa sensación para que saibas quen son, a súa idade, os seus estudos, a que se dedican, se son irmáns, de onde son ou cantos programas levan os Mozos de Arousa.