O 17 de maio é unha data marcada no calendario para todos/as os/as galegos/as. É o momento de homenaxear a nosa lingua e a nosa literatura. É o Día das Letras Galegas 2024. E este ano celebrámolo lembrando a figura de Luísa Villalta.

Día das Letras Galegas 2024 homenaxeada: Luísa Villalta

Día das Letras Galegas 2024 homenajeada Luísa Villalta
Imaxe: Real Academia Galega

Chegamos á 61ª edición do Día das Letras Galegas e o pleno da Real Academia Galega acordou adicarllo a Luísa Villalta, xusto para cadralo co vixésimo aniversario da súa morte.

Luísa Villalta foi unha creadora única, diferente, con voz propia, moi musical. A súa figura foi unha das grandes da literatura galega xurdida na segunda metade dos 80 e principios dos 90 do pasado século.

A escritora coruñesa ten unha obra marcada polo pensamento apaixonado, que busca a reflexión, con exquisito rigor estilístico, sen esquecerse nunca de explorar novos camiños.

Luísa Villalta é recoñecida sobre todo como poeta, pero tamén cultivou o teatro, a narrativa, o ensaio, a tradución e a redacción de artigos. Unha obra chea de variedade pero sempre marcada por un cruce entre poesía e música.

Luísa Villalta: unha biografía chea de poesía

Letras Galegas 2024 autor
Imaxe: Real Academia Galega

Luísa Villalta naceu en xullo de 1957 na Coruña. A música é unha constante na súa vida, e na súa obra, e aínda que tiña estudos superiores de violín e formou parte da Orquestra Sinfónica de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, decidiu adicarse á docencia e, despois de licenciarse na Universidade de Santiago de Compostela, sacou en 1988 unha oposición de docente de Lingua e Literatura Galegas.

Impartiu clases en varios institutos. Primeiro no Xosé Neira Vilas de Oleiros e no Canido de Ferrol, tras o que se incorporou definitivamente no Isaac Díaz Pardo de Sada, onde foi coñecida por promover unha intensa actividade cultural.

A poesía é o xénero que mellor a definiu e que lle trouxo maiores alegrías e proxección. Na poesía buscou o significado da palabra e a súa vinculación coa música. O seu primeiro poemario, Música reservada (1991), visibiliza esa constante na súa obra, as dúas formas de expresión que sempre a acompañaron.

En 1995 publica Ruído, en estreita vinculación temática con Música reservada, que a confirma como autora de referencia das letras galegas do momento. Tamén en 1995 publica Rota ao interior do ollo, unha plaquette con cinco poemas editados para a presentación do selo portugués Edições Tema.

En concreto é o derradeiro poemario que deixou listo en vida. O libro foi recoñecido en 2004 co “XII Premio de Poesía Espiral Maior”. A título póstumo tamén se publicaría Papagaio (2006), un poemario que leva o nome do que tradicionalmente foi o barrio coruñés dedicado á prostitución e no que Villalta, coa colaboración da fotógrafa Maribel Longueira, dá conta do proceso de demolición dos antigos edificios do barrio dialogando imaxe e verso, para devolver a dignidade ás mulleres que neles habitaban e denunciar a especulación urbanística herculina.

Agora que xa coñeces á autora das Letras Galegas 2024, imos a poñerte a proba. ¿Canto sabes do Día das Letras Galegas? Xoga con nós 😉.

9 curiosidades do 17 de maio, Día das Letras Galegas

  • O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio en homenaxe á data de publicación do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro: Cantares Gallegos (17 de maio de1863).
  • Precisamente Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada cen anos máis tarde, en 1963.
  • Tras ela, outras cinco mulleres foron recoñecidas na historia: Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018), Xela Arias (2021) e Luísa Villalta (2024).
  • Só houbo unha homenaxe conxunta na súa historia. Foi en 1998 e dedicóuselles aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho.
  • Xa van 61 anos de celebración.
  • Dende 1991, 28 anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festivo oficial en Galicia.
  • A sede da RAG atópase na Coruña, na que foi residencia familiar de Emilia Pardo Bazán, e precisamente alí atópase a súa Casa Museo.
  • O pleno extraordinario das Letras Galegas, que se celebra sempre o 17 de maio, tivo que trasladarse en 2020 a decembro debido á COVID-19.
  • O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, elixe cada ano por votación popular a Palabra do Ano. No 2023 foi “Cibercarracho/a”, no 2022 “Comadre”, no 2021 “Tanxugueiras”, no 2020 “Nós” e no 2019 gañou “Sentidiño”.

Autores Letras Galegas: a quen se lle dedica

Escritores a los que se les ha dedicado el Día das Letras Galegas

Para resultar elixido/a, a Real Academia Galega ten en conta dous requisitos:

  1. Ser autor/a dunha obra relevante en galego.
  2. Que teñan pasado 10 anos entre a súa morte e a designación para ese día.

Non todos os autores homenaxeados nas Letras Galegas naceron en Galicia. Un par de exemplos son os casos do rei Alfonso X o Sabio, que naceu en Toledo, pero escribía en galego-portugués.

Outro caso moi significativo é o de María Vitoria Moreno, que naceu en Valencia de Alcántara, Cáceres, pero que en 1963 se trasladou a vivir a Pontevedra. Ou frei Martín Sarmiento, que era de Vilafranca do Bierzo.

Día das Letras Galegas homenaxeados

Queres saber a que autores se lles homenaxeou anteriormente o 17 de maio? Aquí che deixamos a relación de todos os escritores homenaxeados nas Letras Galegas por ano:

  • 1963: Rosalía de Castro
  • 1964: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
  • 1965: Eduardo Pondal
  • 1966: Francisco Añón
  • 1967: Manuel Curros Enríquez
  • 1968: Florentino López Cuevillas
  • 1969: Antonio Noriega Varela
  • 1970: Marcial Valladares Núñez
  • 1971: Gonzalo López Abente
  • 1972: Valentín Lamas Carvajal
  • 1973: Manuel Lago González
  • 1974: Xoán Vicente Viqueira
  • 1975: Xoán Manuel Pintos Villar
  • 1976: Ramón Cabanillas
  • 1977: Antón Villar Ponte
  • 1978: Antonio López Ferreiro
  • 1979: Manuel Antonio
  • 1980: Alfonso X el Sabio
  • 1981: Vicente Risco
  • 1982: Luis Amado Carballo
  • 1983: Manuel Leiras Pulpeiro
  • 1984: Armando Cotarelo Valledor
  • 1985: Antón Losada Diéguez
  • 1986: Aquilino Iglesia Alvariño
  • 1987: Francisca Herrera Garrido
  • 1988: Ramón Otero Pedrayo
  • 1989: Celso Emilio Ferreiro
  • 1990: Luis Pimentel
  • 1991: Álvaro Cunqueiro
  • 1992: Fermín Bouza Brey
  • 1993: Eduardo Blanco Amor
  • 1994: Luis Seoane
  • 1995: Rafael Dieste
  • 1996: Xesús Ignacio Ferro Couselo
  • 1997: Ánxel Fole
  • 1998: Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
  • 1999: Roberto Blanco Torres
  • 2000: Manuel Murguía
  • 2001: Eladio Rodríguez
  • 2002: Fray Martín Sarmiento
  • 2003: Antón Avilés de Taramancos
  • 2004: Xaquín Lorenzo, Xocas
  • 2005: Lorenzo Varela
  • 2006: Manuel Lugrís Freire
  • 2007: María Mariño
  • 2008: Xosé María Álvarez Blázquez
  • 2009: Ramón Piñeiro López
  • 2010: Uxío Novoneyra
  • 2011: Lois Pereiro
  • 2012: Valentín Paz Andrade
  • 2013: Roberto Vidal Bolaño
  • 2014: Xosé María Díaz Castro
  • 2015: Xosé Filgueira Valverde
  • 2016: Manuel María
  • 2017: Carlos Casares
  • 2018: María Victoria Moreno Márquez
  • 2019: Antón Fraguas
  • 2020: Ricardo Carvalho Calero
  • 2021: Xela Arias
  • 2022: Florencio Delgado Gurriarán
  • 2023: Francisco Fernández del Riego
  • 2024: Luísa Villalta

Quen será o próximo ou a próxima homenaxeada? Teremos que esperar un ano para sabelo, pero non para celebrar o Día das Letras Galegas, iso podémolo celebrar todo o ano falando galego e lendo a nosa literatura.

Feliz Día das Letras Galegas 2024 para todos e todas!

Letras Galegas 2023