A tecnoloxía é un recurso esencial no proceso de crecemento e expansión das empresas.
Pasou de ser o fin a converterse no medio para lograr unha optimización e mellora nos
procesos de produtividade, acelerando os tempos, a eficacia e o servizo final de cara ao
cliente potencial. Actualizando os servizos tecnolóxicos ás necesidades de cada empresa
facilitamos a mellora do seu posicionamento no mercado.
Para iso é primordial coñecer de preto a situación de cada empresa, saber cales son as
súas necesidades, os seus retos, as súas dúbidas e mesmo os seus temores. Só a través
da proximidade e coñecendo o seu día a día podemos propoñer solucións e servizos
que impulsen a súa actividade.
Desde R, pasamos de ser provedores de conectividade a situarnos como asesores e
facilitadores tecnolóxicos das empresas. Porque, hoxe en día, a proximidade é un
factor indispensable para identificar novos procesos de traballo, melloras competitivas de
eficiencia en custos e mesmo novas oportunidades para cada modelo de negocio.
Proximidade para manter un rol divulgativo e dinamizador, e mesmo novas alianzas con
axentes tecnolóxicos líderes que acheguen solucións clave para cada empresa.
En definitiva, desde R estamos comprometidos co negocio do noso cliente,
apostamos pola proximidade como valor para axudarlle a chegar lonxe. O noso
obxectivo é coñecer o cliente e ofrecer o produto e servizo que realmente necesita. A clave
do éxito é a de ofrecerlle unha Solución e a través da proximidade brindar solucións e
servizos que impulsen a súa actividade.
En definitiva, preto para chegar máis lonxe .