Vimos de clausurar CyberSec@GAL, o primeiro foro que se celebra en Galicia sobre seguridade na empresa dixital. Atrás quedan catro intensas xornadas de obradoiros, ciber-retos e relatorios nos que participaron máis de 160 asistentes.

O encontro, impulsado pola cátedra R en Ciberseguridadee o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, contatamén coa colaboración da AMTEGA, Gradiant, Emetel, Hijos de Rivera,Abanca e o COETG, e quere converter a Galicia en referente no campo daciberseguridade.

Se non puideches acompañarnos, non te preocupes, porque che contamosagora todos os temas que se puxeron sobre a mesa nestas xornadas.

Xornada para as empresas

O ecosistema empresarial tivo a oportunidade de coñecer, da man deexpertos nacionais e internacionais, as claves para manter seguras/osempresas e negocios na contorna dixital a día de hoxe.

Pero a xornada foi máis aló. Sobre Ciberseguridade na transformación dixitalversaron, nunha mesa de debate, as profesionais tecnólogas que fixeronde voceiras de empresas e entidades como Balidea, Gradiant, Abanca,Forensic & Security e Grupo Euskaltel. Estas recalcaron aimportancia de dixitalizar as empresas sen esquecer atender áciberseguridade, poñendo como exemplo a construción dunha casa senalicerces: estamos preparados para minimizar o impacto no negocio erecuperarnos dos seus resultados ou teremos que pechar a empresa ante oprimeiro ´criptovirus´ recibido por correo electrónico?.

A ciberseguridade é, en suma, un reto que deben afrontar tamén aspemes, como puxo de manifesto Eduardo Mastranza, socio executivo deGartner, na súa charla sobre a visión actual do mercado ante o tema da ciberseguridade.

As empresas, entidades de investigación públicas e privadas eusuarios finais terán ocasión de financiar e analizar desenvolvementosprecomerciais a nivel europeo. Sobre estes proxectos colaborativos de apoio á innovación en ciberseguridade da Unión Europeadeu máis detalles Marina Martínez-García, Punto Nacional de Contactopara o programa de Seguridade en Horizonte-2020 (Programa Marco deInvestigación e innovación da Unión Europea, dependente do Ministerio deCiencia).

Ademais, tivemos oportunidade de coñecer a Estratexia Nacional de Seguridadeda man de Mar López Gil, responsable da Unidade de Ciberseguridade eDesinformación do Departamento de Seguridade Nacional da Presidencia doGoberno, quen nos explicou como garantir o uso seguro e fiable dociberespazo, protexendo os dereitos e as liberdades dos cidadáns epromovendo o progreso socio-económico.

IoT e sistemas operativos

Durante as 3 xornadas iniciais de CyberSec@GAL realizáronse obradoiros, lanzouse un ’ciber-reto’ e ofrecéronse relatorios para falar de solucións, normativas, desafíos e ameazas inherentes á seguridade na contorna dixital.

Os obradoiros xiraron arredor da introdución á auditoría dos dispositivos IoT/IIoT mediante Shodan e á análise de vulnerabilidades en contornas Windows e Linux.No primeiro obradoiro profundouse na internet das Cousas, tanto na súavariante doméstica (IoT) como industrial (IIoT), mentres que no segundoefectuouse un test de intrusión, dende os primeiros pasos de estudo eenumeración, ata a explotación e toma de control de equipos dosdevanditos sistemas operativos para detallar esas potenciaisvulnerabilidades.

O ‘ciber-reto’

Propúxose, ademais, o reto de Ciberseguridade de Gradiant e Hijos deRivera, desafíos que propuxeron desenvolver destrezas para resolverproblemas relacionados coa criptografía, a análise forense, o networking ou o reversing.A AMTEGA e outras sedes das Universidades foron os espazos, conectadospor videoconferencia, onde se puxeron en marcha estes obradoiros e seexpuso o ‘ciber-reto’.

Premios

Durante a xornada de peche entregáronse, así mesmo, os Premios aoReto, á mellor Tese, aos mellores Traballos Fin de Grao, ao mellorTraballo Fin de Máster e tres accésits dos Traballos Fin de Grao.

Podes consultar aquí todos os premiados e o programa completo que se desenvolveu estes días nas xornadas de CyberSec@GAL.

Cátedra R en Ciberseguridade

A cátedra R en Ciberseguridade,desenvolvida en colaboración coas universidades de Vigo e da Coruña efinanciada pola Fundación Euskaltel Konekta, é a primeira cátedrainteruniversitaria en Galicia. Persegue promover o desenvolvemento decompetencias profesionais do alumnado universitario e mellorar acapacitación dos membros da comunidade universitaria. A idea é adaptartodo ese potencial de coñecemento e preparación ás necesidades daempresa fomentando, en paralelo, a formación continua, a innovación e ainvestigación na área da Ciberseguridade.