
Ollo coas chamadas estrañas: posible estafa á vista
Ola. Queremos avisar dun posible engano que están a sufrir moitos usuarios de telefonía móbil, para que esteades atentos ante este tipo de prácticas e non caiades con estas estafas.
O caso é que os nosos clientes (e os doutros operadores móbiles), están a recibir un feixe de chamadas dende países como Albania ou Bosnia Herzegovina. Vamos, que estes días están a realizar unha campaña arreo para enganar a xente. Moitas veces úsanse máquinas que chaman de forma automática para poder chegar a canta máis xente mellor, co que todos somos posibles vítimas.
Moitos destes números, despois do prefixo, comezan por 6, polo que algúns usuarios pensan que os chamou un móbil dende España. Se chamamos, xa caemos na trampa.
Porque precisamente o que buscan é que volvamos chamar, pensando que é por algún trámite ou alguén que quere contactar con nós. Realmente estamos a chamar a un número internacional moi caro e a factura vai ser gorda.
Así que se recibes as chamadas de números estraños, por favor, non devolvas a chamada. Desconfía sempre e fíxate no prefixo ou busca información do número, non vaia ser.
Deixámosvos algúns números que están chamando aos nosos clientes:
Actualización: acabamos de detectar o mesmo tipo de chamadas, pero agora dende Marrocos e Túnez.
Imaxe de Tom Sodoge
17 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Muchas gracias por el aviso!!! Siempre es bueno saber estas cosas para estar atento. Un saludo;-))
Estos al menos llaman, no como los de R que les escribes con una queja hace mes y medio y ni contestan las reclamaciones. Eso que la ley dice que tienen 30 días para hacerlo …. ¿o eran 30 meses?
Bye bye R, servidor se pira con su combo familia y sus 2 lineas de tf. Hasta nunca
Hola, Cansancio.
Por lo que mirado, hay un tema pendiente del 16 de abril con lo que no habrían pasado los 30 días. Igual estoy mirando otro caso, pero si me escribes a quecheparece@mundo-r.net con los datos, lo confirmo y lo miro internamente.
Un saludo y disculpas.
No es del 16 de abril, es del 29 de marzo el primer correo y del 31 de Marzo la respuesta que lo ya lo habían pasado al departamente de calidad
No encuentro nada por esa fecha, por lo que seguramente me esté confundiendo de cliente. Por favor, pásame a quecheparece@mundo-r.net con los datos con la referencia del caso y lo reviso internamente.
Disculpas.
Grazas polo aviso. A min chamáronme este día, dixeron ser de R. Ofrecéronme pasar ao novo combo equivalente pagando o memo, ao que accedín, pero resulta que a broma me vai saír por un par de euros máis ao mes na factura. Como vedes, estafadores hainos en todas partes. Hai que andarse con ollo!
Ola, Susiño.
Se iso foi así ten que estar gravado e sería publicidade enganosa, co cal pouco diría de nós.
Por favor, pásame os datos do titular do servizo a quecheparece@mundo-r.net e así miramos internamente o tema. Dende logo, se se ofreceu o cambio ao mesmo prezo normal que te queixes e que esteas molesto. Para min sería algo que cortaría toda a confianza na miña compañía.
Un saúdo e graciñas por comentar.
a mi me ofrecieron dos meses de series nuevas gratis y si no quería contratarlas al final solo tenia que darme de baja, pero cuando les dije que no quería seguir me dijeron que no podía volver al combo anterior porque ya no lo había y el equivalente tenía menos megas En fin penoso.
Hola, belen.
Es cierto que desde diciembre del año pasado cambiamos la oferta y ahora todos los paquetes traen TV de pago por defecto y no tenemos paquetes de solo internet y teléfono 🙁
Un saludo.
Vaya vaya R. Isto se chama ir a Dallas e levalas. Dades un aviso e recibides nas costas. Eu estou contento con vos pero pero vos vixilo de preto nos consumos e as ofertas. Algo haberá coas queixas destes outros usuarios.
Ola, Jose.
Como ves, non temos nada que esconder. Do contrario non aprobaríamos os comentarios nin teríamos esta canle aberta, onde se pode opinar e escribir libremente. Recoñecemos que non somos perfectos, pero de aí a estafar hai un cacho ben grande 🙂
Un saúdo!
Eu tamén recibín unha chamada dende o n° 212697119422
Ola a todos!
é par avisar que hoxe mesmo revibín unha chamada de Guinea co nº 224 722956983
Collín sen querer pero me cortaron ao segundo.
Estade atentos porque imaxino que debe ser dos da estafa. Non coñezo a ninguén aló
Yo tambien recibí una llamada de estos numeros y el movil ya me ponía que era una llamada de estafa, pero geacias por avisar, aunque creo que sabiendo que existe esto ya podíais anular el cobro de dichas llamadas a los usuarios de R
Un saludo
Hola, Carlos.
El problema es que si un usuario llama, se conecta a la red de un operador en otro país y ese tercer operador nos pasa una factura por la interconexión. No es que la llamada se quede dentro de nuestra red y si no lo cobramos no pasa nada, es que realmente nosotros perderíamos mucho dinero si no lo cobrásemos. Por eso preferimos informar y que el usuario esté prevenido.
Un saludo.
A miña muller cando lle falaron do cambio a 4G,tamen lle dixeron que non teria subida.E na seguinte factura 6€ mais.Como encaixar algo asi,pois mirarei outra compañia
Ola, Fernando.
Entendo que a subida non é polo 4G, senón porque se actualizaron as tarifas (con máis datos) ou ben o combo fixo.
En xuño mandamos unha comunicación a cada cliente, coas novas condicións comerciais e o que inclúe cada combo e cada tarifa. Aínda está dispoñible no espazo persoal da web de clientes. Pásoche o enlace: https://clientes.mundo-r.com/botones/servizos/descarga_o_teu_contrato_e_outros_documentos
Comentamos con calquera dúbida.
Un saúdo!