menú

Engagement: clientes que levan as marcas por bandeira

01/12/2016
Blog R

O engagement é a capacidade dun produto para crear unha relación sincera e duradeira cun usuario ou cun cliente. Cando unha persoa está realmente comprometida cun produto é capaz de poñerse a camiseta de publicidade dunha marca para algo máis que facer deporte ou chapuzas en casa.

Bromas a parte, este concepto de compromiso entre cliente e produto non é novo. Remóntase aos inicios do troco. Durante as últimas décadas, as novas tecnoloxías e o márketing moderno conseguiron melloralo desenvolvendo novas ferramentas que permiten coñecer mellor aos usuarios e implantar así, novas tácticas que faciliten o engagement.

 

Como podo saber se os meus produtos xeran engagement?

Para coñecer o engagement que xeran os teus produtos debes ter algo que medir e unha ferramenta para facelo. Resulta difícil medir o engagement que xera un produto na túa tenda física pero non é imposible medir o engagement dese mesmo produto na internet. Grazas a ferramentas como Google Analytics poderás saber cantas veces visita un único usuario a túa web ou cantas veces repite compra.

As redes sociais como Facebook, Twitter ou Instragram tamén ofrecen ferramentas para que saibas como e cantas veces interactúan contigo os usuarios. Pero coidado, o engagement non se mide con likes se non con interaccións coa túa marca. Non é o mesmo dicir “gústame” que conversar de maneira continua coa marca. Ten en conta que cando un usuario che escribe, dedícache tempo e esforzo.

 

Que podo facer para incrementar o engagement dos meus produtos?

 

Non hai unha fórmula secreta para incrementar o amor dos usuarios polo que fas. O engagement conséguese mantendo unha relación sincera e de ti a ti cos teus usuarios e clientes. Debes achegar a cada un un valor diferencial máis aló do produto que vendas.

Se non tes web ou non abriches ningunha canle de comunicación cos teus usuarios, para un segundo e búscaos. É importante trazar unha estratexia de comunicación bidireccional con eles para que saibas que lles gusta e desgusta da túa marca.

 

Á hora de interactuar cos teus usuarios ten en conta que:

  • Aprenderás máis sobre o teu negocio se escoitas o que teñen que dicirche.
  • Podes facelos partícipes da historia do teu negocio. Empodera os Pregúntalles que esperan de ti.
  • Agradecerán que personalices as túas mensaxes. Fala cos teus clientes de ti a ti.
  • Entenderás mellor as súas necesidades se tes empatía.
  • Non sempre o farás ben e que terás clientes insatisfeitos. Nestes casos, deberás asumir os teus fallos e non enganar a ninguén.

Todos os negocios  e empresas aspiran a isto, a que o cliente os queira. Pero ollo, isto non é tarefa dun día, se non que é un traballo constante que implica escoitar aos usuarios día a día. E ti, que fas para mellorar a relación cos teus clientes?

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios