“Recomendo a calquera persoa que loite polos seus soños e realice calquera tipo de deporte individual ou colectivo”. Non podemos estar máis de acordo con estas palabras de Julio César Andrés Maestu. O xogador do Celta Integra comparte compañeirismo e sorrisos con outras persoas con diferentes discapacidades e moitas capacidades na LaLiga Genuine Santander.

El é un exemplo de integración social e deportividade. Dous valores que en R compartimos coa familia da Fundación Celta Integra un ano máis, tras a renovación deste patrocinio tan especial.

E que hoxe queremos que coñezas un pouco máis da man de Julio César Andrés Maestu. Leva catro tempadas no Celta Integra e o seu adestrador, Alex Abalde, defíneo como comprometido, xeneroso e gran compañeiro.

El jugador Julio César Andrés Maestu nos habla de los valores del Celta Integra

Aquí deixámosche a entrevista completa con Julio César Andrés Maestu.

Sempre che gustou o fútbol?

Si, sempre me gustou o fútbol, dende que era pequeno con 11 anos cando empecei a xogar no Casa Paco de Redondela, equipo federado da liga de Vigo.

Por que decidiches xogar ao fútbol no Celta Integra?

Porque me axudaría a integrarme socialmente, daríame a oportunidade de pertencer a un grupo de persoas con diferentes discapacidades e moitas capacidades coas que me sinto moi identificado. Ademais, temos hobbies, afeccións e outros deportes en común.

El jugador Julio César Andrés Maestu nos habla de los valores del Celta Integra

Que é o que máis che gusta do traballo diario?

A evolución e integración cos meus compañeiros de equipo, con tod@s os integrantes da Fundación Celta Integra e con todas as persoas que compoñen o RC Celta de Vigo.

Que ambiente hai no equipo? e que é o que máis che gusta?

Hai un clima e ambiente moi bo e cariñoso, aínda que tamén hai momentos máis fríos; somos moitos e as relacións persoais son distintas. Pero como grupo e equipo estamos moi unidos e temos grande interese en conseguir os obxectivos marcados para a presente tempada.

O bo e o mellor é poder gozar e estar nas mesmas instalacións e campos de xogo e adestramento do primeiro e segundo equipo do RC Celta de Vigo.

Que é o que máis che aporta da experiencia de xogar nunha liga profesional como a Genuine?

LaLiga Genuine Santander dáche a posibilidade de coñecer outras persoas con diferentes capacidades e discapacidades, competir e compartir momentos enriquecedores, por exemplo os sorrisos e gran compañeirismo que se respira dentro e fóra do terreo de xogo.

El jugador Julio César Andrés Maestu nos habla de los valores del Celta Integra

Como vos vedes este ano na competición?

Como grupo vémonos moi unidos e cun ánimo xenial.

Cal é o equipo que máis respecto che dá?

O que máis respecto me dá é o Athletic de Bilbao e o RCD Espanyol.

O verán pasado peregrinaches a Santiago cos teus compañeiros e os xogadores do Dépor Genuine, gustouche a experiencia?

Si, foron uns momentos de compartir pensamentos e puntos de vista ao redor do fútbol como base, un moi bo rollo entre nós e @s compañeiro@s do DeporGenuine.

Recomendarías seguir o teu camiño a calquera persoa?

Non, se non ten ningún tipo de discapacidade ou enfermidade parecida ás nosas. Aínda que si que recomendo a calquera persoa que loite polos seus soños e realice calquera tipo de deporte individual ou colectivo.

Que lle pides a este ano 2022 no persoal e o deportivo?

Ao 2022 pídolle no persoal e deportivo estabilidade, continuidade no traballo, ademais de ter parella e aforrar. Atoparme ben e con boa saúde para poder participar e colaborar no maior número de actividades da Fundación Celta Integra.

Moitas grazas, Julio César Andrés, por esta charla tan enriquecedora.

E moita sorte esta tempada.

Es un crack!!