Quecheparece - Página 2

Quecheparece

Festa do Queixo de Arzúa 2025: programa, concertos…

"Queixeamos"? Do 14 ao 16 de marzo, Arzúa recibe a miles de visitantes desexosos/as de degustar o seu famoso queixo na Festa do Queixo de Arzúa 2025, unha das festas gastronómicas máis populares de Galicia, que este ano celebra a súa 50 edición. Contámosche máis sobre o programa, concertos, horario do recinto feiral… e, por suposto, sobre o gran protagonista: o queixo.

Quecheparece

Entroido na Coruña 2025: datas, programa, desfile…

Xa tes o teu disfrace preparado? Pois date présa porque o Entroido na Coruña 2025 celébrase do venres 28 de febreiro ao mércores 5 de marzo. A festa do entroido empeza coa entronización do Deus Momo e a cidade non dorme ata o Enterro da Sardiña. Polo medio, o desfile de Entroido A Coruña 2025 do sábado, a noite de charangas do luns, o martes de choqueiros na Torre e moitas risas. Para que non te perdas nada, contámosche aquí todo o programa do Entroido na Coruña 2025.

Quecheparece

Tarxeta Benvida 2025: como solicitala, tendas, saldo...

Di o refrán que "os nenos veñen cun pan debaixo do brazo". No caso de Galicia, veñen cunha Tarxeta Benvida coa que os novos pais e as novas nais poden afrontar os primeiros gastos dos que acaban de chegar. Contámosche como se solicita a Tarxeta Benvida 2025, como consultar o seu saldo e onde podes utilizala.