Blog Mundo R - Página 5

Xente R

Alerta, phising! Coidado co falso whatsapp de McDonald’s

A era dixital tróuxonos moitos avances tecnolóxicos… pero tamén novos perigos que cada vez son máis habituais. Quizais teñas recibida unha mensaxe de McDonald's prometéndoche grandes descontos e comida gratis… sentimos dicirche que é unha estafa. O nome técnico deste ciberdelito é phising e neste post contarémosche de que se trata.

Quecheparece

Consellos para facer o Camiño de Santiago: recomendacións e indispensables

Vas facer o Camiño de Santiago por primeira vez? Pois le atentamente este post onde che damos unha chea de consellos para facer o Camiño de Santiago, a pé ou en bicicleta, sobre as rutas, a mochila, onde durmir e moito máis. Deste xeito, intentamos resolver todas as dúbidas que che poden xurdir antes de emprender a túa aventura. Toma boa nota destas recomendacións e indispensables para o Camiño e goza desta experiencia única na vida.

Xente R

Magostos en Ourense 2024: onde e cando son as festas do magosto

Durante o mes de novembro a provincia de Ourense celebra a festa do magosto. E faino como manda a tradición, con castañas, viño e música ao redor dunha fogueira. Queres saber onde e cando son os magostos en Ourense 2024? Traémosche a guía máis completa con todas as localidades, datas, programas e prezos para que goces da festa do outono por excelencia.

Quecheparece

Voos dende Galicia: onde podes voar dende A Coruña, Santiago e Vigo

Se estás a buscar voos dende Galicia, podes consultar aquí todos os destinos aos que podes voar dende os tres aeroportos galegos. Contámosche todos os voos directos dende Galicia na tempada de inverno 2024, a partir de novembro, e actualizaremos a lista de destinos cando se achegue a tempada alta, que vai dende abril a outubro de 2025 aproximadamente. Así poderás saber cando hai voos directos a Roma dende Galicia ou os voos a Canarias dende Galicia para as túas próximas vacacións.

Quecheparece

Mitoloxía galega: criaturas, seres e personaxes máis coñecidos

A centenaria cultura galega está chea de personaxes, criaturas e seres mitolóxicos que perduraron no noso imaxinario común durante centos de anos. Hoxe en día aínda mantemos moitos deles nas nosas raíces culturais. Facemos unha selección dos seres, criaturas e personaxes da mitoloxía galega máis coñecidos da nosa terra.