Blog Mundo R - Página 4

Quecheparece

Feira do Viño de Sober 2025: datas, programa, adegas…

A Feira do Viño de Sober 2025 celébrase do 11 ao 13 de abril no recinto feiral instalado na Praza do Concello. É unha das máis antigas e populares da Ribeira Sacra e é unha cita na que podes gozar dos mellores viños das adegas de Amandi. Para que non te perdas nada, dámosche toda a información sobre as actividades e o programa da Feira do Viño de Sober 2025.

Quecheparece

Semana Santa Viveiro 2025: programa, procesións, pregón...

A Semana Santa de Viveiro é unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia. Do Venres de Dores ao Domingo de Resurrección, a localidade lucense atrae a miles de visitantes dispostos a gozar das procesións e actos que organizan coidadosamente as confrarías. Aquí tes toda a información sobre o programa, o pregón e as procesións da Semana Santa de Viveiro.

Quecheparece

Declaración da Renda Galicia 2024-2025: datas, deducións...

O mércores 2 de abril arranca unha nova campaña da renda: 2024-2025. A partir dese momento, e ata o 30 de xuño, xa podes realizar a declaración a través de Internet ou, uns días máis tarde, solicitar a túa cita previa para facela de forma telefónica ou presencial. Toma nota das principais datas a ter en conta e das novidades nas deducións das que podes beneficiarte se vives en Galicia.

Quecheparece

Hórreos en Galicia: orixe, tipos e vila que máis ten

Todos sabemos como son e seguro que temos algún preto. Os hórreos en Galicia son unhas edificacións que hoxe en día son máis de decoración que de uso, pero antigamente eran unha necesidade para os labregos e un símbolo de prosperidade. Contámosche cal é a súa orixe, para que serven, as diferentes variantes, as localidades de Galicia con máis hórreos e cales son os máis grandes da nosa Comunidade.

Quecheparece

Onde hai mercadillos en Galicia hoxe

Traémosche algúns dos mercadillos en Galicia máis famosos, coñecidos ou visitados da nosa xeografía. Hai de todo tipo: mercadillos en Galicia os domingos, semanais, de antigüidades... E aquí atoparás a lista para saber onde hai mercadillos en Galicia hoxe.

Quecheparece

Festa da Reconquista de Vigo 2025: programa, horario…

Dende hai uns anos Vigo é coñecida como a cidade das luces de Nadal, pero máis aló dese grande evento social, a cidade olívica vive a súa festa máis simbólica coa Reconquista de Vigo. A Festa da Reconquista de Vigo 2025 celébrase do 22 ao 30 de marzo e os días grandes serán o 28, 29 e 30 de marzo. Contámosche todo sobre a Reconquista de Vigo 2025 para que saibas o programa, o horario…

Quecheparece

Festa da Ostra de Arcade 2025: datas, programa…

Todos coñecemos a calidade do marisco galego, un dos máis saborosos e recoñecidos do mundo. As ostras son un exemplo de todas as bondades do marisco galego e en Arcade, capital deste molusco, celebran entre o 4 e o 6 de abril a Festa da Ostra de Arcade 2025 para enxalzar a súa importancia na economía local. Contámosche aquí o programa completo que preparan para a súa festa.

Quecheparece

Festas de San Lázaro 2025 en Santiago de Compostela

Cando xa se sente a primavera e as vacacións de Semana Santa están á volta da esquina, comezan a aparecer as primeiras festas do ano. Unha das máis madrugadoras son as Festas de San Lázaro 2025 en Santiago de Compostela, que se celebran do 4 ao 7 de abril, nas que conflúen o aspecto relixioso e o aspecto gastronómico.